Navegación Xeneral
» Empezo
» Foro
» Buscar
» Enlaces
» Contacto

Calendario
«Mayo 2021»
DoMaXoVe
      1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031     

Eventos pra hoi
Nun hai eventos pra hoi

Encuesta
¿Qué habería que cambiar en Falaviva?
El diseño da páxina [299 v.]37.8%
A regularidá das publicacióis [132 v.]16.7%
A diversidá de temas das noticias [109 v.]13.8%
El concepto «blog-foro» [108 v.]13.6%
Outra cousa [144 v.]18.2%
Total de votos: 792

Memoria histórica#553
Redacción
Administrador

Fecha 23/10/16 - 05:30:09 PM
San Tiso d’Abres vai fer homenaxe al sou alcalde republicano Clemente Amago, asesinao en 1936


   Este sábado 29 d’outubre, San Tiso d’Abres vai acoyer un homenaxe a Clemente Amago, alcalde del Conceyo nel ano 1936, que foi secuestrao y asesinao por falanxistas sin qu’a súa familia chegase a saber nunca únde ta enterrao.

    Oitenta anos despóis da súa desaparición, vecíos del conceyo y el Asociación prá Recuperación da Memoria Histórica fain úa convocatoria pra qu’amigos, vecíos, políticos, familiares d’outros alcaldes, poetas, músicos y quen quira achegarse participe nun acto pr’amostrar a súa solidariedá á familia. El programa d’actos previsto ábrese ás 11:30 horas, con úa recepción institucional na Praza del Conceyo, pra despóis seguir ás 12 horas na casa familiar dos Amago en Vilela de Baixo, unde vai haber intervencióis d’autoridades, representantes institucionales y amigos y vai inaugurarse úa placa conmemorativa. Ás dúas vai haber úa xanta d’hermandá nel polideportivo municipal, pra, máis tarde, alredor das cuatro, entregar us diplomas d’honra ás familias d’asesinaos y perseguidos del conceyo en 1936: Clemente Amago López-Villar (alcalde, desaparecido), Miguel Piñeiro García (conceyal, fuxido), Jesús Pérez Aenlle (conceyal, fuxido), Ramón Llenderrozos Pérez (conceyal, asesinao), José García Miranda (asesinao), Jesús Cigarrán Campos (asesinao).

Úa represión sistemática que sigue impune
Desque chegaron al estremo occidental asturiano as tropas golpistas procedentes de Galicia nos primeiros días d’agosto de 1936, desatóuse úa persecución a todos os que participaran nos conceyos del Frente Popular ou nos comités d’abastos ou de defensa que s’amañaran na zona despóis da noticia del golpe d’Estao de Franco. Naquelos primeiros meses, grupos de falanxistas apoyaos polas autoridades militares y municipales rebeldes perseguiron nas súas casas ou sacaron das cárceles a docías de personas pr’asesinalas impunemente.

    Posteriormente, desque cayéu el frente d'Asturias en outubre de 1937, centos de combatentes del occidente asturiano que volveron ás súas casas ou tentaron de fuxir por mar acabaron nas cárceles franquistas. A represión amazcaróuse de legalidá con xuicios militares sumarísimos en Lugo, Castripol, L.luarca, Uvieo ou Xixón sin ningúa garantía xurídica. Nelos fusilóuse a ben xente y outra acabóu muitos anos en prisión pol único delito de permanecer fieles al Goberno da República. Docías y docías d'asesinaos y executaos naquelos anos einda son recordaos en muitas casas del occidente asturiano polos sous familiares y vecíos, como pasa en todo el Estao español. Ben d'elos nin saben únde tán enterraos.

