Navegación Xeneral
» Empezo
» Foro
» Buscar
» Enlaces
» Contacto

Calendario
«Agosto 2018»
DoMaXoVe
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031 

Eventos pra hoi
Nun hai eventos pra hoi

Encuesta
¿Qué habería que cambiar en Falaviva?
El diseño da páxina
A regularidá das publicacióis
A diversidá de temas das noticias
El concepto «blog-foro»
Outra cousa
Enseñar resultaos

Literatura: concurso#540
corresponsal
Administrador

Fecha 28/02/16 - 12:31:28 PM
El Conceyo de Castripol amaña un concurso de relatos pra mayores


   Nun panorama literario en galego-asturiano unde nun hai muitas aportunidades, hai qu’acoyer como merece el concurso qu’acaba de convocar el Conceyo de Castripol. Chámase Palabras Mayores y é un certame de narración curtia dirixido a personas de máis de 60 anos. Hai de prazo hasta el 31 de marzo pra presentarse.

   El tema dos relatos é libre y nelos poden cuntar vivencias, anécdotas, recordos ou historias reales o ficticias. Además d’en galego-asturiano, poden tar en casteyano. Son dúas as obras que como máximo pode presentar cada participante, sempre que nun pasen de tres folios por úa cara.

   El premio vai consistir nun diploma y un lote de libros, ademáis da publicación na web del Conceyo, y vai darse dentro dos actos da terceira edición del festival da ostra.

   As bases pódense descargar aquí.
0 Comentarios8177 Lecturas

Lingüística#539
Redacción
Administrador

Fecha 05/02/16 - 06:02:54 PM
Un artículo estudia dalgúas fronteiras lingüísticas nel Navia-Eo


    Nas últimas décadas aumentóu el interés pol estudio del galego-asturiano y eso supuxo un bon mañuzo de publicacióis en forma de libro y, as máis das veces, en forma d’artículo en dalgúa revista especializada. A evolución dos tempos trouxo tamén as revistas dixitales, que namáis publican as colaboracióis on-line. É el caso de Dialectologia, úa revista dirixida polos dialectólogos María Pilar Perea y Gotzon Aurrekoetxea que xa leva quince númaros y cinco publicacióis especiales.

    El último númaro especial incluye el artículo «The allomorphs of direct object clitic pronouns and their geolectal variation in western Asturias», firmao por Ramón d’Andrés, Fernando Álvarez-Balbuena, María Cueto, Miguel R. Monteavaro y Xosé Miguel Suárez, nembros del proyecto ETLÉN. A contribución trata sobre as variacióis que se producen na zona Navia-Eo nos pronomes personales d’obxeto directo según a súa posición con respecto al verbo (Xa lo vin, xa el vin, xa o vin; coméula, coméuna, coméua; rompello, rompelo; etc.).

Proyecto ETLÉN
El proyecto ETLÉN (Estudio da Transición Lingüística nel Eo-Navia) nacéu na Universidá d’Uvieo nel ano 2000 da mao d’un equipo dirixido pol profesor Ramón d’Andrés Díaz. É un estudio dialectolóxico na fronteira entre el galego-portugués y el astur-lionés nel estremo occidental d’Asturias. El sou obxetivo principal é medir esa fronteira con precisión. Pra eso fixéronse encuestas en 40 puntos, incluíndo a veira máis oriental de Lugo y el occidente del asturiano. En cada encuesta perguntábase por máis de 500 fenómenos (fonéticos y fonolóxicos, y de morfoloxía nominal y verbal) exemplificaos nus 2.600 ítems (palabras ou frases qu’os encuestaos tían que dicir na súa fala).

    Con muitos d’esos fenómenos pódese fer úa atribución según a resposta que se recoyera: ben considerala propia d’un dominio, ben d’outro, ben común a os dous ou ben propia namáis da zona fronteiriza. Dando us valores matemáticos a esas atribucióis, obténse el procentaxe d’occidentalidá, orientalidá ou axialidá del punto encuestao. Pra eso diseñóuse un programa informático, Cartodial, asociao a úa base de datos, col que se poden fer esas operacióis.

   D’entoncias pr’acó, son ben d’elos os artículos publicaos polos compoñentes del equipo, dalgús de tipo teórico, porque el proyecto ETLÉN presenta novedades como el término horiometría, neoloxismo discurrido pra definir a medición matemático-estadística d’úa fronteira lingüística. Pro, ademáis d’esas medicióis, el ETLÉN ten tamén un aspecto dialectográfico importantísimo porque d’esos estudios de campo salíu ben información sobre a variación lingüística da zona da que van dando conta dalgús artículos como este que publicóu a revista dixital Dialectologia.
0 Comentarios8297 Lecturas

Música: novo disco#538
corresponsal
Administrador

Fecha 27/01/16 - 05:43:27 PM
http://www.falaviva.net/uploads/guerra.jpg


Bacotexo saca A guerra dos mundos, el sou terceiro disco


   Despós de  A máquina del tempo (Boomerang Discos, 2008) y Homes invisibles (Boomerang Discos, 2011), Bacotexo publica agora A guerra dos mundos (Boomerang Discos), título del sou terceiro CD de rock cantao dafeito na lingua del Navia-Eo.

