Navegación Xeneral
» Empezo
» Foro
» Buscar
» Enlaces
» Contacto

Calendario
«Outubre 2018»
DoMaXoVe
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   

Eventos pra hoi
Nun hai eventos pra hoi

Encuesta
¿Qué habería que cambiar en Falaviva?
El diseño da páxina
A regularidá das publicacióis
A diversidá de temas das noticias
El concepto «blog-foro»
Outra cousa
Enseñar resultaos

Deretos lingüísticos#562
Redacción
Administrador

Fecha 14/10/18 - 01:02:07 PM
http://www.falaviva.net/uploads/manifestacion2.jpg


A XDLA propón úa redacción nova del artículo cuarto qu’equipara en deretos asturiano y galego-asturiano


   «El asturiano y el galego-asturiano, como linguas propias d’Asturias, col casteyano, el carácter de linguas oficiales». Así reza el primeiro apartao da redacción nova del artículo 4.º del Estatuto d’Autonomía qu’a Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana (XDLA) elaboróu y apurríu a primeiros d’este ano a os partidos da Xunta Xeneral que se declaron partidarios da oficialidá: Podemos Asturies, Izquierda Xunida (IX) y PSOE. Trátase d’úa proposta radicalmente democrática: máis aló del númaro de falantes ou peso social das linguas nacidas en territorio asturiano, a lei ten que consideralas al mesmo nivel.

   Esta entidá ciudadana, que leva máis de tres décadas trabayando pola oficialidá, presentóu nel 2017 el chamao Proyectu 2018, que buscaba abrir úa posibilidá que contempla el Estatuto d’Autonomía pra reformalo: qu’alomenos 12 diputaos ou diputadas rexistren esa petición. Al haber númaros abondos, a XDLA empezóu os contactos con Podemos y Izquierda Xunida. A coxuntura política víuse animada pol determín tomao a favor da oficialidá en setembre del 2017 nel Congreso da FSA. A manifestación multitudinaria del 21 d’abril en Uvieo pola XDLA tamén axudóu a demostrar qu’el movemento de reivindicación lingüística podía sacar ás cayes miles de personas en defensa da oficialidá. Al cabo, este 9 d’outube, Podemos y IX anunciaban qu’iban presentar a proposta de reforma estatutaria.

¿Qué femos col galego-asturiano?
El tratamento xurídico del galego-asturiano núa hipotética oficialidá nun ten merecido muito debate entre os defensores da nosa lingua, alomenos de xeito público ou en documentos. Al ocuparse d’esa cuestión vía amecéndose sin máis a frase «y del galego-asturiano nel sou ámbito territorial», anque nos últimos anos dalgús señalaban a necesidá de matizar máis cuál tería que ser el detalle d’ese reconocemento. El escrito Por un tratamento igualitario d’asturiano y galego-asturiano publicao este mes de xunio y apoyao por máis de 300 personas del Navia-Eo, amostraba el sou esmolemento porque, al hora d’encarar úa posible redacción nova del artículo 4.º, esa frase tantas veces repetida podese supoñer un tratamento desigual dos deretos ciudadanos pra os falantes de galego-asturiano, por poñer namáis un caso, na súa relación col Administración autonómica na capital. El escrito propoñía qu’asturiano y galego-asturiano se declararan linguas oficiales en Asturias al pé del casteyano y qu'úa lei posterior de normalización regulara «cuál é el territorio propio de cada lingua y cuál tería que ser el alcance del uso oficial, os ámbitos d’actuación en materia educativa, toponímica, audiovisual, de rotulación, d’uso institucional, etc.».

   A XDLA trabayara núa proposta de redacción nova del artículo 4.º col axuda de dalgús xuristas espertos na materia y el resultao apurríuse a primeirosd’este ano tanto a Podemos como a IX, ademáis de presentarse al PSOE. A redacción, que se fexo pública estos días dentro d’un documento de valoración da XDLA da situación política actual, responde a os esmolementos que señalaba el escrito Por un tratamento igualitario d’asturiano y galego-asturiano porque se basa nesa idea de reconocemento igualitario de deretos entre as dúas linguas. Nel apartao 2 diz que «os poderes públicos d’Asturias, atendendo á realidá sociolingüística del asturiano y del galego-asturiano, han a garantizar el dereto a conocelas y usalas». Nun terceiro apartao señálase que «úa lei da Xunta Xeneral ha a establecer os términos y ámbitos del uso oficial das linguas propias d’Asturias y ha a afixar as zonas d’uso predominante d’entrambas». Al cabo, nel último apartao d’esta proposta de redacción del artículo 4.º, afírmase que «ningúa persona vai poder ser discriminada en Asturias pola lingua que libremente escoya pra comunicarse», col que se destaca qu’el reconocemento da oficialidá pras linguas propias d’Asturias nun vai en contra dos deretos dos falantes de casteyano.

