Eventos pra hoi |
Nun hai eventos pra hoi |
|
|
|
Redacción Administrador
21/04/18 - 07:41:16 PM |
Miles de personas piden a oficialidá nas cayes d’Uviéu
El berro de ¡Oficialidá xa! volvéu resuar nas cayes da capital d’Asturias este sábado 21 d’abril. Miles de personas acudiron á convocatoria da Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana pra reclamar a oficialidá del asturiano y del galego-asturiano. Entre elas houbo tamén presencia de xente vida del estremo occidental, que parte d’ela levóu úa pancarta na cabeceira da movilización col eslogan de El gallego-asturiano, llingua oficial ¡agora! Al convocarse a manifestación, axina se movilizóu nas redes sociales úa Plataforma pola Oficialidá del Gallego-Asturiano que, col apoyo dos organizadores, asumíu el papel de difusores da convocatoria nel occidente asturiano.
A marcha, que salíu da Estación del Norte ás doce da mañá acabóu núa Praza da Catedral que quedóu pequena pra tanta xente como se xuntóu. Houbo presencia de partidos políticos da Xunta Xeneral (Podemos, Izquierda Unida y, pola primeira vez, PSOE) y tamén dos sindicatos principales (CC. OO., UXT, CSI, Suatea...), ademáis de xente del texido asociativo asturiano. Tamén houbo muitas familias con nenas y nenos pequenos, xuntadas detrás da pancarta qu’abría a manifestación. Pr’animar el ambiente festivo da movilización houbo dúas bandas de gaitas, úa en Sib abrindo todo el cortexo y outra en Do entre medias da marcha unde se puido ver a compoñentes del Trasno de Cuaña. Tamén participóu un centenar de pandereteiras que foron cantando un ramo con cuartetas alusivas á reivindicación del día. El metá d’elas, cantadas en galego-asturiano. Úa dicía: «Cantamos aquí en dúas llinguas que naceron nesta terra. Éche obrigación de noso qu’esas llinguas nun se perdan». Un sound system instalao derriba d’un camión y úa batucada animaron el bloque de mocedá que zarraba a manifestación. Condo a cabeceira enfilaba pola caye San Francisco camín da Praza da Catedral, a traseira da marcha inda taba na Estación del Norte.
A actriz mierense María Cotiello foi a encargada de ler el manifesto da Xunta pola Defensa de la Llingua, unde se reclamóu que d’úa vez se resolva un problema de simples deretos ciudadanos que leva tanto tempo sin resolverse y que podía empezar a amañarse col marco xurídico que s’usa nel Estao español pra casos aparecidos noutras comunidades: a oficialidá. Nel discurso houbo úas palabras dedicadas al cambeo d’actitú da Federación Socialista Asturiana, que nel sou último congreso aprobóu abrirse á oficialidá: «Queremos dar a benvida a os qu’hasta agora nun nos acompañaron nese camín y qu’empezan nestos meses a felo. Todas as forzas son necesarias pra qu’esa aspiración fructifique y, ademáis, tamos convencidos de qu’ese mesmo paso tamén lo han a dar as que faltan. Iba ser un exemplo de responsabilidá y madurez porque é muito el que ta en xogo: naide pode tar en contra de poñer as bases legales pra qu’as linguas propias d’Asturias podan sobrevivir. Eso é el que busca felas oficiales».
El discurso nun esqueicéu el outra lingua d’Asturias y as palabras dedicadas a ela, y lidas por Cotiello en galego-asturiano, recoyeron el aplauso del público qu’enchía a praza: «A nosa reivindicación básase nun principio democrático básico: a lei ten que tratar igual a toda a ciudadanía, fale a lingua que fale. Nun é aceptable qu’haxa ciudadanos de primeira y ciudadanos de segunda dependendo de qué lingua usen, del númaro de falantes ou da estensión del sou territorio. Y esas diferencias en deretos lingüísticos que sufrimos en Asturias, y que sempre denunciamos por inaceptables, nun podemos admitilas na nosa casa entre falantes das linguas propias d’esta terra. Hoi manifestáronse da mao, xuntos, xente que fala asturiano y xente que fala galego-asturiano. A normalidá lingüística tamén é eso: que conózamos, respetemos y apreciemos esta lingua na que tou falando agora, qu’é a lingua d’úa parte da población asturiana, a que nacéu nel estremo occidental. Y sentímola tan nosa como a del resto del territorio asturiano. Por eso pedimos el mesmo respeto legal pral asturiano que prá lingua que se fala nas veiras del Eo y el Navia. Nun podía ser d’outro xeito».
