Navegación Xeneral
» Empezo
» Foro
» Buscar
» Enlaces
» Contacto

Calendario
«Mayo 2018»
DoMaXoVe
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Eventos pra hoi
Nun hai eventos pra hoi

Encuesta
¿Qué habería que cambiar en Falaviva?
El diseño da páxina [294 v.]39.1%
A regularidá das publicacióis [126 v.]16.8%
A diversidá de temas das noticias [108 v.]14.4%
El concepto «blog-foro» [108 v.]14.4%
Outra cousa [115 v.]15.3%
Total de votos: 751

Foros » Novas » Novas » Deretos lingüísticos
  
Deretos lingüísticos
Redacción
Fecha 21/04/18 - 07:41:16 PM#1
Administrador

Activación: 05-Oct 06
Mensaxes: 286
http://www.falaviva.net/uploads/mnaifestacionuvieo.jpg


Miles de personas piden a oficialidá nas cayes d’Uviéu


   El berro de ¡Oficialidá xa! volvéu resuar nas cayes da capital d’Asturias este sábado 21 d’abril. Miles de personas acudiron á convocatoria da Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana pra reclamar a oficialidá del asturiano y del galego-asturiano. Entre elas houbo tamén presencia de xente vida del estremo occidental, que parte d’ela levóu úa pancarta na cabeceira da movilización col eslogan de El gallego-asturiano, llingua oficial ¡agora! Al convocarse a manifestación, axina se movilizóu nas redes sociales úa Plataforma pola Oficialidá del Gallego-Asturiano que, col apoyo dos organizadores, asumíu el papel de difusores da convocatoria nel occidente asturiano. 

   A marcha, que salíu da Estación del Norte ás doce da mañá acabóu núa Praza da Catedral que quedóu pequena pra tanta xente como se xuntóu. Houbo presencia de partidos políticos da Xunta Xeneral (Podemos, Izquierda Unida y, pola primeira vez, PSOE) y tamén dos sindicatos principales (CC. OO., UXT, CSI, Suatea...), ademáis de xente del texido asociativo asturiano. Tamén houbo muitas familias con nenas y nenos pequenos, xuntadas detrás da pancarta qu’abría a manifestación. Pr’animar el ambiente festivo da movilización houbo dúas bandas de gaitas, úa en Sib abrindo todo el cortexo y outra en Do entre medias da marcha unde se puido ver a compoñentes del Trasno de Cuaña. Tamén participóu un centenar de pandereteiras que foron cantando un ramo con cuartetas alusivas á reivindicación del día. El metá d’elas, cantadas en galego-asturiano. Úa dicía: «Cantamos aquí en dúas llinguas que naceron nesta terra. Éche obrigación de noso qu’esas llinguas nun se perdan». Un sound system instalao derriba d’un camión y úa batucada animaron el bloque de mocedá que zarraba a manifestación. Condo a cabeceira enfilaba pola caye San Francisco camín da Praza da Catedral, a traseira da marcha inda taba na Estación del Norte.

   A actriz mierense María Cotiello foi a encargada de ler el manifesto da Xunta pola Defensa de la Llingua, unde se reclamóu que d’úa vez se resolva un problema de simples deretos ciudadanos que leva tanto tempo sin resolverse y que podía empezar a amañarse col marco xurídico que s’usa nel Estao español pra casos aparecidos noutras comunidades: a oficialidá. Nel discurso houbo úas palabras dedicadas al cambeo d’actitú da Federación Socialista Asturiana, que nel sou último congreso aprobóu  abrirse á oficialidá: «Queremos dar a benvida a os qu’hasta agora nun nos acompañaron nese camín y qu’empezan nestos meses a felo. Todas as forzas son necesarias pra qu’esa aspiración fructifique y, ademáis,  tamos convencidos de qu’ese mesmo paso tamén lo han a dar as que faltan. Iba ser un exemplo de responsabilidá y madurez porque é muito el que ta en xogo: naide pode tar en contra de poñer as bases legales pra qu’as linguas propias d’Asturias podan sobrevivir. Eso é el que busca felas oficiales».

   El discurso nun esqueicéu el outra lingua d’Asturias y as palabras dedicadas a ela, y lidas por Cotiello en galego-asturiano, recoyeron el aplauso del público qu’enchía a praza: «A nosa reivindicación básase nun principio democrático básico: a lei ten que tratar igual a toda a ciudadanía, fale a lingua que fale. Nun é aceptable qu’haxa ciudadanos de primeira y ciudadanos de segunda dependendo de qué lingua usen, del númaro de falantes ou da estensión del sou territorio. Y esas diferencias en deretos lingüísticos que sufrimos en Asturias, y que sempre denunciamos por inaceptables, nun podemos admitilas na nosa casa entre falantes das linguas propias d’esta terra. Hoi manifestáronse da mao, xuntos, xente que fala asturiano y xente que fala galego-asturiano. A normalidá lingüística tamén é eso: que conózamos, respetemos y apreciemos esta lingua na que tou falando agora, qu’é a lingua d’úa parte da población asturiana, a que nacéu nel estremo occidental. Y sentímola tan nosa como a del resto del territorio asturiano. Por eso pedimos el mesmo respeto legal pral asturiano que prá lingua que se fala nas veiras del Eo y el Navia. Nun podía ser d’outro xeito».