   Claramente, a proposta recoye ideas da regulación que se dá noutras comunidades como Navarra y Valencia pra os territorios unde nun se fala nin vasco nin valenciano, pro tamén del estatuto catalán y da súa Lei de Normalización, que trata en pé d’igualdá el catalán, falao en Cataluña por máis de dous millóis de personas, y el aranés, úa lingua occitana que falan non más de 3.000 personas nel Vale d’Arán.

   Máis aló del que pase cua súa tramitación parlamentaria y del resultao da votación, a proposta da XDLA supón un reto democrático pra os partidos que van levar el debate á Xunta Xeneral: ¿a redacción que van propoñer vai ser aparecida ou alomenos vai recoyer as aspiracióis igualitarias dos movementos de reivindicación lingüística das dúas linguas?
0 Comentarios20 Lecturas

Normalización#561
Redacción
Administrador

Fecha 19/06/18 - 07:43:43 PM
http://www.falaviva.net/uploads/Villayoncapital.jpg


Apróbase a toponimia oficial de Villayón

   
   El Boletín Oficial del Principao d’Asturias (BOPA) publicóu este lúis 18 de xunio a toponimia oficial del conceyo de Villayón, que pasa a sustituír ás denominacióis oficiales anteriores pr’axeitalas ás formas tradicionales. El criterio que se sigue nel proceso de recuperación toponímica é el respeto á realidá lingüística de cada territorio, polo que nesta lista pódese ver qu’hai topónimos con úa ortografía diferente dependendo de que tían na zona del conceyo unde se fala asturiano occidental ou na parte que fala en galego-asturiano.

   A partir d’agora, «Ponticiella» pasa a ser Ponticella, «La Linera» xa é La L.liera, «Lendequintana» é oficialmente Llandequintá y «Candanosa de Solares» chámase como sempre se chamóu: As Candaosas. Trátase d'un proceso guiao pola intención de respetar un patrimonio como el da toponimia que sufríu úa deformación que foi escondendo a realidá da pronunciación popular, ben porque s'acasteyanóu artificialmente ou ben porque a forma documental arcaica que se perpetuóu pol uso administrativo xa nun era fiel á evolución lingüística que se deu en boca dos falantes.

   A pesar da normalidá del proceso, que primeiro levóu un trabayo de campo, úas reunióis da Xunta Asesora de Toponimia, el aprobación nel pleno municipal y el aprobación posterior en Conseyo de Goberno, nunca se pode saber qué vai pasar. Hai qu'esperar, como sempre que s'aprobóu dalgún espediente toponímico, se a dirección de dalgún periódico asturiano decide ou non crear úa polémica artificial cuas entrevistas y os titulares convenientes.

   Según señala el decreto d'oficialización, a partir d'agora as únicas formas oficiales son as que se publican nel BOPA y as administracióis tein qu'ir axeitando el uso y a rotulación a esa realidá legal nova.

   Na zona del galego-asturiano namáis quedan por aprobar os espedientes dos conceyos d’Eilao, Navia, Cuaña, Castripol, Ibias y Ayande.
0 Comentarios638 Lecturas

Oficialidá#560
Redacción
Administrador

Fecha 04/06/18 - 09:57:19 PM
http://www.falaviva.net/uploads/Screenshot_8.jpg


Máis de 300 personas del Navia-Eo firman un escrito público pedindo un trato igualitario na oficialidá d’asturiano y galego-asturiano


   308 personas, col sou nome y a súa ocupación profesional, apoyan el escrito titulao “Por un trato igualitario na oficialidá d’asturiano y galego-asturiano”. Trátase d’úa mostra representativa da xente falante de galego-asturiano, tanto a que vive na zona como a que reside nel centro d’Asturias ou fora del país y que nun esqueice a súa terra y a súa lingua.