   A guerra dos mundos é un disco de rock conceptual, pos as 12 cancióis que lo compóin surden d'un relato homónimo que tamén s'edita xunto as lletras. Trátase da historia de maduración d'un rapaz da zona costeira del occidente d'Asturias nas décadas dos anos 80 y 90 del siglo pasao. El protagonista vese sempre núa lluita interior entre dous mundos: el rural y el urbano, el amor y a soledá, el arte y a incomunicación, a música y el silencio..., d'ei el título d'este trabayo.

    Os 12 temas, por tanto, correspóndense ordenadamente con 12 momentos cruciales del relato, erguen musicalmente a historia y enánchanla. Pra ello, a música escoye el tono axeitao al estao anímico del protagonista según lo que se vai cuntando. Pinta normal, asina, qu'os estilos rompan el corsé del rock y esploren outros carricovos sonoros, dende as armonías zeppelinianas al rock esperimental; dende os medios tempos pop al blues ou á balada acústica.

    Especial importancia cobran acó as colaboracióis de músicos como Pablo Canalís, Emilio Gutiérrez, Aníbal Menchaca, Ángel Ruiz y Sergio Rodríguez, qu'axudan a crear el ambientación das cancióis y que constrúin intros, interludios y extros que cohesionan a historia y el concepto global de A guerra dos mundos.

    El disco ta grabao en TUTU Estudios (Corvera) y el sou diseño foi feito por Toño Velasco, artista gráfico qu'ideóu varias ilustracióis partindo del relato y as lletras das cancióis.

    As presentacióis del CD vanse empezar fer en marzo del 2016. Pódense seguir as novedades del grupo na súa páxina de facebook.
0 Comentarios8536 Lecturas

Normalización#537
Redacción
Administrador

Fecha 23/01/16 - 11:10:28 AM
http://www.falaviva.net/uploads/calendario16.jpg


El Museo de Bellas Artes publica el sou calendario en galego-asturiano


   Como xa é avezo cada ano, el Museo de Bellas Artes d'Asturias pon á venta nas súa sede d'Uvieo el sou calendario de mesa. Y failo en tres linguas: casteyano, asturiano y galego-asturiano. Trátase d'un exemplo que tían que seguir outras institucióis públicas, y máis aquelas que tán asentadas nos conceyos eonaviegos, pro de momento namáis el Museo lo fai. Y que dure.

    Con úa estética ben cuidada, como corresponde a úa entidá como esta, el calendario del 2016 ta dedicao a úa disciplina artística como é a fotografía. Y failo amostrando obras del fotógrafo José Ramón Cuervo-Arango (Xixón, 1947). As súas creacióis céntranse na interpretación da luz, qu'é a qu'amaña a imaxe y qu'é a esencia del labor fotográfico. El motivo principal d'este fotógrafo é a naturaleza, dando asenso al qu'él chama sitos máxicos, exemplos plenos d'harmonía y guapura.
0 Comentarios8348 Lecturas

Enseño#536
Redacción
Administrador

Fecha 22/01/16 - 06:25:25 PM
http://www.falaviva.net/uploads/diadasciencias.jpg


Publícase el libro cos materiales didácticos del VI Día das Ciencias Asturianas


   Nun panorama como el del galego-asturiano, con tan poucas publicacióis, hai que reseñar a edición del libro bilingüe VI Día de les Ciencies Asturianes / VI Día das Ciencias Asturianas. Trátase d’úa edición non venal qu’edita a Conseyeiría d’Educación y Cultura y que se pode descargar en PDF na súa web. 

    A Dirección Xeneral de Planificación Lingüística y Normalización amaña cada ano el Día das Ciencias Asturianas, col obxetivo de fomentar dende a óptica das llinguas minorizadas d’Asturias el uso responsable da ciencia en beneficio da sociedá. Nel 2015, col lema Meteoroloxía y releve en Asturias, houbo úa conferencia del xeólogo Pedro Farias y un encontro del meteorólogo David Arango cos alumnos nel Teatro da Laboral.

    Amañáronse amáis úas unidaes didácticas pra Primaria y pra Secundaria sobre meteoroloxía que trabayaban dende as competencias llngüísticas y literarias hasta as tecnolóxicas, pasando polas sociales. Todos os materiales fixéronse tanto en asturiano como en galego-asturiano. El libro recoye núa edición bilingüe esas unidades.
0 Comentarios8175 Lecturas

Normalización: ordenanzas#535
Redacción
Administrador

Fecha 10/01/16 - 05:25:25 PM
El Conceyo da Veiga aproba as primeiras ordenanzas pral uso del galego-asturiano


    El Conceyo da Veiga aprobóu nel último pleno del ano 2015 as ordenanzas pral uso del galego-asturiano nel consistorio, dando un paso máis nos avances normalizadores qu’os sous responsables vían demostrando nos últimos meses (publicación del Axenda Cultural en galego-asturiano y uso oral d’esta lingua nas declaracióis a os medios de comunicación, entre outros).