Proyecto 2018 Nun era a primeira vez qu’el galego-asturiano taba presente nas movilizacióis na capital asturiana porque a presencia dos defensores da oficialidá da nosa lingua xa é tradicional nas manifestacióis amañadas pola Xunta pola Defensa de la Llingua nel Día das Letras Asturianas. A ocasión era especial porque a convocatoria vía marcada polas circunstancias escepcionales del momento político. Se a historia da reivindicación lingüística sempre se desenvolvéu con úa presencia parlamentaria escasa na Xunta Xeneral de partidos defensores da oficialidá, nesta lexislatura dáse úa correlación de forzas que deixa qu’haxa abondos diputaos y diputadas como pra presentar á discusión a reforma del Estatuto d’Autonomía pra modificar el artículo 4.º y incluír a oficialidá del asturiano y del galego-asturiano. D’ei nacéu el Proyecto 2018, impulsao pola Xunta pola Defensa de la Llingua, pra tentar de qu’os partidos políticos favorables á oficialidá, alomenos Podemos y Izquierda Unida, desen ese paso agora que poden. Tanto el eslogan da manifestación, Agora, como el discurso final y as declaracióis dos portavoces da organización ciudadana insistiron en qu’esta é úa oportunidá histórica que se ten qu’aprovetar xa y que se pode fer nesta lexislatura. Entre medias d’este proyecto, chegóu el cambeo de postura da Federación Socialista Asturiana, tradicionalmente en contra da oficialidá, anque as diferencias entre a executiva nova d’Adrián Barbón y el grupo parlamentario socialista que sostén al Goberno actual presidido por Javier Fernández fain qu’el PSOE quira aprazar el asunto da oficialidá prá lexislatura que vén.
Hai que destacar el papel protagonista que tuvo en todo momento a nosa lingua na manifestación y na difusión da convocatoria. Ademáis del ramo que cantaron as pandereteiras, úa das dúas cántigas que se lanzaron pra promover a movilización, «Agora», con letra de Pablo Texón, voces de Vito Álvarez y Xune Elipe, y música de Sergio Rodríguez, incluye úa parte final en galego-asturiano. Y en todas as notas de prensa y material de propaganda sempre se citaron en pé d’igualdá asturiano y galego-asturiano. Esto ta fendo qu’a repercusión da nosa lingua a nivel estatal, máis ben escasa, empece a ser mayor. En todas as crónicas da xornada aparecidas nos medios de comunicación estatales, como El País ou El Mundo, hai referencias al caso da reivindicación del galego-asturiano. Tamén el uso del galego-asturiano entre sindicatos y partidos é mayor: por exemplo, tanto Podemos como a CSI mandaron circulares bilingües en asturiano y galego-asturiano a os sous simpatizantes y afiliaos animándolos a participar na manifestación.
Entre a xente del occidente que tuvo presente na manifestación había agayo pra seguir cua movilización: «Desta vai», dicíase. De momento, xa quedaron en volver d’aquí a quince días, á manifestación habitual del Día das Letras Asturianas, este venres 4 de mayo ás sete y media da tarde. Esperan cuntar con muita xente del occidente que nun puido tar d’esta volta. «Se nun participamos máis, despóis que nun se queixe a xente porque nun nos fain caso», atesaba ún dos manifestantes del occidente. Así y todo, entre os participantes había el convencemento de qu’el trato igualitario entre asturiano y galego-asturiano é un principio que chegóu pra quedarse nel movemento favorable á oficialidá. |
|
|
|
|
|
corresponsal Administrador
31/01/17 - 04:46:42 PM |
Preséntase na Veiga el séptimo númaro da revista Trabatel
Este venres 3 de febreiro, ás sete da tarde, na Sala d'esposicióis Luis Fega da Casa da Cultura da Veiga, vaise presentar Trabatel. Revista eonaviega de lliteratura. É el séptimo númaro d’esta publicación editada pola Conseyeiría d’Educación y Cultura. Os asistentes han a recibir como obsequio un exemplar da revista. Despóis da presentación vai haber un coloquio unde repasar a situación da literatura en galego-asturiano. El encontro vai tar moderao por Andrea González, técnica del Oficina de Coordinación Cultural y Lingüística da Mancomunidá Os Ozcos-Eo, y nél van participar os autores Fredo de Carbexe, Iván de Cazarón y Belén Rico Prieto, anque a idea é que sía un acto aberto ás intervencióis de todos os escritores y escritoras presentes, ademáis del público en xeneral. |
|
|
|
|
|
corresponsal Administrador
14/12/16 - 05:54:37 PM |
Buscando el camín nel Navia
Impúlsase úa senda pol valle del Navia que recorra los más de 150 km que separan el nacemento del río en Pedrafita do Cebreiro de la súa desembocadura nel Mar Cantábrico. El Navia, que nel sou día víu desaparecer centos de salmóis pola construcción de los saltos, vive hoi esmolecido pol sou presente, pos agora nun son pexes los que desaparecen, senón úa parte de los sous habitantes, que marchan pa nun volver.