    A idea d'esta iniciativa nacéu nas últimas movilizacióis ciudadanas en favor da oficialidá entre personas vinculadas á defensa del galego-asturiano que se manifestaron nelas. Trátase, polo tanto, d'un documento que nun busca desviar el debate da oficialidá nin tampouco rebaxar os deretos dos falantes d'asturiano. Elaboróuse este escrito col única finalidá de brindar á sociedá asturiana y a os sous representantes políticos us elementos de debate qu'é imprescindible considerar al encarar cualquera redacción nova del artículo 4.º del Estatuto d'Autonomía.

     Apoyan el escrito alcaldes y conceyales (dalgús nun firman como tales, senón como particulares), sindicalistas, profesores, maestros, profesionales, artistas, ganadeiros, pensionistas, estudiantes... Al cabo, os máis dos firmantes son xente d'a pé que representan un sentir mayoritario que pide un trato igualitario pral estatus xurídico da súa lingua.

    Nel documento destácase que, a pesar de que'l galego-asturiano nun se cite nel Estatuto d'Autonomía, "a insistencia y el trabayo d’esplicación dentro del movemento cultural asturianista —y tamén entre a clas política—" da xente del occidente "deu como resultao en 1998 que na Lei del Bable/Asturiano por fin se señale qu’el galego-asturiano ten que ter el mesmo tratamento qu’el asturiano".

    Así y todo, al referirse á reforma del artículo 4.º del Estatuto d’Autonomía y esixir a oficialidá del asturiano, vén repetíndose "mecánicamente" a frase "y del galego-asturiano nel sou ámbito territorial". Nel documento qu’agora se presenta destácase qu'esa matización nun presta polas interpretacióis limitadoras ás que pode dar pé. Deféndese nel escrito úa cuestión democrática previa: "Os falantes das dúas linguas autóctonas d’Asturias, sían máis ou menos miles, tein que ter os mesmos deretos ciudadanos". Polo tanto, afírmase que "cualquera formulación nova del artículo 4.º tería que tratar en pé d’igualdá as dúas linguas". Nel documento señálase qu'a "realidá territorial del galego-asturiano nun pode ser obstáculo pra qu’a xente que lo fala se poda relacionar col Administración autonómica na súa lingua propia, máis condo miles d’estos falantes viven na zona central d’Asturias". Neste sentido, a espresión "nel sou ámbito territorial" vese como úa "limitación".

    Evidentemente, esplícase nel documento, sería "absurdo" que cua oficialidá se buscara normalizar el uso d'úa lingua nun territorio unde nun é propia, tanto nel caso del galego-asturiano na zona de fala asturiana como nel caso del asturiano na zona del Navia-Eo. Polo tanto, "úa formulación que declarara oficial el asturiano en toda Asturias y el galego-asturiano namáis nel sou ámbito territorial sería claramente desequilibrada y inxusta". El escrito propón que "tanto asturiano como galego-asturiano se declaren linguas oficiales en Asturias al pé del casteyano" y qu'úa lei posterior de Normalización regule "cuál é el territorio propio de cada lingua y cuál tería que ser el alcance del uso oficial, os ámbitos d’actuación en materia educativa, toponímica, audiovisual, de rotulación, d’uso institucional, etc.".

    El documento acaba esplicando qu'el obxetivo último da oficialidá "ten que ser poñer os medios pra remediar úa situación inxusta de minorización que pon en peligro a supervivencia d’un patrimonio único nel mundo, as linguas que se levan falando dende hai centos d’anos en Asturias: asturiano y galego-asturiano".
0 Comentarios825 Lecturas

Música#559
Redacción
Administrador

Fecha 04/05/18 - 03:59:19 PM
http://www.falaviva.net/uploads/bacotexotapia.jpg


Cuatro cántigas en galego-asturiano nel top 25 das miyores prá RPA


    A pesar da pouca producción discográfica na lingua del estremo occidental d’Asturias, as cántigas «Campos de meiz», «Volviche», «Penouta» y «A fronteira» metéronse entre as 25 miyores da historia qu’escoyéu a Radio del Principao d’Asturias (RPA) prá Semana das Letras Asturianas.
 
   A RPA, dentro da súa programación especial pra esta semana, amañóu el espacio Top 25 n’ast. Del lúis 30 d’abril al xoves 2 de mayo emitíu un espacio de media hora unde, al xeito d’úa radiofórmula, puxéronse as 25 miyores cántigas en asturiano ou gallego-asturiano d’entre as que votóu un xurao formao por máis d’úa treintena de personalidades del mundo da cultura asturiana. Foron alredor de 200 títulos sumando todas as escoyidas pol xurao. Da suma dos máis votaos salíu el Top 25.  El primeiro posto da lista foi pral tema en asturiano «Los fayeos de mayo», del grupo folk Felpeyu, na voz del recordao Ígor Medio.

