Navegación Xeneral
» Empezo
» Foro
» Buscar
» Enlaces
» Contacto

Calendario
«Abril 2019»
DoMaXoVe
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930    

Eventos pra hoi
Nun hai eventos pra hoi

Encuesta
¿Qué habería que cambiar en Falaviva?
El diseño da páxina
A regularidá das publicacióis
A diversidá de temas das noticias
El concepto «blog-foro»
Outra cousa
Enseñar resultaos

Toponimia:Xornada#13
Redacción
Administrador

Fecha 15/05/07 - 07:52:16 PM
El Principao presenta en Castripol el informe sobre el nome da Ría del Eo.


    El informe amañóulo a Xunta Asesora de Toponimia del Principao y hase presentar nel marco das II Xornadas de Toponimia del Navia-Eo, que se han faer na Casa de Cultura de Castripol el venres á tardía. Como xa adelantóu Falaviva, el informe ha traer qué falar porque nél constátase qu'el nome tradicional da Ría é el de Ría del Eo (ou Ría do Eo) nas dúas ribeiras del esteiro. Ademáis, conta con abondos datos históricos sobre el caso, que se compilan neste informe que s'ha poñer á disposición dos organismos competentes pra ser tido en conta en futuras decisióis, según informa a Oficina de Política Lingüística.
    Tamén s'han presentar nestas Xornada as Actas das I Xornadas de Toponimia del Eo-Navia, que se fixeron na Caridá (El Franco) en mayo del 2006. Trátase d'un libro unde se recoyen as intervencióis dos especialistas que naquela ocasión falaron sobre a toponimia dende os aspectos lingüístico, xurídico, político ou económico. Destacan, pola súa novedá neste campo, os trabayos sobre as consecuencias xurídicas da oficialización dos topónimos tradicionales (del xurista José Manuel Pérez), y sobre a integración da toponimia nos plais de desarrollo rural (del xeógrafo Alfredo González).
    Finalmente, nel acto tamén s'ha falar da situación del espediente toponímico del Conceyo de Castripol, ún dos que falta por aprobar na zona del Navia-Eo

PROGRAMA COMPLETO:
5:30 da tarde- Presentación da II Xornada de Toponimia “Os nomes dos nosos sitos”, cua participación das autoridades municipales y autonómicas.

6:00 da tarde- Presentación das Actas das I Xornadas de Toponimia del Eo-Navia, celebradas na Caridá (El Franco) en mayo del 2006.
Intervéin:
Cecilia Perez, Alcaldesa del Franco
Ramón d’Andres, Xefe da Oficina de Política Llingüística del Principao.

6:30 da tarde- Presentación del informe y conclusióis da Comisión pral Estudio da Denominación da Ría.
Intervéin:
José Angel Pérez, Alcalde de Castripol
Ramón d’Andres, Sacretario da Xunta Asesora de Toponimia

http://www.falaviva.net/uploads/TOPONIMIA_CARTEL.jpg
1 Comentario27550 Lecturas

Toponimia: Grandas#12
Redacción
Administrador

Fecha 10/05/07 - 11:35:30 PM
Publícase nel BOPA a toponimia oficial de Grandas de Salime


    Se hai pouco dábamos a nova da oficialización da toponimia tradicional de Pezós, agora hai que destacar a publicación nel Boletín Oficial del Principao d’Asturias (BOPA) del 3 de mayo da toponimia oficial de Grandas de Salime, último paso nel proceso legal de recuperación dos nomes dos lugares.
     Como dato chamadeiro hai que falar de cinco casos en qu’a denominación aprobada é dobre: El Carmen/El Carme, Arreigada/A Reigada, Penablanca/Penabranca, Armilda/A Armilda. Se nos atemos a outros conceyos cua toponimia tradicional aprobada, nas denominacióis dobres vén poñéndose primeiro a forma autóctona y despóis a forma castellanizada. En dalgún d’estos topónimos grandaleses costa caro saber cuál é a forma castellanizada y máis ben pinta qu’é un problema puramente de cómo escribilos.
    Tamén convén recordar qu’a lei 1/98 de 23 de marzo na que se basa este proceso de recuperación toponímica deixaba a posibilidá escepcional das denominacióis dobres namáis pra casos unde a forma castellanizada tuvera un uso popular mui estendido.
    El demáis, deixando aparte estas anécdotas, hai que recordar qu’a partir d’agora as únicas formas oficiales son as tradicionales: en total, 146 topónimos. Son as denominacióis que tein qu’usarse nos letreiros de señalización, nos mapas y en toda a documentación municipal, autonómica y estatal.
2 Comentarios26709 Lecturas