    El trabayo das asociacióis pola recuperación da memoria histórica leva fendo un gran labor pra reivindicar el sou recordo. Dende entoncias, a Xusticia española negóuse a xuzgar ou reconocer esos crimes y namáis en Arxentina ta aberta úa causa xudicial, a conocida como Querella Arxentina. Precisamente, el caso de Clemente Amago ta incluído na Querella despóis da denuncia presentada polos sous netos ante el Consulao d’Arxentina en Madrid.
0 Comentarios19413 Lecturas

Lingua:curso#552
corresponsal
Administrador

Fecha 12/10/16 - 01:15:17 PM
http://www.falaviva.net/uploads/fundacion.jpg


Empeza el VIII Curso de lingua y cultura del Navia-Eo


   El Oficina de Coordinación Cultural y Lingüística da Fundación Parque Histórico del Navia amañóu un ano máis el sou curso de lingua y cultura del Navia-Eo. El curso ha faere en Bual a os martes y xoves de cinco a oito da tarde entre os días 11 d'outubre y 24 de novembre.

   El curso incluye temas variaos como úa introducción á gramática y á sociolingüística del galego-asturiano, os oficios tradionales del Navia-Porcia, a literatura y a docencia ou a melecía popular, música tradicional, arquitectura y paisaxes postindustriales del Navia-Eo.

    D’emparzao el oficina vén faendo as actividades d’El Parque Histórico Fala, el última d’elas el pasao sete d'outubre en Navia col actuación del grupo Tuenda y a charla del investigador Xosé Miguel Suárez baxo el título Agrupacióis y músicos populares nel Navia-Eo.

    As prósimas actividades hanse a faer en Pezós este 15 d’outubre y han a ser úa charla de Xosé Antón Fernández Ambás sobre a música tradicional nel Navia-Eo y el actuación del grupo Mestura. Máis aló, xa nel mes de novembre, el castripoleño Arturo Álvarez Tangueiro ha a presentar en Villayón a súa novela Vida Maleva, actividá que s'ha a compaxinar coa esposición d’instrumentos tradicionales del Navia-Eo qu’amañóu el asociación de muyeres Virgen de los Dolores.
0 Comentarios19019 Lecturas

Obituariuo#551
Redacción
Administrador

Fecha 28/08/16 - 07:54:06 PM
http://www.falaviva.net/uploads/galanoobituario.jpg


Tamos máis solos. Fáltanos el Galano


   Escribimos estas renguileiras ás presas einda cuas maos trembando y un nougo nel gorgoleiro. Morréu el Galano. Dende hoi fáltanos Manuel García Sánchez, el Galano, Manolo Galano. Hai xente que deixa un recordo imborrable y el Galano ha a ser ún d’elos. Os que tuvemos a oportunidá y a sorte de tratalo saberán del que tamos falando. Nun imos a esqueicer as paroladas botadas con él, as súas anécdotas, a súa retranca y ese xeito de cuntar as cousas que pintaba que las taba redactando pra un conto. Un home bon, respetuoso, modesto, sempre disposto, búa xente al cabo.

   Nada del que dígamos agora ha a tar al altura del qu’él merece. Namáis queremos recordalo dende Falaviva pol sou exemplo. A supervivencia da nosa lingua, del galego-asturiano, precisa de muitas cousas, pro úa d’elas y fundamental é el compromiso, el agayo, el interés desinteresao por botar úa mao pra fer qu’esto medre ou alomenos que siga en pé. Y eso atopámolo nun home xa mayor, que podía ser el noso bolo. Condo hai seis anos ye ofrecemos al Galano colaborar con Falaviva escribindo articulíos breves sabíamos que nun s’iba a negar porque nél sempre encontráramos apoyo pra cualquera iniciativa. Y con nosoutros tuvo mentres a salú y as forzas acompañaron. Foi a mayor honra que pudemos ter.