    «Campos de meiz», del grupo tapiego Bacotexo, con música de Marcos Nogueiro y letra de Ricardo Saavedra, quedóu nel posto 12. «Volviche», da Banda de gaitas El Trasno de Cuaña, con música de Javier Tejedor y letra de Xosé Miguel Suárez, nel posto 14. Detrás quedaron «Penouta», d’Ígor Medio y Lisardo Prieto, con letra tamén de Xosé Miguel Suárez, nel 17; y «A fronteira», de Toli Morilla, basao núa poesía da escritora santiseña Aurora García Rivas, nel 21.
0 Comentarios1276 Lecturas

Cultura#558
Redacción
Administrador

Fecha 03/05/18 - 09:41:06 PM
http://www.falaviva.net/uploads/Homenaxenosaslletras.jpg


A Semana das Letras Asturianas, nel occidente d’Asturias


   
    A 39 Semana das Letras Asturianas qu’amaña el Goberno asturiano entre os días 27 d’abril y 8 de mayo, y qu’este anos dedícase á literatura infantil y xuvenil, ten presencia nel occidente d’Asturias en dúas iniciativas. A primeira vai ser nel Día del Libro Asturiano, el venres 4 de mayo, úa xornada pensada pra promover a literatura en asturiano y galego-asturiano col regalo d’un libro a quen compre productos editoriales ou discográficos nestas linguas. As libreirías participantes aplican un 10 % de desconto nas compras y tein á súa disposición exemplares abondos del libro regalo qu’edita pral ocasión a Conseyeiría d’Educación y Cultura, ademáis d’aparecer na publicidá institucional que se fai d’este día. Anque el ofrecemento se fai a todos os establecementos comerciales del occidente, namáis quixeron participar estos: Libreiría Pablo (Bual), Libreiría Alfonso (A Caridá) y as libreirías Casa Pérez, Patefa y San Pedro (A Veiga).

    El obra que se vai regalar a quen compre literatura en galego-asturiano vai ser Cúntame un conto, un volume colectivo a todo color y en tapa dura con contos ilustraos de 18 escritores d’Asturias pral público infantil y xuvenil. Participan os principales autores d’este tipo de literatura en asturiano, pro tamén hai autores qu’escriben en galego-asturiano, como Belén Rico, Rafael Cascudo, María José Fraga, Aurora Bermúdez y Marisa López Diz. El obra ten a particularidá de que se publica en dúas edicióis, en asturiano y en galego-asturiano, de tal xeito qu’os contos orixinales tán traducidos al outra lingua según corresponda. Ademáis de nel occidente, vai poder volarse neste regalo na VI Feria del Libro y el Disco en asturiano que se celebra núa carpa instalada en Avilés entre el 3 y el 6 de mayo.

    El outra cita nel occidente asturiano vai ser el sábado 5 de mayo, ás sete da tarde, nel auditorio das Quintas, na Caridá, que vai acoyer el xa tradicional Homenaxe ás nosas lletras. D’esta volta, el homenaxe vai consistir núa representación teatral a cargo de Carlos Alba: As miserias de Llázaro de Tormes, úa adaptación que fixo este actor y que ganóu el ano pasao el I Premio Nel Amaro de Teatro profesional en asturiano. Pral occidente, Iván Iglesias Cazarón amañóuye úa traducción al galego-asturiano, que vai ser a que se leve derriba del escenario das Quintas. Trátase d’un espectáculo teatral de muita calidá que merece a pena disfrutar. A entrada é libre.
0 Comentarios1030 Lecturas

Deretos lingüísticos#557
Redacción
Administrador

Fecha 21/04/18 - 07:41:16 PM
http://www.falaviva.net/uploads/mnaifestacionuvieo.jpg


Miles de personas piden a oficialidá nas cayes d’Uviéu


   El berro de ¡Oficialidá xa! volvéu resuar nas cayes da capital d’Asturias este sábado 21 d’abril. Miles de personas acudiron á convocatoria da Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana pra reclamar a oficialidá del asturiano y del galego-asturiano. Entre elas houbo tamén presencia de xente vida del estremo occidental, que parte d’ela levóu úa pancarta na cabeceira da movilización col eslogan de El gallego-asturiano, llingua oficial ¡agora! Al convocarse a manifestación, axina se movilizóu nas redes sociales úa Plataforma pola Oficialidá del Gallego-Asturiano que, col apoyo dos organizadores, asumíu el papel de difusores da convocatoria nel occidente asturiano. 

