Navegación Xeneral

Calendario
«Setembre 2023»
DoMaXoVe
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Encuesta
¿Qué habería que cambiar en Falaviva?
El diseño da páxina [301 v.]30.3%
A regularidá das publicacióis [135 v.]13.6%
A diversidá de temas das noticias [110 v.]11.1%
El concepto «blog-foro» [109 v.]11%
Outra cousa [337 v.]34%
Total de votos: 992

Eventos pra hoi
Nun hai eventos pra hoi

Estudios históricos#571
Redacción
Administrador

Fecha 25/09/21 - 04:45:59 PM
Xosé Miguel Suárez Fernández presenta Como augua de torbón

    El domingo 3 d’outubre, ás doce y media da mañá, preséntase nel Auditorio de Tapia el obra  Como augua de torbón. Guerra civil y represión franquista nel estremo noroccidental d'Asturias, de Xosé Miguel Suárez Fernández.
    El libro é el resultao de sete anos de trabayo del historiador tapiego combinando el estudio das fontes documentales escritas cua recoyida de testimonios orales dos familiares das víctimas. Precisamente, na presentación han a participar netos de dalgúas das víctimas mortales das que se fala nel llibro.
El obra presenta el contexto histórico da zona nos anos da Segunda República y dá dalgús apuntes sobre el movemento político y sindical local conceyo a conceyo. Tamén cunta dos poucos días en que funcionaron na zona os comités de guerra y del avance da columna del comandante golpista Ceano dende Galicia. Foron os dirixentes y afiliaos ás organizacióis d’esquerdas os que sufriron a represión posterior al ocupación del territorio noroccidental d’Asturias polas tropas rebeldes. Cítanse ún por ún todos os casos que se puideron localizar de personas asesinadas, fusiladas, mortas nel frente nas filas da República, presas, exiliadas, condenadas a batallóis de soldaos trabayadores ou escondidas. Na segunda parte del obra ofrécense cen biografías máis detalladas de dalgúas d’esas víctimas. En total, cuase 800 páxinas d’un recorrido por úa parte da historia del estremo máis occidental d’Asturias que taba por investigar d’un xeito sistemático.
0 Comentarios21976 Lecturas

Estudios históricos#570
Redacción
Administrador

Fecha 25/09/21 - 04:45:54 PM

[image=http://www.falaviva.net/uploads/cartel como augua de torbón.jpeg]
0 Comentarios22187 Lecturas

Estudios históricos#569
Redacción
Administrador

Fecha 25/09/21 - 04:45:51 PM

0 Comentarios21584 Lecturas

Nosoutros: os asturianos de terceira#568
Redacción
Administrador

Fecha 17/09/21 - 01:55:08 PM
Nosoutros: os asturianos de terceira
 
    El PSOE acaba de presentar al resto de grupos parlamentarios asturianos a súa proposta pra reformar el Estatuto d’Autonomía d'Asturias. Nese texto, al falar da oficialidá del asturiano, amécese esta frase pra referirse á nosa lingua propia, el galego-asturiano: “con un tratamiento similar para el eo-naviego (sic) en su exclusivo ámbito territorial".

    Lo primeiro que se pode ver é el cambio de nome del
galego-asturiano  pol d'eonaviego , cuestión que xa vimos denunciando os que levamos tanto tempo defendendo a dignificación da nosa lingua. Por certo, daquén pode diciryes que lo escribiron mal, anque, postos a inventar nomes, naide yes quita d'amecerye un guión y meter outra forma nova, eo-naviego, neste festival interminable d'ocurrencias.

    Lo segundo é a constatación da grave discriminación que con esta proposta sufre a ciudadanía del occidente que fala galego-asturiano. Nesa frase resulta evidente (el "exclusivo" déixalo ben claro) que se limita el uso del galego-asturiano al sou ámbito territorial, pro nun se limita del mesmo xeito el del asturiano, que podería ser oficial nos conceyos da nosa comarca.

    ¿En qué se vai traducir este planteamiento? ¿Ha poder usarse el galego-asturiano na Xunta Xeneral ou al relacionarse col Administración na capital asturiana? ¿Ou é qu'os nosos deretos acaban al pasar de Navia? ¿Cómo se ha traducir esa idea del ámbito territorial núas oposicióis? ¿El falante d’asturiano ha ter máis puntos se se presenta a úa praza nel Conceyo da Veiga? ¿Qué pasa se un vecín de Bual quer opositar a úa praza de funcionario nel Principao? Aquí nun sirve a búa voluntá. Anque úa Lei de Normalización ten qu'entrar despóis a falar d'estas cousas, nel Estatuto ten que quedar claro el estatus das dúas linguas propias d'Asturias. Por desgracia, todo parece indicar que lo que se quer consagrar é a discriminación dos falantes de galego-asturiano.