   Pro el Galano tuvera ei sempre. Foi el primeiro qu’abríu camín y foi el decano das nosas letras. Primeiro escribindo d’emparzao teatro popular y máis tarde piyando él el testigo y a responsabilidá d’amañar obras pra os grupos de Tapia. Ei tán os sous Mareaxes tapiegos y Erguendo el telón. Ta ei dende que nacéu Xeira, ganóu el primeiro Premio Xeira de Narracióis Curtias y publicóu con ela a súa colección de contos Parzamiques. Tuvo ei condo botóu a andar a revista Entrambasauguas y tamén condo nacéu Trabatel, publicación unde precisamente deu a conocer os sous dous últimos poemas. Ei tán os sous libros Vento d’outono y Faraguyas pra recoyer el labor prosístico del Galano. Pro tamén tuvo con nosoutros condo se fexo el I Encontro d’Escritores na Veiga, unde recibíu el homenaxe del Goberno asturiano y el aplauso y el cariño de todos os que lo tíamos como referente y exemplo de compromiso cuas nosas letras. Hasta tuvo fendo verdegar os sous tempos de director teatral dando instruccióis a os que recreamos el primeiro acto de Xan Cabrito pral bookclip del libro sobre el Teatro Aldeano da Biblioteca Popular Circulante de Castripol.

   Nun imos falar del Galano músico nin d'outras facetas d'él máis personales. Recordamos sin máis qu'era académico d’Honra del Academia da Lingua Asturiana y qu'as súas palabras en galego-asturiano resuaron pra todos nosoutros con emoción nel Teatro Filarmónica. Recibíu el calor dos sous vecíos condo lo fixeron Fiyo predilecto de Tapia y ye organizaron un homenaxe qu’él nun quixo que se chamara d’ese xeito. Al cabo chamóuseye reconocemento, palabra que ye pintóu menos rimbombante pral qu’él pensaba qu’eran os sous méritos. El Galano era así.

   Manolo, descansa en paz. Imos a recordate sempre.
0 Comentarios19064 Lecturas

Noite Celta#550
corresponsal
Administrador

Fecha 05/08/16 - 11:45:40 PM
http://www.falaviva.net/uploads/rabizos.jpg


Celébrase na Veiga úa edición máis da Noite Celta



    El sábado 6 d'agosta vei celebrarse úa nova edición da Noite Celta da Veiga durante todo el día por todo el lugar.

   El festival vei empezar ás 13:00 h. na Praza del Conceyo col grupo de danza Dominic Graham School of Irish Dance. Lougo, ás 20:00 h. haberá un pasacaye pola vila col Grupo de Gaitas Eco das Minas da Pontenova y col Grupu de Folclor Astur Xaranéu d'Uvieo.

    A partir das 23:00 h. ha a dar comenzo a Noite Celta en sí, cos grupos Tuenda, Caldo y Os Rabizos, Quempallou y The Fatty Farmers, que van tocar toda a noite na praza.

    Esta é a primeira edición da Noite Celta da Veiga que ta composta íntegramente por grupos de música tradición ou folk y non con orquestas de festas de prao. Esta iniciativa ta tempo muita publicidá nos medios telemáticos de comunicación y a organización espera muita afluencia de público.
0 Comentarios19231 Lecturas

Llibro novo#549
corresponsal
Administrador

Fecha 05/08/16 - 11:35:31 PM
http://www.falaviva.net/uploads/13147455_10209759985783274_6228210226492128321_o.jpg


Publícase el llibro pra nenos Samalandrán. Isla de contos



    Ta acabao de publicar el llibro Samalandrán. Isla de contos pola editorial Trabe, úa traducción de Miguel Rodríguez Monteavaro del volume Samalandrán. Islla de lleendes, del avilesín Víctor Pintado Rey, «Vitu».

    En Samalandrán, un islía cerca d’Abiyés, viven Salia y Asur, úa parexa d’ayalgueiros que van vivir úa búa aventura con corsarios mui malos, tesouros escondidos, islas misteriosas y pergamíos con palabras sagradas...
Samalandrán é el isla misteriosa relacionada cos viaxes del mítico monxe irlandés, que nesta ocasión visita a marina cantábrica asturiana. Pro ademáis de recuperar esta llenda, esta hestoria quer resaltar dalgúas das nosas costumes máis antigas, como os reigaños populares da Pascua asturiana (a fumaza, os ovos pintos, as bollas) y el trabayo d’ir á escabezada.

