Navegación Xeneral
» Empezo
» Foro
» Buscar
» Enlaces
» Galería
» Contacto

Calendario
«Marzo 2010»
DoMaXoVe
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   

Eventos pra hoi
Nun hai eventos pra hoi

Encuesta
¿Qué che parez a destitución de Pepe El Ferreiro?
Mal. É úa cacicada.
Ben. Nun era un bon xestor.
Mal. Anque nun era bon xestor, era el alma del mus
Nun sei. Debe haber máis detrás.
Enseñar resultaos

Artículo#168
corresponsal
Administrador

Fecha 03/03/10 - 12:43:45 PM
http://www.falaviva.net/uploads/foto_pequena_Galano.jpg


EL ANTROIDO

Manuel García-Galano


    «Sábado fereixoleiro, domingo llardeiro, llúis gordo y martes d’antroido». Este era el cartel del antroido na mía acordanza de neno, na qu’os fereixolos –ou cereixolos– tían un papel preponderante nestas celebracióis. Penso que nun habería casa na que, alomenos nún d’esos cuatro días reservados al antroido, nun se fixese ese postre tradicional y tan ligado con esas festas, nas que tamén era costume fer el deventre, pral que s’utilizaba úa vexiga de cocho, ben curada, que se reservaba dende el día da matanza. El deventre, según recordo, era úa especie de pudin que llevaba, alomenos, manteiga, ovos, pan esfaraguyado, canela, cebolla y azucre, abondo azucre, pois tanto os cereixolos como el deventre son llambióis.

    Y as mázcaras, que nosoutros chamábamos faragayóis, quizáis porque se vestían de forma estrafalaria, con roupa veya y a cara encarbuada ou tapada pra que nun se vise a identidá del faragayón, ou dos faragayóis, porque nun era raro que salisen en parexa. Recordo algún matrimonio novo que se disfrazaban os dous y eran rodiados polla rapazada, que los seguía d’un llado pra outro, recorrendo el pueblo, que sempre salía a ver a novedá.

    Llougo, el baile, nel que xa os faragayóis tían menos cabida, anque sempre había algúa parexa que preparaba ben el sou disfraz, y algús peteiros de mozas amañaban vestidos prá ocasión, anque sin taparse a cara. A cousa era poñerse guapas (xa lo taban), peró de tal xeito que chamasen el atención pola indumentaria. El vecindario participaba ou seguía aquellas celebracióis festivas hasta que na guerra civil foron prohibidos os disfraces y, anque se celebraban bailes nesas festividades (el del martes d’antroido era el máis importante), nun deixaban de ser bailes ordinarios, si acaso con úa música de fora, peró máis nada.
0 Comentarios39 Lecturas

Literatura: presentación#167
corresponsal
Administrador

Fecha 03/03/10 - 12:31:13 PM
http://www.falaviva.net/uploads/asrazois.jpg


Publícase a primeira novela en galego-asturiano


    Aurora García Rivas acaba de publicar As razóis d’Anxélica (Trabe), úa novela narrada en primeira persona pola mai d’úa monxa que fai a carreira de Medicina y marcha pr’África. A dureza da vida d’úa madre solteira criada nun hospicio y a vida despóis na ciudá vanse esbiyando nos recordos da mai, al tempo que se presenta a personalidá decidida da fiya y cómo súa madre vai entendendo as razóis que la levaron a escoyer ese camín.

    As razóis d’Anxélica é a primeira novela da literatura en galego-asturiano y ta escrita na fala de San Tiso, a modalidá máis occidental d’esa lingua. Vaise presentar el sábado 20 de marzo, ás sete da tarde, nel auditorio de San Tiso d’Abres, n'O Chao, nun acto amañao pola asociación cultural San Tirso del Eo. Así y todo, un hora antias xa empezan os actos culturales.