    Pro é qu’ademáis este planteamento rompe col concepto de “oficialidá amable” que promulga a FSA-PSOE dende hai tempo. ¿Cómo vai ser amable se deixa fora del xogo a úa parte importante del territorio asturiano? ¿Imos poñer el outro papo?

    Barbón, al que tanto ye gusta resaltar a súa asturianía con xestos simbólicos, carece con este planteamento da visión integradora que cualquer presidente debe ter, esqueicendo y marxinando al estremo occidental da súa comunidá.

    Pra nosoutros, que nos manifestamos tantas veces pola oficialidá al pé dos nosos compañeiros defensores del asturiano, é impensable qu’os que defenden esa lingua minorizada tían d'acordo en rebaxar os deretos dos falantes d'outra lingua autóctona minorizada.

    Os nosos representantes, tanto nel Parlamento asturiano como nos nosos conceyos, nun poden permitir este trato desigual. El Estatuto futuro ha reflexar as distintas realidades asturianas, sin discriminacióis, en pé d’igualdá.

    Nun yes podemos consentir, elos mesmos nun poden consentir, qu’úa visión parcial y partidista consagre na lei máis importante del Principao d’Asturias úa discriminación tal pra os habitantes del occidente. Nos partidos que tán negociando a reforma poñemos os oyos y a elos ha responsabilizar a historia. Nun é momento de tar calaos.

    Se hasta agora muitas veces y por motivos diversos nos temos considerao asturianos de segunda categoría, aprobar el Estatuto d'este xeito ha rebaxarnos inda máis de nivel.
0 Comentarios21941 Lecturas

Oficial: pro namáis un pouquín.#567
Redacción
Administrador

Fecha 23/01/21 - 02:34:03 PM
Oficial: pro namáis un pouquín 

    Dice a cántiga qu’el mundo sigue dando voltas, incluso en tempos d’esta desgraciada pandemia. Tampouco nun ten que ser d’outro xeito: a sociedá ten qu’avanzar, incluso nos peores momentos. Xa lo fixo noutras épocas.
   
    A luita pola oficilidá, con úa historia de máis de corenta anos, ten que seguir hasta el reconocemento d’ese dereto fundamental que recoye a Constitución nel sou artículo 3. Algún ha dicir que nun é el miyor momento pra esmolerse por esa cuestión, pro pra esos nunca ha ser el momento pra que desaparezca esa enorme inxusticia qu’el proceso autonómico creóu en Asturias.

    Hai úas semanas xuntaróse el presidente del Principao y el del Academia da Lingua Asturiana, anunciando qu’el proceso pra chegar al oficialidá había empezar este mesmo ano. Hoi día, na Xunta Xeneral as forzas favorables, ou que polo menos nun rechazan de frente a oficilidá, suman mayoría abonda prá reforma del Estatuto d’Autonomía.

    Nun parece que, se Barbón é fiel á promesa electoral que fixo, vaya deixar pasar esta oportunidá (é imposible garantizar que na lexislatura que vén esas formacióis sumen a mayoría necesaria). Pol momento, el presidente leva feito ben de xestos favorables ás linguas patrimoniales d’Asturias, tanto asturiano como galego-asturiano, se ben é verdá que nun tomóu medidas tendentes a reformar el Estatuto.

    Se é difícil a luita pola oficilidá del asturiano, máis difícil é a que temos que levar a cabo os falantes del galego-asturiano pra nun quedar marxinaos en todo este proceso. D’ei a importancia del momento.

    Hai anos qu’as organizacióis en defensa del asturiano asumiron qu’é inviable reinvidicar el dereto á oficilidá deixando de lao al galego-asturiano. Así y todo, el pouco peso demográfico dos conceyos máis occidentales pode derivar núa marxinación da nosa lingua con respecto al asturiano por parte dos lexisladores, y é algo que temos qu’evitar. Esa marxinación xa se dá nel Estatuto actual, que condo fala de lingua tradicional nin cita a nosa existencia.

