Navegación Xeneral
» Empezo
» Foro
» Buscar
» Enlaces
» Contacto

Calendario
«Abril 2019»
DoMaXoVe
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930    

Eventos pra hoi
Nun hai eventos pra hoi

Encuesta
¿Qué habería que cambiar en Falaviva?
El diseño da páxina [296 v.]39.2%
A regularidá das publicacióis [126 v.]16.7%
A diversidá de temas das noticias [109 v.]14.4%
El concepto «blog-foro» [108 v.]14.3%
Outra cousa [116 v.]15.4%
Total de votos: 755

Memoria histórica#566
Redacción
Administrador

Fecha 03/03/19 - 11:20:15 AM
http://www.falaviva.net/uploads/cartelsilencio.jpg


A Veiga acoye a proyección d’El silencio de otros, ganadora del Goya á miyor película documental


    Chega al occidente asturiano a película documental El silencio de otros, qu’acaba de ganar el premio Goya na súa última edición y que cunta a historia de dalgús protagonistas da Querella Arxentina, a causa aberta nel país suramericano pra tentar de xuzgar alí os crimes da guerra civil y da dictadura franquista posterior. Vaise proyectar, con entrada libre, nel auditorio da Veiga este mércoles 6 de marzo ás oito da tarde.

    El silencio de otros recorre el nacemento y evolución d’esta querella internacional de relevancia histórica a través das esperiencias de víctimas da dictadura franquista que s’atreveron a romper el pacto de silencio qu’implicóu a chamada Transición y que se fixeron querellantes, incluíndo víctimas de torturas, padres y madres de nenos roubaos, y familiares que siguen luitando por recuperar os corpos dos sous seres queridos de fosas comúis repartidas por toda España. Na proyección han a tar presentes dous nembros da Comuna d’Asturias, a entidá asturiana que forma parte da Ceaqua, a Coordinadora estatal d’apoyo á Querella Arxentina. Son Manuel Amago, de San Tiso d’Abres, y Xosé Miguel Suárez, de Tapia, que levaron al consulao d’Arxentina en Madrid a denuncia dos casos de sous bolos respectivos, asesinaos polos falanxistas nos primeiros días despóis da chegada dos golpistas al occidente asturiano. Han a presentar a película y participar nel coloquio posterior col público.

    Col respaldo d’El Deseo, a productora dos irmaos Almodóvar y Esther García, a película trata cuestióis universales sobre cómo as sociedades afrontan procesos de transición á democracia y cómo os individuos encaran el silencio y luitan pola xusticia. A historia desenvólvese en España y en Arxentina, unde úa xueza se fexo cargo del caso basándose nel principio de xurisdicción universal. Este caso supón ademáis un xiro estraordinario, porque foi España el estao pioneiro en usar a xurisdicción universal contra el ex-dictador chileno Augusto Pinochet. Agora, é España a que se nega a xuzgar us crimes que sucederon nel sou territorio y ten que vir outro país a recordarye que, se ela nun lo fai, Arxentina ta obrigada a felo en aplicación d'ese principio.

    Filmada al largo de seis anos por Almudena Carracedo y Robert Bahar, con un estilo de cine directo y intimista, trátase d’úa película qu’emociona y que deixa con un nougo nel gorgoleiro a os espectadores. Pro tamén é un obra que fai pensar y axuda a entender el estao actual de cousas nel Estao español.

    Despóis del sou recorrido polas salas comerciales, El silencio de otros ta recorrendo toda a xeografía española y nel caso d’Asturias leva un tempo proyectándose por auditorios y casas de cultura dentro del programa Llaboral Cinemateca Ambulante, anque cualquer conceyo interesao pode solicitar a súa proyección na páxina web da película.
0 Comentarios314 Lecturas

Literatura#565
Redacción
Administrador

Fecha 15/12/18 - 02:04:00 PM
http://www.falaviva.net/uploads/tapiapresentacion.jpeg


Presentóuse en Tapia el noveno númaro da revista Trabatel


   El augua y el vendaval qu’asopraba en Tapia na tarde d’este venres 14 de decembre nun botóu pr’atrás al publico qu’asistíu á presentación de Trabatel. Revista eonaviega de lliteratura. Tratábase da novena entrega d’esta publicación anual promovida pol Gobierno asturiano que nacéu pra valir d’escaparate da literatura feita en galego-asturiano.