La situación é tal que, mentras la parte baxa del valle mantén población pol puxo industrial y los servicios, nas partes media y alta vívese nun despoblamento continuo: el abandono del campo, la falta de trabayo y las malas comunicacióis tán mermando pouco a pouco úa conca na que xa nun é raro ver llugares enteros chíos de veyos, sin nenos, condo non abandonaos.
É neste contexto unde xurde úa proposta d’emparzao entre asociacióis y deportistas pa fer úa senda dende Pedrafita do Cebreiro a Navia que valia de revulsivo pal turismo, dinamice la zona y fixe población. Los reclamos son abondos: paisaxe, cultura, gastronomía…, se ben é verdá que búa parte de las esperanzas tán postas nel intención de comunicalla cola ruta xacobea: nel Camín Primitivo por Grandas, nel Francés polo Cebreiro y nel del Norte por Navia y Cuaña.
Nesta xeira, que xa vei dando pasíos pequenos, empezan a sumarse hosteleiros, además d’alcaldes asturianos y gallegos del valle, que ven na senda úa oportunidá de puer nel mapa los sous conceyos. |
|
|
|
|
|
corresponsal Administrador
31/10/16 - 05:50:56 PM |
Avances, queixas y proyectos novos
Empezao el curso novo, toca fer úa primeira valoración del mesmo, que vén marcao por algús avances, reivindicacióis veyas del profesorao y propostas novas por parte de la Conseyeiría d’Educación.
Avances Sin grandes variacióis na matriculación del alumnao, destaca el feito de que vei impartirse gallego-asturiano na escola d’Anlleo (Navia), cousa que nun se taba fendo hasta agora. Anlleo ta incluído nel CRA Álvaro Delgado con outras escolas con alumnao de fala asturiana. Tamén é positivo qu’á escola de Berducedo (Ayande) itinere el profesorao de Gallego-Asturiano de Grandas, y non el d’Asturiano de La Pola, como hasta agora. Outro pasín acertao ten que ver cola cola continuidá que se ye ta dando al Certame de Teatro Escolar, que tan bus resultaos ta dando entre los nenos, y que pasa de ferse cada dous cursos a fello todos.
Queixas Las principales reivindicacióis del profesorao xiran alredor de la precariedá cola que tenen qu’exercer el sou llabor: tamos falando del especialdá docente durmindo nun caxón del ministerio, de las medias xornadas como feito habitual ou del pouco apoyo a la publicación de los materiales preparaos nos grupos de trabayo. Outra queixa común ten que ver cola situación del escola de Luiña (Ibias), unde se sigue impartindo Asturiano, condo nun ta esta población en zona de fala asturiana senón na del gallego-asturiano. Proyectos Novos La Conseyeiría d’Educación comprometéuse por un llao a xeneralizar el oferta educativa del noso idioma na etapa d’Educación Infantil, cousa qu’a día de hoi nun pasa y que depende más de la búa voluntá del equipo directivo que d’outra cousa. Por outro, y como feito novedoso, puxo enriba de la mesa la posibilidá d’impartir como proyecto piloto un área del currículo usando como llingua vehicular el gallego-asturiano naquellas escolas con un alto porcentaxe de matriculaos nel idioma. Esta proposta, qu’inda nun ten prazos y de la que faltan por saber muitos detalles (área, docentes, formación…), pode darnos úa idea de se tamos ante la primeira pedra pa úa enseñanza trillingüe na nosa zona ou queda todo en fumo. El tempo dirá. |
|
|
|
|
|
Redacción Administrador
23/10/16 - 05:30:09 PM |