    Se tamos falando de deretos fundamentales, tan dereto é qu’el asturiano sía oficial como qu’os falantes de galego-asturiano nun sufran marxinación. Nun se entenden propostas como a que nel 2018 presentaron IU y Podemos na Xunta Xeneral, con un asturiano lingua oficial en toda Asturias (incluindo os conceyos máis occidentales) y un galego-asturiano namáis oficial nel sou ámbito territorial, algo que deslexitima íntegramente el sou discurso.

    ¿Qué quería dicir esta proposta? ¿El galego-asturiano é lingua oficial ou non? ¿Ou é qu’é oficial, pro namáis “un pouquín oficial”? Se somos asturianos, a nosa lingua ha ser oficial en Asturias. É un dereto y nun lo poden negar.

    Nun se trata de qu’en todas as escolas ou institutos d’Asturias teñan qu’aprender galego-asturiano, nin que todos os conceyos teñan que ter un traductor de galego-asturiano… Nun iba ter xeito. Del que se trata é de reconocer a nosa lingua nel Estatuto como patrimonial en pé d’igualdá col asturiano. É un dereto fundamental.

    Na proposta que presentaron nel 2019 a Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana y a Plataforma pola Oficilidá del Galego-Asturiano articulábase a oficialidá d’outro xeito: “El asturiano y el galego-asturiano, como linguas propias d’Asturias tein, col casteyano, el carácter de linguas oficiales”, pra indicar despóis: “Úa lei da Xunta Xeneral vai afixar os términos y ámbitos del uso oficial das linguas d’Asturias y ha a establecer as zonas d’uso predominante d’entrambas”.

    D’este xeito, non solo s’otorga el reconocemento pleno á ciudadanía del estremo occidental d’Asturias, senón qu’ademáis señala úa lexislación especifica pra regular ese dereto, pensando na igualdá entre as dúas y non na existencia d’úa superior, qu’é el que fain os que reivindican al asturiano como oficial en toda Asturias y al galego-asturiano namáis nel sou ámbito.

    É hora de moverse. Nun se trata de tar en contra da oficialidá, senón d’aprovetar el momento pra darye volta a 40 anos de marxinación da nosa lingua. Nun temos qu’esperar a qu’outros lo fagan por nosoutros. Esta é a nosa batalla: entre todos y todas temos que ganala. El tren nun vai pasar máis veces.

FALAVIVA
23 de xeneiro del 2021
0 Comentarios26881 Lecturas

Memoria histórica#566
Redacción
Administrador

Fecha 03/03/19 - 11:20:15 AM
http://www.falaviva.net/uploads/cartelsilencio.jpg

A Veiga acoye a proyección d’El silencio de otros, ganadora del Goya á miyor película documental

    Chega al occidente asturiano a película documental El silencio de otros, qu’acaba de ganar el premio Goya na súa última edición y que cunta a historia de dalgús protagonistas da Querella Arxentina, a causa aberta nel país suramericano pra tentar de xuzgar alí os crimes da guerra civil y da dictadura franquista posterior. Vaise proyectar, con entrada libre, nel auditorio da Veiga este mércoles 6 de marzo ás oito da tarde.

    El silencio de otros recorre el nacemento y evolución d’esta querella internacional de relevancia histórica a través das esperiencias de víctimas da dictadura franquista que s’atreveron a romper el pacto de silencio qu’implicóu a chamada Transición y que se fixeron querellantes, incluíndo víctimas de torturas, padres y madres de nenos roubaos, y familiares que siguen luitando por recuperar os corpos dos sous seres queridos de fosas comúis repartidas por toda España. Na proyección han a tar presentes dous nembros da Comuna d’Asturias, a entidá asturiana que forma parte da Ceaqua, a Coordinadora estatal d’apoyo á Querella Arxentina. Son Manuel Amago, de San Tiso d’Abres, y Xosé Miguel Suárez, de Tapia, que levaron al consulao d’Arxentina en Madrid a denuncia dos casos de sous bolos respectivos, asesinaos polos falanxistas nos primeiros días despóis da chegada dos golpistas al occidente asturiano. Han a presentar a película y participar nel coloquio posterior col público.