    Tamén se vai presentar nese mesmo acto a edición bilingüe cua versión en portugués de Contos. Ducia e media d’eles, da mesma autora. Esta obra vaila presentar Armando López Roca, mentres qu’a presentación da novela vai tar al cargo d’Humberto Gonzali. Van participar tamén a directora xeneral de Política Lingüística, Consuelo Vega, y el conceyal de Cultura del Conceyo de Xixón, Justo Vilabrille.
1 Comentario87 Lecturas

Economía: tresportes#166
corresponsal
Administrador

Fecha 23/02/10 - 04:30:57 PM
Feve vai conectar a papeleira de Navia col Musel


    Na mañá del martes 23 de febreiro, el presidente asturiano, Vicente Álvarez Areces, firmóu col presidente de Feve, Ángel Villalba, y el presidente d'Ence, Juan Luis Arregui, un pacto de colaboración pra conectar tanto a fábrica d’ENCE en Navia como el porto del Musel a través d’úa linia férrea de titularidá del Principao d’Asturias qu’ha a construír Feve y que vai deixar conectar a papeleira naviega cua linia de Ferrol-Xixón da empresa ferroviaria al pasar por Navia.

    Cúntase qu’ese treito de vía, d’un quilómetro y medio, tía acabao al largo d’este ano 2010. A inversión d’obra civil y instalacióis sube a 9 millóis d’euros, dos qu’el Principao pon 3,5 millóis, a mesma cantidá que pon Feve, y ENCE pon 2 millóis, correspondentes al uso del servicio ferroviario mentres dure el acordo y que s’han a financiar con cargo al tresporte de mercancías. A infraestructura férrea vai quedar integrada nel dominio público del Principao d’Asturias y a esplotación vaila ter Feve por un periodo de non menos de 50 anos.
                                                       
    ENCE produz en Navia al ano úas 500.000 toneladas de celulosa, das qu’úas 420.000 vanse esportar por barco a países da Unión Europea. Ademáis, vai fer falta trer a Navia camín del millón de toneladas de madera, das qu’úas 300.000 anuales, según as estimacióis feitas, vanse mover por tren. Hasta agora el tresporte fíase en camióis col porto de Ribadeo como centro dos tráficos.

    En Xixón cúntase axeitar os accesos dentro del porto del Musel, actuación qu’asume el Autoridá Portuaria. En proyecto ta tamén construír úa terminal marítima, cuas súas naves y almacéis correspondentes.

    As autoridades asturianas destacan as ventaxas del tresporte ferroviario dende el punto de vista medioambiental y socioeconómico. Según os cálculos de FEVE, tresportar úa tonelada de mercancía por tren emite sete veces menos CO2 que si se fai por carretera, y consume cuatro veces menos litros equivalentes de combustible.
1 Comentario235 Lecturas

Novedá: traducción#165
corresponsal
Administrador

Fecha 22/02/10 - 11:54:17 AM
http://www.falaviva.net/uploads/contos-pra-web.jpg


Aurora García Rivas publica en portugués os sous contos


    El puxón que ye tán dando os nosos escritores á literatura nel occidente asturiano ta dando pé a noticias qu’hai ben pouco eran impensables. É el caso da escritora santiseña Aurora García Rivas, qu’acaba de ver publicao en Portugal el sou libro Contos. Ducia e media d’eles núa edición bilingüe cua traducción al portugués na páxina impar. El obra, que publicara Trabe nel 2007, axunta decinove contos, muitos d’elos ganadores de concursos literarios, qu’a autora revisóu prá traducción, labor del que s’encargóu el escritor portugués Daniel Gouveia.

    Trátase d’úa iniciativa feita d’emparzao polas portuguesas Chaves Ferreira Publicações y DG edições y el asturiana Fundación Méjica –que se van encargar da distribución nos sous países respectivos–, y que cunta col apoyo da Conseyeiría de Cultura y Turismo del Principao d’Asturias.

    García Rivas, autora de contos infantiles, poemarios y narracióis na variedá máis occidental del galego-asturiano, vai ser outra vez pioneira condo publique, d’aquí a poucos días, úa novela nesta lingua, As razóis d’Anxélica.
3 Comentarios252 Lecturas

Novedá: publicación#164
corresponsal
Administrador

Fecha 15/02/10 - 04:25:40 PM
Cultura da a conocer el catálogo de publicacióis en asturiano y galego-asturiano


    A Dirección Xeneral de Política Llingüística, da Conseyeiría de Cultura del Principao d’Asturias, acaba de publicar Llibros 2008. Catálogu de publicaciones. Trátase d’un obra non venal feita amañada por Rafael Rodríguez Valdés unde s’incluyen 168 referencias comentadas de publicacióis nas dúas linguas tradicionales d’Asturias: asturiano y galego-asturiano. Pódese consultar nas bibliotecas asturianas y tamén descargar en pdf na web del Servicio de Política Lingüística.
   