San Tiso d’Abres vai fer homenaxe al sou alcalde republicano Clemente Amago, asesinao en 1936 Este sábado 29 d’outubre, San Tiso d’Abres vai acoyer un homenaxe a Clemente Amago, alcalde del Conceyo nel ano 1936, que foi secuestrao y asesinao por falanxistas sin qu’a súa familia chegase a saber nunca únde ta enterrao. Oitenta anos despóis da súa desaparición, vecíos del conceyo y el Asociación prá Recuperación da Memoria Histórica fain úa convocatoria pra qu’amigos, vecíos, políticos, familiares d’outros alcaldes, poetas, músicos y quen quira achegarse participe nun acto pr’amostrar a súa solidariedá á familia. El programa d’actos previsto ábrese ás 11:30 horas, con úa recepción institucional na Praza del Conceyo, pra despóis seguir ás 12 horas na casa familiar dos Amago en Vilela de Baixo, unde vai haber intervencióis d’autoridades, representantes institucionales y amigos y vai inaugurarse úa placa conmemorativa. Ás dúas vai haber úa xanta d’hermandá nel polideportivo municipal, pra, máis tarde, alredor das cuatro, entregar us diplomas d’honra ás familias d’asesinaos y perseguidos del conceyo en 1936: Clemente Amago López-Villar (alcalde, desaparecido), Miguel Piñeiro García (conceyal, fuxido), Jesús Pérez Aenlle (conceyal, fuxido), Ramón Llenderrozos Pérez (conceyal, asesinao), José García Miranda (asesinao), Jesús Cigarrán Campos (asesinao).
Úa represión sistemática que sigue impune Desque chegaron al estremo occidental asturiano as tropas golpistas procedentes de Galicia nos primeiros días d’agosto de 1936, desatóuse úa persecución a todos os que participaran nos conceyos del Frente Popular ou nos comités d’abastos ou de defensa que s’amañaran na zona despóis da noticia del golpe d’Estao de Franco. Naquelos primeiros meses, grupos de falanxistas apoyaos polas autoridades militares y municipales rebeldes perseguiron nas súas casas ou sacaron das cárceles a docías de personas pr’asesinalas impunemente.
Posteriormente, desque cayéu el frente d'Asturias en outubre de 1937, centos de combatentes del occidente asturiano que volveron ás súas casas ou tentaron de fuxir por mar acabaron nas cárceles franquistas. A represión amazcaróuse de legalidá con xuicios militares sumarísimos en Lugo, Castripol, L.luarca, Uvieo ou Xixón sin ningúa garantía xurídica. Nelos fusilóuse a ben xente y outra acabóu muitos anos en prisión pol único delito de permanecer fieles al Goberno da República. Docías y docías d'asesinaos y executaos naquelos anos einda son recordaos en muitas casas del occidente asturiano polos sous familiares y vecíos, como pasa en todo el Estao español. Ben d'elos nin saben únde tán enterraos.
El trabayo das asociacióis pola recuperación da memoria histórica leva fendo un gran labor pra reivindicar el sou recordo. Dende entoncias, a Xusticia española negóuse a xuzgar ou reconocer esos crimes y namáis en Arxentina ta aberta úa causa xudicial, a conocida como Querella Arxentina. Precisamente, el caso de Clemente Amago ta incluído na Querella despóis da denuncia presentada polos sous netos ante el Consulao d’Arxentina en Madrid. |
|
|
|
|
|
corresponsal Administrador
12/10/16 - 01:15:17 PM |
Empeza el VIII Curso de lingua y cultura del Navia-Eo El Oficina de Coordinación Cultural y Lingüística da Fundación Parque Histórico del Navia amañóu un ano máis el sou curso de lingua y cultura del Navia-Eo. El curso ha faere en Bual a os martes y xoves de cinco a oito da tarde entre os días 11 d'outubre y 24 de novembre. El curso incluye temas variaos como úa introducción á gramática y á sociolingüística del galego-asturiano, os oficios tradionales del Navia-Porcia, a literatura y a docencia ou a melecía popular, música tradicional, arquitectura y paisaxes postindustriales del Navia-Eo.
D’emparzao el oficina vén faendo as actividades d’El Parque Histórico Fala, el última d’elas el pasao sete d'outubre en Navia col actuación del grupo Tuenda y a charla del investigador Xosé Miguel Suárez baxo el título Agrupacióis y músicos populares nel Navia-Eo.