    Esta nova publicación en gallego-asturiano supón úa bocuada d'aire fresco al panorama da lliteratura infantil nas nosas lletras pola seca de llibros pra pequenos que se ta dando últimamente. Ademáis,  Samalandrán. Isla de contos ten úa parte final con cuestióis de didáctica y propostas de trabayo pral sou uso nas escolas como material d'aula.
0 Comentarios17367 Lecturas

Obituario#548
corresponsal
Administrador

Fecha 08/07/16 - 01:48:34 PM
José María Bedia. In memoriam


   Na tarde del pasao mércoles 6 de xuyín morría na Casa Sacerdotal Diocesana d’Uviéu el que foi cura-párroco de Valdepares por máis de 50 anos, José María Bedia Bedia, conocido col alcuño de Motorín. José María foi un home mui apreciado y conocido na comarca, famoso polas súas inagotables anécdotas y chistes coas que sempre poñía úa sonrisa nel focico da xente.

   Bedia, párroco tamén de San Xuan de Prendonés, A Braña, Villalmarzo y Cartavio, deixa collaborao en varias ocasióis na revista Entrambasauguas; tamén ten escrito algúas obras de teatro y sainetes que foron representaos por ben de grupos de teatro aficionao nel Navia-Eo en multitú d’escenarios da nosa comarca.

   A súa última collaboración como escritor en gallego-asturiano déixanola recentemente nel llibro de relatos Que nun se perda nel aire, publicao neste 2016 con motivo da celebración da Semana das Lletras Asturianas.

   Dende Falaviva queremos xuntarnos al sentimento de pérdida pola súa falta.
0 Comentarios17643 Lecturas

Enseño#547
corresponsal
Administrador

Fecha 13/06/16 - 06:04:09 PM
http://www.falaviva.net/uploads/carteleuapuntome.jpg


Botóu a andar a campaña de matriculación nel asignatura de Galego-Asturiano


       El Administración educativa asturiana puxo en marcha a campaña de matriculación en Gallego-Asturiano pral curso que vén. Trátase d’úa campaña informativa con carteles y dípticos en asturiano y en galego-asturiano que se mandaron a todos os centros sostidos con fondos públicos del Principao d’Asturias. Pra os da zona unde se fala galego-asturiano mandáronse us específicos feitos nesta lingua.

    Na campaña esplícase que son muitas as razóis pr’aprender galego-asturiano: aumenta a competencia comunicativa, axuda a aprender outras linguas, sensibilízanos con outras realidades culturales y lingüísticas y enriquece  el noso conocemento y percepción del mundo. Nel cartel el eslogan é Eu apúntome. Pensa en futuro, pensa en gallego-asturiano. Nel díptico da campaña colaboraron cuatro profesionales del occidente que dan el sou testimonio personal y animan a matricularse nel asignatura.

    As fechas de matriculación nel asignatura en Primaria son del 13 al 21 de xunio y en Secundaria y Bachillerato, del 1 al 15 de xuyín.
0 Comentarios18602 Lecturas

Amostrando 7 Artículos d´un total de 567 [ 1 2 3 4 5 … 81 ]
« AnteriorSeguinte 7 »
Usuarios

Últimos 5 temas activos
Fecha 23/01/21 02:34:03 PM
» Oficial: pro namáis u...
Por: Redacción Último post
Fecha 16/05/19 09:12:19 PM
» Deretos lingüísticos
Por: Candalín Último post
Fecha 03/03/19 11:20:15 AM
» Memoria histórica
Por: Redacción Último post
Fecha 15/12/18 02:04:00 PM
» Literatura
Por: Redacción Último post
Fecha 13/12/18 04:50:02 PM
» Normalización
Por: Redacción Último post