    Col respaldo d’El Deseo, a productora dos irmaos Almodóvar y Esther García, a película trata cuestióis universales sobre cómo as sociedades afrontan procesos de transición á democracia y cómo os individuos encaran el silencio y luitan pola xusticia. A historia desenvólvese en España y en Arxentina, unde úa xueza se fexo cargo del caso basándose nel principio de xurisdicción universal. Este caso supón ademáis un xiro estraordinario, porque foi España el estao pioneiro en usar a xurisdicción universal contra el ex-dictador chileno Augusto Pinochet. Agora, é España a que se nega a xuzgar us crimes que sucederon nel sou territorio y ten que vir outro país a recordarye que, se ela nun lo fai, Arxentina ta obrigada a felo en aplicación d'ese principio.

    Filmada al largo de seis anos por Almudena Carracedo y Robert Bahar, con un estilo de cine directo y intimista, trátase d’úa película qu’emociona y que deixa con un nougo nel gorgoleiro a os espectadores. Pro tamén é un obra que fai pensar y axuda a entender el estao actual de cousas nel Estao español.

    Despóis del sou recorrido polas salas comerciales, El silencio de otros ta recorrendo toda a xeografía española y nel caso d’Asturias leva un tempo proyectándose por auditorios y casas de cultura dentro del programa Llaboral Cinemateca Ambulante, anque cualquer conceyo interesao pode solicitar a súa proyección na páxina web da película.
0 Comentarios41606 Lecturas

Literatura#565
Redacción
Administrador

Fecha 15/12/18 - 02:04:00 PM
http://www.falaviva.net/uploads/tapiapresentacion.jpeg

Presentóuse en Tapia el noveno númaro da revista Trabatel

   El augua y el vendaval qu’asopraba en Tapia na tarde d’este venres 14 de decembre nun botóu pr’atrás al publico qu’asistíu á presentación de Trabatel. Revista eonaviega de lliteratura. Tratábase da novena entrega d’esta publicación anual promovida pol Gobierno asturiano que nacéu pra valir d’escaparate da literatura feita en galego-asturiano.

   Na mesa tuveron presentes cuatro dos autores participantes na revista, ademáis del alcaldesa de Tapia, Ana Vigón, y el director xeneral de Planificación Lingüística, Fernando Padilla.  A presentación propúxose como úa lectura entre todos os asistentes pra ir sentindo bocadíos das colaboracióis literarias. Xosé Miguel Suárez, coordinador da revista, foi falando cos autores que taban na mesa, a tapiega Laura Amor, el naviego Christian Lanza, el cuañés Babel de Cal Cadete y el franquín Fredo de Carbexe, que tamén leron parte da súa creación pra Trabatel.

  As lecturas dende a mesa polos autores foron alternándose cuas dos escritores que nun poderon tar presentes, das que s’encargóu xente del público: Rafael Cascudo leu el empezo del relato de Cristóbal Ruitiña, igual que Xabiel G. Menéndez, presidente de Xeira, fexo col relato d’Ángeles Rodríguez Montañés, mentres que Cecilia Pérez, alcaldesa del Franco, leu un poema de Jandro de Queitano y Xosé Miguel Suárez leu el arranque del conto de Javier Fernández-Catuxo. El público, que seguíu mui interesao as lecturas y a parola cos escritores, pedíu a Ruth González, que leu un poema de Conchita Álvarez Lebredo interrumpido pola chamada d’un móvil sin amo, que volvese repetilo.

   Entre os asistentes, ademáis dos xa ditos, taban a fotógrafa Verónica Peláez Baniela, autora das fotos qu’ilustran a revista; Carmen Muñiz Cachón, responsable da Secretaría Lingüística del Navia-Eo, y autores en galego-asturiano como Emma Méndez, Aurora Bermúdez, Ricardo Saavedra ou Arturo Alvarez Tangueiro.
0 Comentarios40875 Lecturas

Amostrando 7 Artículos d´un total de 571 [ 1 2 3 … 82 ]
 Seguinte 7 »
Usuarios
Usuario:
Clave:
Perdín a mía Clave

Últimos 5 temas activos
Fecha 16/12/21 06:09:17 PM
» take my online quiz f...
Por: olgarikos Último post
Fecha 25/09/21 04:45:59 PM
» Estudios históricos
Por: Redacción Último post
Fecha 25/09/21 04:45:54 PM
» Estudios históricos
Por: Redacción Último post
Fecha 25/09/21 04:45:51 PM
» Estudios históricos
Por: Redacción Último post
Fecha 17/09/21 01:55:08 PM
» Nosoutros: os asturia...
Por: Redacción Último post