   Na mesa tuveron presentes cuatro dos autores participantes na revista, ademáis del alcaldesa de Tapia, Ana Vigón, y el director xeneral de Planificación Lingüística, Fernando Padilla.  A presentación propúxose como úa lectura entre todos os asistentes pra ir sentindo bocadíos das colaboracióis literarias. Xosé Miguel Suárez, coordinador da revista, foi falando cos autores que taban na mesa, a tapiega Laura Amor, el naviego Christian Lanza, el cuañés Babel de Cal Cadete y el franquín Fredo de Carbexe, que tamén leron parte da súa creación pra Trabatel.

  As lecturas dende a mesa polos autores foron alternándose cuas dos escritores que nun poderon tar presentes, das que s’encargóu xente del público: Rafael Cascudo leu el empezo del relato de Cristóbal Ruitiña, igual que Xabiel G. Menéndez, presidente de Xeira, fexo col relato d’Ángeles Rodríguez Montañés, mentres que Cecilia Pérez, alcaldesa del Franco, leu un poema de Jandro de Queitano y Xosé Miguel Suárez leu el arranque del conto de Javier Fernández-Catuxo. El público, que seguíu mui interesao as lecturas y a parola cos escritores, pedíu a Ruth González, que leu un poema de Conchita Álvarez Lebredo interrumpido pola chamada d’un móvil sin amo, que volvese repetilo.

   Entre os asistentes, ademáis dos xa ditos, taban a fotógrafa Verónica Peláez Baniela, autora das fotos qu’ilustran a revista; Carmen Muñiz Cachón, responsable da Secretaría Lingüística del Navia-Eo, y autores en galego-asturiano como Emma Méndez, Aurora Bermúdez, Ricardo Saavedra ou Arturo Alvarez Tangueiro.
0 Comentarios925 Lecturas

Normalización#564
Redacción
Administrador

Fecha 13/12/18 - 04:50:00 PM
http://www.falaviva.net/uploads/normasortograficas.jpg


El Goberno asturiano vai redactar un proyecto de decreto pra establecer os niveles de competencia pral gallego-asturiano


   Un grupo d’espertos docentes y filólogos vai empezar a trabayar, a partir del 2019, na redacción del proyecto de decreto pra establecer os niveles de competencia nel uso del gallego-asturiano.

   Con esta medida regúlase a proba de certificación correspondente a ditos niveles, el que deixa acreditar este conocemento na Comunidá Autónoma. El diseño vai tar axeitao al Marco común europeo de referencia das llinguas.

   El demáis, el proyecto de decreto pr’acreditar os niveles de competencia da llingua asturiana xa s’atopa en fase d’información pública pra qu’os organismos, colectivos ou particulares interesaos podan presentar as súas aportacióis. Este proyecto de decreto elaboróulo al llargo dos dous últimos anos un equipo d’espertos en desenvolvemento curricular y llingua asturiana. 

   El determín da Conseyeiría d’Educación y Cultura d’abordar el mesmo proceso pral gallego-asturiano responde á petición das autoridades municipales y diferentes colectivos da zona Navia-Eo, que solicitaban qu’el documento referido al asturiano regulara tamén as cuestióis relativas á llingua propia del estremo occidental asturiano.

   El Goberno decidíu redactar un decreto específico novo, que xa vén avalao pol trabayo realizao pra os niveles de llingua asturiana. D’este xeito, facilítase a redacción del proyecto novo de niveles del gallego-asturiano.

   Con esta medida, querse establecer úas certificacióis oficiales qu’acrediten el conocemento d’estas llinguas, máis alló das titulacióis actuales, que namáis se referían á formación del profesorao especialista.
0 Comentarios978 Lecturas

Literatura#563
Redacción
Administrador

Fecha 02/11/18 - 06:06:42 PM
http://www.falaviva.net/uploads/Cubierta-Roger-el-reno.jpg


Ángeles Rodríguez Montañés publica el conto infantil Roger, el reno que chegóu de llonxe


   A literatura infantil en galego-asturiano, tan necesitada de novedades, ta de norabúa.  Ángeles Rodríguez Montañés (Andés, 1975) acaba de publicar cua editorial Trabe un librín titulao Roger, el reno que chegóu de llonxe, con úas ilustracióis ben guapas de Luis Ramos.

   Roger é un reno que veu pra Navia dende Austria y lleva úa bufanda de rayas verdes y brancas mui chamadeira. Con Roger imos a conocer cousas del caseirío, pro tamén saber dos sous viaxes tirando del trineo de Santa Claus y dos sous amigos el oso Pérez-Oso y el raposo amistoso. Hai que destacar a particularidá de qu’el conto ta escrito na variedá naviega del galego-asturiano.

