Navegación Xeneral
» Empezo
» Foro
» Buscar
» Enlaces
» Contacto

Calendario
«Mayo 2018»
DoMaXoVe
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Eventos pra hoi
Nun hai eventos pra hoi

Encuesta
¿Qué habería que cambiar en Falaviva?
El diseño da páxina
A regularidá das publicacióis
A diversidá de temas das noticias
El concepto «blog-foro»
Outra cousa
Enseñar resultaos

Foros » Novas » Novas » Obituariuo
  
Obituariuo
Redacción
Fecha 28/08/16 - 07:54:06 PM#1
Administrador

Activación: 05-Oct 06
Mensaxes: 286
http://www.falaviva.net/uploads/galanoobituario.jpg


Tamos máis solos. Fáltanos el Galano


   Escribimos estas renguileiras ás presas einda cuas maos trembando y un nougo nel gorgoleiro. Morréu el Galano. Dende hoi fáltanos Manuel García Sánchez, el Galano, Manolo Galano. Hai xente que deixa un recordo imborrable y el Galano ha a ser ún d’elos. Os que tuvemos a oportunidá y a sorte de tratalo saberán del que tamos falando. Nun imos a esqueicer as paroladas botadas con él, as súas anécdotas, a súa retranca y ese xeito de cuntar as cousas que pintaba que las taba redactando pra un conto. Un home bon, respetuoso, modesto, sempre disposto, búa xente al cabo.

   Nada del que dígamos agora ha a tar al altura del qu’él merece. Namáis queremos recordalo dende Falaviva pol sou exemplo. A supervivencia da nosa lingua, del galego-asturiano, precisa de muitas cousas, pro úa d’elas y fundamental é el compromiso, el agayo, el interés desinteresao por botar úa mao pra fer qu’esto medre ou alomenos que siga en pé. Y eso atopámolo nun home xa mayor, que podía ser el noso bolo. Condo hai seis anos ye ofrecemos al Galano colaborar con Falaviva escribindo articulíos breves sabíamos que nun s’iba a negar porque nél sempre encontráramos apoyo pra cualquera iniciativa. Y con nosoutros tuvo mentres a salú y as forzas acompañaron. Foi a mayor honra que pudemos ter.

   Pro el Galano tuvera ei sempre. Foi el primeiro qu’abríu camín y foi el decano das nosas letras. Primeiro escribindo d’emparzao teatro popular y máis tarde piyando él el testigo y a responsabilidá d’amañar obras pra os grupos de Tapia. Ei tán os sous Mareaxes tapiegos y Erguendo el telón. Ta ei dende que nacéu Xeira, ganóu el primeiro Premio Xeira de Narracióis Curtias y publicóu con ela a súa colección de contos Parzamiques. Tuvo ei condo botóu a andar a revista Entrambasauguas y tamén condo nacéu Trabatel, publicación unde precisamente deu a conocer os sous dous últimos poemas. Ei tán os sous libros Vento d’outono y Faraguyas pra recoyer el labor prosístico del Galano. Pro tamén tuvo con nosoutros condo se fexo el I Encontro d’Escritores na Veiga, unde recibíu el homenaxe del Goberno asturiano y el aplauso y el cariño de todos os que lo tíamos como referente y exemplo de compromiso cuas nosas letras. Hasta tuvo fendo verdegar os sous tempos de director teatral dando instruccióis a os que recreamos el primeiro acto de Xan Cabrito pral bookclip del libro sobre el Teatro Aldeano da Biblioteca Popular Circulante de Castripol.

   Nun imos falar del Galano músico nin d'outras facetas d'él máis personales. Recordamos sin máis qu'era académico d’Honra del Academia da Lingua Asturiana y qu'as súas palabras en galego-asturiano resuaron pra todos nosoutros con emoción nel Teatro Filarmónica. Recibíu el calor dos sous vecíos condo lo fixeron Fiyo predilecto de Tapia y ye organizaron un homenaxe qu’él nun quixo que se chamara d’ese xeito. Al cabo chamóuseye reconocemento, palabra que ye pintóu menos rimbombante pral qu’él pensaba qu’eran os sous méritos. El Galano era así.

   Manolo, descansa en paz. Imos a recordate sempre.
DesconectaoPerfilMensaxe Privao
Citar
  
Usuarios
Usuario:
Clave:
Perdín a mía Clave

Últimos 5 temas activos
Fecha 04/05/18 03:59:19 PM
» Música
Por: Redacción Último post
Fecha 03/05/18 09:41:07 PM
» Cultura
Por: Redacción Último post
Fecha 21/04/18 07:41:16 PM
» Deretos lingüísticos
Por: Redacción Último post
Fecha 31/01/17 04:46:42 PM
» Literatura
Por: corresponsal Último post
Fecha 14/12/16 05:54:37 PM
» Desenvolvemento
Por: corresponsal Último post