   A marcha, que salíu da Estación del Norte ás doce da mañá acabóu núa Praza da Catedral que quedóu pequena pra tanta xente como se xuntóu. Houbo presencia de partidos políticos da Xunta Xeneral (Podemos, Izquierda Unida y, pola primeira vez, PSOE) y tamén dos sindicatos principales (CC. OO., UXT, CSI, Suatea...), ademáis de xente del texido asociativo asturiano. Tamén houbo muitas familias con nenas y nenos pequenos, xuntadas detrás da pancarta qu’abría a manifestación. Pr’animar el ambiente festivo da movilización houbo dúas bandas de gaitas, úa en Sib abrindo todo el cortexo y outra en Do entre medias da marcha unde se puido ver a compoñentes del Trasno de Cuaña. Tamén participóu un centenar de pandereteiras que foron cantando un ramo con cuartetas alusivas á reivindicación del día. El metá d’elas, cantadas en galego-asturiano. Úa dicía: «Cantamos aquí en dúas llinguas que naceron nesta terra. Éche obrigación de noso qu’esas llinguas nun se perdan». Un sound system instalao derriba d’un camión y úa batucada animaron el bloque de mocedá que zarraba a manifestación. Condo a cabeceira enfilaba pola caye San Francisco camín da Praza da Catedral, a traseira da marcha inda taba na Estación del Norte.

   A actriz mierense María Cotiello foi a encargada de ler el manifesto da Xunta pola Defensa de la Llingua, unde se reclamóu que d’úa vez se resolva un problema de simples deretos ciudadanos que leva tanto tempo sin resolverse y que podía empezar a amañarse col marco xurídico que s’usa nel Estao español pra casos aparecidos noutras comunidades: a oficialidá. Nel discurso houbo úas palabras dedicadas al cambeo d’actitú da Federación Socialista Asturiana, que nel sou último congreso aprobóu  abrirse á oficialidá: «Queremos dar a benvida a os qu’hasta agora nun nos acompañaron nese camín y qu’empezan nestos meses a felo. Todas as forzas son necesarias pra qu’esa aspiración fructifique y, ademáis,  tamos convencidos de qu’ese mesmo paso tamén lo han a dar as que faltan. Iba ser un exemplo de responsabilidá y madurez porque é muito el que ta en xogo: naide pode tar en contra de poñer as bases legales pra qu’as linguas propias d’Asturias podan sobrevivir. Eso é el que busca felas oficiales».

   El discurso nun esqueicéu el outra lingua d’Asturias y as palabras dedicadas a ela, y lidas por Cotiello en galego-asturiano, recoyeron el aplauso del público qu’enchía a praza: «A nosa reivindicación básase nun principio democrático básico: a lei ten que tratar igual a toda a ciudadanía, fale a lingua que fale. Nun é aceptable qu’haxa ciudadanos de primeira y ciudadanos de segunda dependendo de qué lingua usen, del númaro de falantes ou da estensión del sou territorio. Y esas diferencias en deretos lingüísticos que sufrimos en Asturias, y que sempre denunciamos por inaceptables, nun podemos admitilas na nosa casa entre falantes das linguas propias d’esta terra. Hoi manifestáronse da mao, xuntos, xente que fala asturiano y xente que fala galego-asturiano. A normalidá lingüística tamén é eso: que conózamos, respetemos y apreciemos esta lingua na que tou falando agora, qu’é a lingua d’úa parte da población asturiana, a que nacéu nel estremo occidental. Y sentímola tan nosa como a del resto del territorio asturiano. Por eso pedimos el mesmo respeto legal pral asturiano que prá lingua que se fala nas veiras del Eo y el Navia. Nun podía ser d’outro xeito».