   El autora, que s’estrenara na literatura en galego-asturiano hai ben anos con artículos na revista xa desaparecida Entrambasauguas, publicóu tamén dalgún relato curtio nas obras Que nun se perda nel aire y Muyeres escritores, editadas pol Goberno asturiano pra festexar el Día del Libro Asturiano nos anos 2016 y 2017, respectivamente.

   Como complemento, Roger ten úa páxina en Facebook, unde el reno da bufanda de rayas ta recoyendo palabras propias de Navia y ta disposto a qu’a xente faga comentarios y aportacióis.
0 Comentarios1660 Lecturas

Deretos lingüísticos#562
Redacción
Administrador

Fecha 14/10/18 - 01:02:07 PM
http://www.falaviva.net/uploads/manifestacion2.jpg


A XDLA propón úa redacción nova del artículo cuarto qu’equipara en deretos asturiano y galego-asturiano


   «El asturiano y el galego-asturiano, como linguas propias d’Asturias, col casteyano, el carácter de linguas oficiales». Así reza el primeiro apartao da redacción nova del artículo 4.º del Estatuto d’Autonomía qu’a Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana (XDLA) elaboróu y apurríu a primeiros d’este ano a os partidos da Xunta Xeneral que se declaron partidarios da oficialidá: Podemos Asturies, Izquierda Xunida (IX) y PSOE. Trátase d’úa proposta radicalmente democrática: máis aló del númaro de falantes ou peso social das linguas nacidas en territorio asturiano, a lei ten que consideralas al mesmo nivel.

   Esta entidá ciudadana, que leva máis de tres décadas trabayando pola oficialidá, presentóu nel 2017 el chamao Proyectu 2018, que buscaba abrir úa posibilidá que contempla el Estatuto d’Autonomía pra reformalo: qu’alomenos 12 diputaos ou diputadas rexistren esa petición. Al haber númaros abondos, a XDLA empezóu os contactos con Podemos y Izquierda Xunida. A coxuntura política víuse animada pol determín tomao a favor da oficialidá en setembre del 2017 nel Congreso da FSA. A manifestación multitudinaria del 21 d’abril en Uvieo pola XDLA tamén axudóu a demostrar qu’el movemento de reivindicación lingüística podía sacar ás cayes miles de personas en defensa da oficialidá. Al cabo, este 9 d’outube, Podemos y IX anunciaban qu’iban presentar a proposta de reforma estatutaria.

¿Qué femos col galego-asturiano?
El tratamento xurídico del galego-asturiano núa hipotética oficialidá nun ten merecido muito debate entre os defensores da nosa lingua, alomenos de xeito público ou en documentos. Al ocuparse d’esa cuestión vía amecéndose sin máis a frase «y del galego-asturiano nel sou ámbito territorial», anque nos últimos anos dalgús señalaban a necesidá de matizar máis cuál tería que ser el detalle d’ese reconocemento. El escrito Por un tratamento igualitario d’asturiano y galego-asturiano publicao este mes de xunio y apoyao por máis de 300 personas del Navia-Eo, amostraba el sou esmolemento porque, al hora d’encarar úa posible redacción nova del artículo 4.º, esa frase tantas veces repetida podese supoñer un tratamento desigual dos deretos ciudadanos pra os falantes de galego-asturiano, por poñer namáis un caso, na súa relación col Administración autonómica na capital. El escrito propoñía qu’asturiano y galego-asturiano se declararan linguas oficiales en Asturias al pé del casteyano y qu'úa lei posterior de normalización regulara «cuál é el territorio propio de cada lingua y cuál tería que ser el alcance del uso oficial, os ámbitos d’actuación en materia educativa, toponímica, audiovisual, de rotulación, d’uso institucional, etc.».