Proyecto 2018
Nun era a primeira vez qu’el galego-asturiano taba presente nas movilizacióis na capital asturiana porque a presencia dos defensores da oficialidá da nosa lingua xa é tradicional nas manifestacióis amañadas pola Xunta pola Defensa de la Llingua nel Día das Letras Asturianas. A ocasión era especial porque a convocatoria vía marcada polas circunstancias escepcionales del momento político. Se a historia da reivindicación lingüística sempre se desenvolvéu con úa presencia parlamentaria escasa na Xunta Xeneral de partidos defensores da oficialidá, nesta lexislatura dáse úa correlación de forzas que deixa qu’haxa abondos diputaos y diputadas como pra presentar á discusión a reforma del Estatuto d’Autonomía pra modificar el artículo 4.º y incluír a oficialidá del asturiano y del galego-asturiano. D’ei nacéu el Proyecto 2018, impulsao pola Xunta pola Defensa de la Llingua, pra tentar de qu’os partidos políticos favorables á oficialidá, alomenos Podemos y Izquierda Unida, desen ese paso agora que poden. Tanto el eslogan da manifestación, Agora, como el discurso final y as declaracióis dos portavoces da organización ciudadana insistiron en qu’esta é úa oportunidá histórica que se ten qu’aprovetar xa y que se pode fer nesta lexislatura. Entre medias d’este proyecto, chegóu el cambeo de postura da Federación Socialista Asturiana, tradicionalmente en contra da oficialidá, anque as diferencias entre a executiva nova d’Adrián Barbón y el grupo parlamentario socialista que sostén al Goberno actual presidido por Javier Fernández fain qu’el PSOE quira aprazar el asunto da oficialidá prá lexislatura que vén.

   Hai que destacar el papel protagonista que tuvo en todo momento a nosa lingua na manifestación y na difusión da convocatoria. Ademáis del ramo que cantaron as pandereteiras, úa das dúas cántigas que se lanzaron pra promover a movilización, «Agora», con letra de Pablo Texón, voces de Vito Álvarez y Xune Elipe, y música de Sergio Rodríguez, incluye úa parte final en galego-asturiano. Y en todas as notas de prensa y material de propaganda sempre se citaron en pé d’igualdá asturiano y galego-asturiano. Esto ta fendo qu’a repercusión da nosa lingua a nivel estatal, máis ben escasa, empece a ser mayor. En todas as crónicas da xornada aparecidas nos medios de comunicación estatales, como El País ou El Mundo, hai referencias al caso da reivindicación del galego-asturiano. Tamén el uso del galego-asturiano entre sindicatos y partidos é mayor: por exemplo, tanto Podemos como a CSI mandaron circulares bilingües en asturiano y galego-asturiano a os sous simpatizantes y afiliaos animándolos a participar na manifestación.

   Entre a xente del occidente que tuvo presente na manifestación había agayo pra seguir cua movilización: «Desta vai», dicíase. De momento, xa quedaron en volver d’aquí a quince días, á manifestación habitual del Día das Letras Asturianas, este venres 4 de mayo ás sete y media da tarde. Esperan cuntar con muita xente del occidente que nun puido tar d’esta volta. «Se nun participamos máis, despóis que nun se queixe a xente porque nun nos fain caso», atesaba ún dos manifestantes del occidente. Así y todo, entre os participantes había el convencemento de qu’el trato igualitario entre asturiano y galego-asturiano é un principio que chegóu pra quedarse nel movemento favorable á oficialidá.
DesconectaoPerfilMensaxe Privao
Citar
  
Usuarios
Usuario:
Clave:
Perdín a mía Clave

Últimos 5 temas activos
Fecha 04/05/18 03:59:19 PM
» Música
Por: Redacción Último post
Fecha 03/05/18 09:41:07 PM
» Cultura
Por: Redacción Último post
Fecha 21/04/18 07:41:16 PM
» Deretos lingüísticos
Por: Redacción Último post
Fecha 31/01/17 04:46:42 PM
» Literatura
Por: corresponsal Último post
Fecha 14/12/16 05:54:37 PM
» Desenvolvemento
Por: corresponsal Último post