Literatura:narrativa#11
Redacción
Administrador

Fecha 10/05/07 - 11:32:53 PM
Un artículo analiza a narrativa nova en galego-asturiano


    Con motivo da Semana das Letras Asturianas, a Conseyeiría de Cultura publica todos os anos un libro que regala nas libreirías el Día del Libro en asturiano y galego-asturiano. Normalmente trátase de compilacióis d’estudios encargaos a especialistas sobre el tema que centra a Semana das Lletras. Anguano foi a narrativa contemporánea asturiana el asunto estudiao. Os artículos xuntáronse nel volume La emancipación de la lliteratura asturiana. Crónica y balance de la narrativa contemporánea.
    El escritor d’orixe bualesa Ricardo Saavedra Fernández-Combarro, especialista en crítica literaria y ganador él mesmo del Premio Xeira de narracióis curtias, participa nel volume col estudio titulao “A narrativa en gallego-asturiano das últimas décadas”. Nél define el qu’entende por literatura en galego-asturiano y analiza os xéneros narrativos que xa se poden estremar nel panorama eonaviego. Saavedra contabiliza dende 1993 hasta 2006 máis d’un centenar de relatos y destaca el aumento das vías de difusión ademáis da variedá d’estilos.
2 Comentarios27676 Lecturas

Literatura:novo libro#10
Redacción
Administrador

Fecha 03/05/07 - 06:51:33 PM
A escritora santiseña Aurora García Rivas publica un libro de contos


    As circunstancias desfavorables pral galego-asturiano dende el punto de vista social y legal contrastan con úa actividá literaria qu’últimamente ta dando muito bus frutos. Neste caso a nosa literatura ta de norabúa porque xa ta nas libreirías el último libro d’Aurora García Rivas, poeta de San Tiso d’Abres que xa publicara el poemario O viaxeiro da noite (Trabe, 2004). Ganadora de ben premios literarios, muitos d’elos como narradora, brinda a os lectores úa colección de contos titulada Contos, ducia e media d’eles (Trabe, 2007). Como ben diz el autora na contraportada del libro, hailos de todos os xeitos: líricos, misteriosos, máxicos..., peró (y esto amecémolo nosoutros) todos mui ben cuntaos, qu’é el que se ye pide a un bon escritor de contos.
         A presentación pública del obra féxose el venres 20 d’abril nel Auditorio da Veiga, corréu a cargo d’Armando López Roca y cuntóu cua música del grupo folk Darbukka. El autora ten pensao presentar el sou libro en máis sitos, entre elos en Uviéu el día 8 de mayo, nel marco da Semana das Letras Asturianas, dentro da feria del libro que se vai amañar esos días nel Campo San Francisco.
     El autora santiseña xa ten máis proyectos editoriales en galego-asturiano, como el d’un libro pra os máis pequenos y outro poemario. De seguro que nun imos a ter qu’aguardar muito pra poder disfrutalos.
http://www.falaviva.net/uploads/Contos__ducia_e_media.jpg
2 Comentarios26538 Lecturas

Patrimonio: descubrimento#9
corresponsal
Administrador

Fecha 03/04/07 - 08:30:16 PM
Atópanse cuatro cañóis antigos cerca da Ría del Eo
http://www.falaviva.net/uploads/submarinistas10.gif

    Cuatro submarinistas del FIGAS (Figueiras Actividades Subacuáticas) atoparon a semana pasada cerca da Ría del Eo cuatro cañóis de grandes dimensióis. El descubrimento foi us días despóis del temporal que barréu a costa asturiana y que deixóu al descuberto os cañóis, dos que nun se tía noticia na localidá das Figueiras nin nos archivos históricos. Os cañóis, iguales a os qu’hai en dalgús portos da zona, pola feitura pintan ser dos siglos XVII-XVIII, y tán recubertos d’úa búa coda de cotra, anque nun perderon a forma y son bus de reconocer. Nun parez que queden al pé restos arqueolóxicos, quizáis por causa del muito corrente que tira normalmente na zona unde se toparon.
    El Asociación Cultural Rapalacóis, da que son nembros os submarinistas, púxose en contacto cua Dirección Xeneral de Cultura del Principao y col Conceyo de Castripol, topando interes na súa recuperación y emplazamento na localidá, algo polo que xa se abríu espediente na Conseyeiría de Cultura, qu’ademáis púxose en contacto cua Dirección Xeneral de Portos pra levar a cabo el rescate y a posterior desalinización.