   A XDLA trabayara núa proposta de redacción nova del artículo 4.º col axuda de dalgús xuristas espertos na materia y el resultao apurríuse a primeirosd’este ano tanto a Podemos como a IX, ademáis de presentarse al PSOE. A redacción, que se fexo pública estos días dentro d’un documento de valoración da XDLA da situación política actual, responde a os esmolementos que señalaba el escrito Por un tratamento igualitario d’asturiano y galego-asturiano porque se basa nesa idea de reconocemento igualitario de deretos entre as dúas linguas. Nel apartao 2 diz que «os poderes públicos d’Asturias, atendendo á realidá sociolingüística del asturiano y del galego-asturiano, han a garantizar el dereto a conocelas y usalas». Nun terceiro apartao señálase que «úa lei da Xunta Xeneral ha a establecer os términos y ámbitos del uso oficial das linguas propias d’Asturias y ha a afixar as zonas d’uso predominante d’entrambas». Al cabo, nel último apartao d’esta proposta de redacción del artículo 4.º, afírmase que «ningúa persona vai poder ser discriminada en Asturias pola lingua que libremente escoya pra comunicarse», col que se destaca qu’el reconocemento da oficialidá pras linguas propias d’Asturias nun vai en contra dos deretos dos falantes de casteyano.

   Claramente, a proposta recoye ideas da regulación que se dá noutras comunidades como Navarra y Valencia pra os territorios unde nun se fala nin vasco nin valenciano, pro tamén del estatuto catalán y da súa Lei de Normalización, que trata en pé d’igualdá el catalán, falao en Cataluña por máis de dous millóis de personas, y el aranés, úa lingua occitana que falan non más de 3.000 personas nel Vale d’Arán.

   Máis aló del que pase cua súa tramitación parlamentaria y del resultao da votación, a proposta da XDLA supón un reto democrático pra os partidos que van levar el debate á Xunta Xeneral: ¿a redacción que van propoñer vai ser aparecida ou alomenos vai recoyer as aspiracióis igualitarias dos movementos de reivindicación lingüística das dúas linguas?
0 Comentarios1607 Lecturas

Normalización#561
Redacción
Administrador

Fecha 19/06/18 - 07:43:43 PM
http://www.falaviva.net/uploads/Villayoncapital.jpg


Apróbase a toponimia oficial de Villayón

   
   El Boletín Oficial del Principao d’Asturias (BOPA) publicóu este lúis 18 de xunio a toponimia oficial del conceyo de Villayón, que pasa a sustituír ás denominacióis oficiales anteriores pr’axeitalas ás formas tradicionales. El criterio que se sigue nel proceso de recuperación toponímica é el respeto á realidá lingüística de cada territorio, polo que nesta lista pódese ver qu’hai topónimos con úa ortografía diferente dependendo de que tían na zona del conceyo unde se fala asturiano occidental ou na parte que fala en galego-asturiano.

   A partir d’agora, «Ponticiella» pasa a ser Ponticella, «La Linera» xa é La L.liera, «Lendequintana» é oficialmente Llandequintá y «Candanosa de Solares» chámase como sempre se chamóu: As Candaosas. Trátase d'un proceso guiao pola intención de respetar un patrimonio como el da toponimia que sufríu úa deformación que foi escondendo a realidá da pronunciación popular, ben porque s'acasteyanóu artificialmente ou ben porque a forma documental arcaica que se perpetuóu pol uso administrativo xa nun era fiel á evolución lingüística que se deu en boca dos falantes.

   A pesar da normalidá del proceso, que primeiro levóu un trabayo de campo, úas reunióis da Xunta Asesora de Toponimia, el aprobación nel pleno municipal y el aprobación posterior en Conseyo de Goberno, nunca se pode saber qué vai pasar. Hai qu'esperar, como sempre que s'aprobóu dalgún espediente toponímico, se a dirección de dalgún periódico asturiano decide ou non crear úa polémica artificial cuas entrevistas y os titulares convenientes.

   Según señala el decreto d'oficialización, a partir d'agora as únicas formas oficiales son as que se publican nel BOPA y as administracióis tein qu'ir axeitando el uso y a rotulación a esa realidá legal nova.

   Na zona del galego-asturiano namáis quedan por aprobar os espedientes dos conceyos d’Eilao, Navia, Cuaña, Castripol, Ibias y Ayande.
0 Comentarios1627 Lecturas

Oficialidá#560
Redacción
Administrador

Fecha 04/06/18 - 09:57:19 PM
http://www.falaviva.net/uploads/Screenshot_8.jpg


Máis de 300 personas del Navia-Eo firman un escrito público pedindo un trato igualitario na oficialidá d’asturiano y galego-asturiano


   308 personas, col sou nome y a súa ocupación profesional, apoyan el escrito titulao “Por un trato igualitario na oficialidá d’asturiano y galego-asturiano”. Trátase d’úa mostra representativa da xente falante de galego-asturiano, tanto a que vive na zona como a que reside nel centro d’Asturias ou fora del país y que nun esqueice a súa terra y a súa lingua.