Proyecto 2018
Nun era a primeira vez qu’el galego-asturiano taba presente nas movilizacióis na capital asturiana porque a presencia dos defensores da oficialidá da nosa lingua xa é tradicional nas manifestacióis amañadas pola Xunta pola Defensa de la Llingua nel Día das Letras Asturianas. A ocasión era especial porque a convocatoria vía marcada polas circunstancias escepcionales del momento político. Se a historia da reivindicación lingüística sempre se desenvolvéu con úa presencia parlamentaria escasa na Xunta Xeneral de partidos defensores da oficialidá, nesta lexislatura dáse úa correlación de forzas que deixa qu’haxa abondos diputaos y diputadas como pra presentar á discusión a reforma del Estatuto d’Autonomía pra modificar el artículo 4.º y incluír a oficialidá del asturiano y del galego-asturiano. D’ei nacéu el Proyecto 2018, impulsao pola Xunta pola Defensa de la Llingua, pra tentar de qu’os partidos políticos favorables á oficialidá, alomenos Podemos y Izquierda Unida, desen ese paso agora que poden. Tanto el eslogan da manifestación, Agora, como el discurso final y as declaracióis dos portavoces da organización ciudadana insistiron en qu’esta é úa oportunidá histórica que se ten qu’aprovetar xa y que se pode fer nesta lexislatura. Entre medias d’este proyecto, chegóu el cambeo de postura da Federación Socialista Asturiana, tradicionalmente en contra da oficialidá, anque as diferencias entre a executiva nova d’Adrián Barbón y el grupo parlamentario socialista que sostén al Goberno actual presidido por Javier Fernández fain qu’el PSOE quira aprazar el asunto da oficialidá prá lexislatura que vén.

   Hai que destacar el papel protagonista que tuvo en todo momento a nosa lingua na manifestación y na difusión da convocatoria. Ademáis del ramo que cantaron as pandereteiras, úa das dúas cántigas que se lanzaron pra promover a movilización, «Agora», con letra de Pablo Texón, voces de Vito Álvarez y Xune Elipe, y música de Sergio Rodríguez, incluye úa parte final en galego-asturiano. Y en todas as notas de prensa y material de propaganda sempre se citaron en pé d’igualdá asturiano y galego-asturiano. Esto ta fendo qu’a repercusión da nosa lingua a nivel estatal, máis ben escasa, empece a ser mayor. En todas as crónicas da xornada aparecidas nos medios de comunicación estatales, como El País ou El Mundo, hai referencias al caso da reivindicación del galego-asturiano. Tamén el uso del galego-asturiano entre sindicatos y partidos é mayor: por exemplo, tanto Podemos como a CSI mandaron circulares bilingües en asturiano y galego-asturiano a os sous simpatizantes y afiliaos animándolos a participar na manifestación.

   Entre a xente del occidente que tuvo presente na manifestación había agayo pra seguir cua movilización: «Desta vai», dicíase. De momento, xa quedaron en volver d’aquí a quince días, á manifestación habitual del Día das Letras Asturianas, este venres 4 de mayo ás sete y media da tarde. Esperan cuntar con muita xente del occidente que nun puido tar d’esta volta. «Se nun participamos máis, despóis que nun se queixe a xente porque nun nos fain caso», atesaba ún dos manifestantes del occidente. Así y todo, entre os participantes había el convencemento de qu’el trato igualitario entre asturiano y galego-asturiano é un principio que chegóu pra quedarse nel movemento favorable á oficialidá.
0 Comentarios1106 Lecturas

Literatura#556
corresponsal
Administrador

Fecha 31/01/17 - 04:46:42 PM
http://www.falaviva.net/uploads/cartel_trabatel.jpg


Preséntase na Veiga el séptimo númaro da revista Trabatel


    Este venres 3 de febreiro, ás sete da tarde, na Sala d'esposicióis Luis Fega da Casa da Cultura da Veiga, vaise presentar Trabatel. Revista eonaviega de lliteratura. É el séptimo númaro d’esta publicación editada pola Conseyeiría d’Educación y Cultura. Os asistentes han a recibir como obsequio un exemplar da revista.
   
    Despóis da presentación vai haber un coloquio unde repasar a situación da literatura en galego-asturiano. El encontro vai tar moderao por Andrea González, técnica del Oficina de Coordinación Cultural y Lingüística da Mancomunidá Os Ozcos-Eo, y nél van participar os autores Fredo de Carbexe, Iván de Cazarón y Belén Rico Prieto, anque a idea é que sía un acto aberto ás intervencióis de todos os escritores y escritoras presentes, ademáis del público en xeneral.
0 Comentarios7584 Lecturas

Amostrando 7 Artículos d´un total de 562 [ 1 2 3 … 81 ]
 Seguinte 7 »
Usuarios
Usuario:
Clave:
Perdín a mía Clave

Últimos 5 temas activos