    Nel capítulo dedicao al galego-asturiano, reséñanse as dúas revistas y os tres llibros que saliron nese ano: Trabatel y Entrambasauguas, os libros infantiles Domigo y os animales y Binoca, y el poemario Augua mansa.
0 Comentarios477 Lecturas

Educación#163
corresponsal
Administrador

Fecha 09/02/10 - 10:06:41 AM
http://www.falaviva.net/uploads/santalla.jpg


Nos Ozcos xa s’imparte Galego-Asturiano


    El Centro Rural Agrupao dos Ozcos, del que forman parte as escolas de Santalla, Vilanova y Samartín, leva impartindo entre el sou alumnao dende hai úa semana el asignatura de Galego-Asturiano. É a primeira vez que se leva esta esperiencia á zona.

    Os nenos y nenas dos Ozcos, que taban matriculaos nesta materia dende qu’em
pezóu el curso escolar, tein agora a oportunidá d’estudiar a súa lingua familiar, col que se pon fin á situación d’escepcionalidá na que vivían porque nun tían a naide que dera el asignatura, como consecuencia da falta de profesorao cualificao y da falta d’atención da Conseyeiría d’Educación, que tardóu seis meses en tomar úa decisión al respecto.

    D’este xeito, as dos Ozcos súmanse a outras escolas de primaria del Navia-Eo que xa levan tempo col asignatura de Galego-Asturiano nos sous plais d’estudios.
3 Comentarios794 Lecturas

Lliteratura: galardón#162
corresponsal
Administrador

Fecha 09/02/10 - 09:28:33 AM
Entrégase en Bual a Miguel Rodríguez Monteavaro el XIX Premio Xeira de Narracióis Curtias


    El sábado 13 de febreiro, ás oito da tarde, vaise entregar na Casa da Cultura de Bual el XIX Premio Xeira de narracióis curtias. Nesta edición el ganador del certame foi Miguel Rodríguez Monteavaro, de Bual, pol relato titulao «Amazonas». 
   
    Nel acto d’entrega, unde tamén vai haber sito pras intervencióis d’autoridades y del presidente del asociación Xeira, tein úa importancia fundamental el actuación del novo grupo de folk Moxega y a presentación en sociedá del disco Dixebra. Versióis eonaviegas del conxunto asturiano Dixebra cua presencia del cantante del grupo, Xune Elipe.

    El premio, creao pola Asociación Cultural Xeira pra promocionar el uso lliterario del gallego-asturiano y axudar asina á súa normalización social, ten úa dotación de 600 euros. A posibilidá del accésit nun ta contemplada nas bases peró, así y todo, el xurao quixo tamén destacar a calidá del conto «Pequena», de Moisés Cima, de Mouguías (Cuaña).

    Entre os premiaos en edicióis anteriores, dende a primeira, que se convocóu en 1991, tán os nomes dos máis dos autores de llibros en gallego-asturiano dos últimos anos: escritores como Manolo Galano, Jacinto Díaz, Alejandro Antúñez, Fredo de Carbexe, Rafael Cascudo, Xaviel Vilareyo, María José Fraga, Aurora García Rivas ou Marisa López Diz.
0 Comentarios529 Lecturas

Amostrando 7 Artículos d´un total de 168 [ 1 2 3 … 24 ]
 Seguinte 7 »
Usuarios
Usuario:
Clave:
Perdín a mía Clave

Últimos 5 temas activos
Fecha 03/03/10 11:38:07 PM
» Literatura: presentac...
Por: Diestru Último post
Fecha 03/03/10 12:43:46 PM
» Artículo
Por: corresponsal Último post
Fecha 01/03/10 02:00:53 PM
» Educación
Por: Asturchale ;) Último post
Fecha 01/03/10 01:35:27 PM
» Novedá: traducción
Por: Asturchale ;) Último post
Fecha 26/02/10 12:50:10 PM
» ¿Por qué nun se debéu...
Por: Re-Volvin Último post

Estadísticas del Sito
» Total d´usuarios: 74
» Último Rexistrao: Re-Volvin
» Usuarios Online: 0
» Convidaos Online: 2