    A idea d'esta iniciativa nacéu nas últimas movilizacióis ciudadanas en favor da oficialidá entre personas vinculadas á defensa del galego-asturiano que se manifestaron nelas. Trátase, polo tanto, d'un documento que nun busca desviar el debate da oficialidá nin tampouco rebaxar os deretos dos falantes d'asturiano. Elaboróuse este escrito col única finalidá de brindar á sociedá asturiana y a os sous representantes políticos us elementos de debate qu'é imprescindible considerar al encarar cualquera redacción nova del artículo 4.º del Estatuto d'Autonomía.

     Apoyan el escrito alcaldes y conceyales (dalgús nun firman como tales, senón como particulares), sindicalistas, profesores, maestros, profesionales, artistas, ganadeiros, pensionistas, estudiantes... Al cabo, os máis dos firmantes son xente d'a pé que representan un sentir mayoritario que pide un trato igualitario pral estatus xurídico da súa lingua.

    Nel documento destácase que, a pesar de que'l galego-asturiano nun se cite nel Estatuto d'Autonomía, "a insistencia y el trabayo d’esplicación dentro del movemento cultural asturianista —y tamén entre a clas política—" da xente del occidente "deu como resultao en 1998 que na Lei del Bable/Asturiano por fin se señale qu’el galego-asturiano ten que ter el mesmo tratamento qu’el asturiano".

    Así y todo, al referirse á reforma del artículo 4.º del Estatuto d’Autonomía y esixir a oficialidá del asturiano, vén repetíndose "mecánicamente" a frase "y del galego-asturiano nel sou ámbito territorial". Nel documento qu’agora se presenta destácase qu'esa matización nun presta polas interpretacióis limitadoras ás que pode dar pé. Deféndese nel escrito úa cuestión democrática previa: "Os falantes das dúas linguas autóctonas d’Asturias, sían máis ou menos miles, tein que ter os mesmos deretos ciudadanos". Polo tanto, afírmase que "cualquera formulación nova del artículo 4.º tería que tratar en pé d’igualdá as dúas linguas". Nel documento señálase qu'a "realidá territorial del galego-asturiano nun pode ser obstáculo pra qu’a xente que lo fala se poda relacionar col Administración autonómica na súa lingua propia, máis condo miles d’estos falantes viven na zona central d’Asturias". Neste sentido, a espresión "nel sou ámbito territorial" vese como úa "limitación".

    Evidentemente, esplícase nel documento, sería "absurdo" que cua oficialidá se buscara normalizar el uso d'úa lingua nun territorio unde nun é propia, tanto nel caso del galego-asturiano na zona de fala asturiana como nel caso del asturiano na zona del Navia-Eo. Polo tanto, "úa formulación que declarara oficial el asturiano en toda Asturias y el galego-asturiano namáis nel sou ámbito territorial sería claramente desequilibrada y inxusta". El escrito propón que "tanto asturiano como galego-asturiano se declaren linguas oficiales en Asturias al pé del casteyano" y qu'úa lei posterior de Normalización regule "cuál é el territorio propio de cada lingua y cuál tería que ser el alcance del uso oficial, os ámbitos d’actuación en materia educativa, toponímica, audiovisual, de rotulación, d’uso institucional, etc.".

    El documento acaba esplicando qu'el obxetivo último da oficialidá "ten que ser poñer os medios pra remediar úa situación inxusta de minorización que pon en peligro a supervivencia d’un patrimonio único nel mundo, as linguas que se levan falando dende hai centos d’anos en Asturias: asturiano y galego-asturiano".
0 Comentarios1955 Lecturas

Amostrando 7 Artículos d´un total de 566 [ 1 2 3 … 81 ]
 Seguinte 7 »
Usuarios
Usuario:
Clave:
Perdín a mía Clave

Últimos 5 temas activos
Fecha 03/03/19 11:20:15 AM
» Memoria histórica
Por: Redacción Último post
Fecha 15/12/18 02:04:00 PM
» Literatura
Por: Redacción Último post
Fecha 13/12/18 04:50:02 PM
» Normalización
Por: Redacción Último post
Fecha 02/11/18 06:06:43 PM
» Literatura
Por: Redacción Último post
Fecha 14/10/18 01:02:07 PM
» Deretos lingüísticos
Por: Redacción Último post