Restos

    A Ría del Eo é rica en restos arqueolóxicos y teinse localizao dalgús pecios nas súas auguas: os últimos rescates fixéronse condo se construíu a Ponte dos Santos y se sacaron dous cañóis da Praya del Cañón, al pé da Talaya das Figueiras. Tense constancia documental de que dúas fragatas españolas (El Galgo de Andalucia y a San Francisco) fundiran en 1719, pro pensábase qu’os sous restos taban noutro sito. Tamén quedóu constancia de que tres barcos da Armada Invencible entraron en Ribadeo de volta da súa espedición y que se fora a pique na boca da Ría ún d’elos.
 
http://www.falaviva.net/uploads/PHOT000910.gif
3 Comentarios27193 Lecturas

Lingua: institucióis#8
Redacción
Administrador

Fecha 03/04/07 - 08:28:09 PM
A Oficina de Política Lingüística estrena a súa páxina web con contidos en galego-asturiano

    Acaba d’estrenarse a páxina web d’este departamento encargao da política lingüística asturiana que dirixe Ramón d’Andrés Díaz. Nela facilítase todo tipo d’información y documentos sobre el labor feito nestos últimos anos.
    Hai que destacar un bon apartao dedicao á nosa lingua y escrito en galego-asturiano. Nél a xente interesada pode atopar información sobre a politica seguida nel Navia-Eo: toponimia, informes, documentos y cartelería das campañas feitas, discursos, subvencióis, etc. É chamadeiro que sía a estas alturas a primeira web institucional con seccióis en galego-asturiano.

Máis info:  www.politicallinguistica.org
0 Comentarios28856 Lecturas

Patrimonio: protección#7
Redacción
Administrador

Fecha 03/04/07 - 08:24:23 PM
Piden que se reconozan Ben d’Interes Cultural as esplotacióis romanas d’Ayande

    El agrupación politica IAS (Izquierda Asturiana) pide el reconocemento como ben d’interés cultural pras minas romanas que se conservan en mui bon estao nel conceyo d’Ayande. Según el agrupación, na actualidá nun ta contemplada protección ningúa y tase desaprovetando un recurso turístico pral conceyo.
    As minas miyor conservadas son as da Serra del Palo, en Bustantigo y nel Valledor, unde inda se pode ver un sistema de canales y banzaos con canalizacióis subterráneas ou canteiras. Según IAS, a desprotección leva a qu’a carretera ou as linias d’alta tensión fagan destragos nos restos arqueolóxicos.
   Pral agrupación, a declaración como BIC pode faer medrar el beneficio económico pral conceyo porque ha traer a un turismo de calidá. Según Ignacio Llope, portavoz d’IAS, "É llamentable que tían féndose campos de golf asgaya y outras aberracióis p’atraer turismo condo inda ta sin aprovetar case todo el patrimonio histórico d’Occidente".

Máis info: www.ias.as
0 Comentarios26914 Lecturas

Amostrando 7 Artículos d´un total de 566 [ 1 … 78 79 80 81 ]
« AnteriorSeguinte 6 »
Usuarios
Usuario:
Clave:
Perdín a mía Clave

Últimos 5 temas activos
Fecha 03/03/19 11:20:15 AM
» Memoria histórica
Por: Redacción Último post
Fecha 15/12/18 02:04:00 PM
» Literatura
Por: Redacción Último post
Fecha 13/12/18 04:50:02 PM
» Normalización
Por: Redacción Último post
Fecha 02/11/18 06:06:43 PM
» Literatura
Por: Redacción Último post
Fecha 14/10/18 01:02:07 PM
» Deretos lingüísticos
Por: Redacción Último post