As prósimas actividades hanse a faer en Pezós este 15 d’outubre y han a ser úa charla de Xosé Antón Fernández Ambás sobre a música tradicional nel Navia-Eo y el actuación del grupo Mestura. Máis aló, xa nel mes de novembre, el castripoleño Arturo Álvarez Tangueiro ha a presentar en Villayón a súa novela Vida Maleva, actividá que s'ha a compaxinar coa esposición d’instrumentos tradicionales del Navia-Eo qu’amañóu el asociación de muyeres Virgen de los Dolores. |
|
|
|
|
|
Redacción Administrador
28/08/16 - 07:54:06 PM |
Tamos máis solos. Fáltanos el Galano
Escribimos estas renguileiras ás presas einda cuas maos trembando y un nougo nel gorgoleiro. Morréu el Galano. Dende hoi fáltanos Manuel García Sánchez, el Galano, Manolo Galano. Hai xente que deixa un recordo imborrable y el Galano ha a ser ún d’elos. Os que tuvemos a oportunidá y a sorte de tratalo saberán del que tamos falando. Nun imos a esqueicer as paroladas botadas con él, as súas anécdotas, a súa retranca y ese xeito de cuntar as cousas que pintaba que las taba redactando pra un conto. Un home bon, respetuoso, modesto, sempre disposto, búa xente al cabo.
Nada del que dígamos agora ha a tar al altura del qu’él merece. Namáis queremos recordalo dende Falaviva pol sou exemplo. A supervivencia da nosa lingua, del galego-asturiano, precisa de muitas cousas, pro úa d’elas y fundamental é el compromiso, el agayo, el interés desinteresao por botar úa mao pra fer qu’esto medre ou alomenos que siga en pé. Y eso atopámolo nun home xa mayor, que podía ser el noso bolo. Condo hai seis anos ye ofrecemos al Galano colaborar con Falaviva escribindo articulíos breves sabíamos que nun s’iba a negar porque nél sempre encontráramos apoyo pra cualquera iniciativa. Y con nosoutros tuvo mentres a salú y as forzas acompañaron. Foi a mayor honra que pudemos ter.
Pro el Galano tuvera ei sempre. Foi el primeiro qu’abríu camín y foi el decano das nosas letras. Primeiro escribindo d’emparzao teatro popular y máis tarde piyando él el testigo y a responsabilidá d’amañar obras pra os grupos de Tapia. Ei tán os sous Mareaxes tapiegos y Erguendo el telón. Ta ei dende que nacéu Xeira, ganóu el primeiro Premio Xeira de Narracióis Curtias y publicóu con ela a súa colección de contos Parzamiques. Tuvo ei condo botóu a andar a revista Entrambasauguas y tamén condo nacéu Trabatel, publicación unde precisamente deu a conocer os sous dous últimos poemas. Ei tán os sous libros Vento d’outono y Faraguyas pra recoyer el labor prosístico del Galano. Pro tamén tuvo con nosoutros condo se fexo el I Encontro d’Escritores na Veiga, unde recibíu el homenaxe del Goberno asturiano y el aplauso y el cariño de todos os que lo tíamos como referente y exemplo de compromiso cuas nosas letras. Hasta tuvo fendo verdegar os sous tempos de director teatral dando instruccióis a os que recreamos el primeiro acto de Xan Cabrito pral bookclip del libro sobre el Teatro Aldeano da Biblioteca Popular Circulante de Castripol.
Nun imos falar del Galano músico nin d'outras facetas d'él máis personales. Recordamos sin máis qu'era académico d’Honra del Academia da Lingua Asturiana y qu'as súas palabras en galego-asturiano resuaron pra todos nosoutros con emoción nel Teatro Filarmónica. Recibíu el calor dos sous vecíos condo lo fixeron Fiyo predilecto de Tapia y ye organizaron un homenaxe qu’él nun quixo que se chamara d’ese xeito. Al cabo chamóuseye reconocemento, palabra que ye pintóu menos rimbombante pral qu’él pensaba qu’eran os sous méritos. El Galano era así.
Manolo, descansa en paz. Imos a recordate sempre. |
|
|
|
Amostrando 7 Artículos d´un total de 571 |
[ 1 2 3 4 5 … 82 ] |
|
« Anterior | Seguinte 7 » |
|
|