    El aprobación das ordenanzas marca un punto y aparte neste proceso en toda a contornada, y  fai da Veiga el primeiro conceyo en regular y ordenar el uso da nosa lingua nel administración local. Ademáis de velar polos deretos máis básicos dos falantes, as ordenanzas tein un afán normalizador y normativizador grande, con intencióis como publicar os bandos, impresos, folletos, etc. en galego-asturiano y casteyano, coa posibilidá de qu’ese mesmo bilingüismo s’use pra normativas del conceyo ou d’entidades conceyiles ou en comunicacióis con outras administracióis.

    Entre os aspectos máis destacados da ordenanza (y que nun derivan da Lei d’Uso y Promoción del Bable/Asturiano y polo tanto nun esixen el bilingüismo) tán a voluntá de qu’os cargos públicos del conceyo usen el galego-asturiano tanto na Veiga como fora d’ela condo falen por razon del cargo que representan. Tamén se ten en conta a necesidá de cursos pral personal municipal, qu’ha a levar a cabo el Servicio de Normalización Lingüística, que tamén ha a ser quen s’encargue das traduccióis que ye pidan.

    El aceptación por parte das administracióis locales de textos en galego-asturiano era xeneralizao nos conceyos del Navia-Eo, pro taba sin desenvolver ningúa normativa nese sentido. Pol demáis, é conocido el uso tan escaso del galego-asturiano que fain os rexidores locales (a mayoría d’elos falantes de galego-asturiano, pro a os qu’el cargo parece casteyanizar) nas súas intervencióis públicas y a inexistencia de publicacióis en galego-asturiano por parte dos conceyos. 

   El ordenanza desenvolta na Veiga busca faer frente a todas estas omisióis y promocionar y normalizar el uso da nosa lingua, anque muitas das accióis matízanse coa frase «na medida del que seña posible». Del mesmo xeito, garantízayes a os falantes os sous deretos máis fundamentales, qu’hasta agora nun taban recoyíos nayundes.
0 Comentarios8508 Lecturas

Outono en Bual#534
corresponsal
Administrador

Fecha 24/11/15 - 12:35:29 PM
http://www.falaviva.net/uploads/Cartel.jpg



El VIII Outono en Bual programa ben actividades prá ponte de decembre



    As xornadas culturales conocidas como Outono en Bual que s’han a celebrar en Bual (Asturias) entre el venres 4, el sábado 5 y el domingo seis de decembre, pechan el cartel d’este 2015 con abondos concertos, conferencias, talleres, gastronomía, esposicióis y dalgúa qu’outra sopresa prá xente asistente.
    El venres 4, a xornada vei empezar ás 20:00 en Helenias, el local da Frieira xa mítico en Bual unde el ano pasao se celebraron os concertos del Outono. A esta hora, vei ferse a presentación das xornadas y un magosto pra todos os que quiran ir. Este magosto vei ter dúas partes: a primeira, úa representación teatral costumista a cargo del Grupo de Teatro Pico de Faro da Roda (Tapia) que vei llevar por título É así a vida. É a primeira vez en más de 20 anos que se volve fer teatro en Helenias, polo qu’é úa ocasión ben especial. Seguido d’esto, van actuar el grupo de gaitas Os Pampirolos de Grandas, conxunto que lleva xa participando varios anos nel Outono y que nun cansa a os sous seguidores.
    Pral sábado 5, a xornada vei tar mui concurrida, xa que dende a mañá vei haber ben actividades, que s’han a prolongar hasta entrada a noite. Ás 11:30 vei xugarse nel Polideportivo de Bual a ún dos dos deportes tradicionales que más se xugaba na zona cantábrica da Península Ibérica, a biyarda. Este ano vamos contar col I Trofeo Villa de Bual de Biyarda, unde se van enfrentar as seleccióis de Galiza y d'Asturias. Esto é un verdadeiro luxo pra un conceyo como Bual, qu’anque conte con úa asociación de deportes tradicionales, esta nun recibe sempre todo el apoyo que debería. El mesmo sábado, ás 17:30, Llorián García vei presentar a súa esposición fotográfica, que vei tar colgada na Casa da Cultura durante todo el que dure el Outono. Esta esposición lleva por título Re-condiciones, úa reflexón da música tradicional asturiana dende el punto de vista das investigación d’este musicólogo. A parte deportiva del VIII Outono en Bual vei zarrarse ás 16:00 con un taller sobre deportes tradicionales a cargo de Carlos Suari y Alejandro López, dous personaxes relevantes pola súa militancia al hora de recuperar xogos y tradicióis deportivas asturianas.
    Llougo d’este taller, ás 18:00, na mesma Casa da Cultura, Arturo Iglesias Martínez y Jesús García Albá van fer un charla-taller con título A torneiría nel occidente d’Asturias, un repaso teórico y práctico sobre a torneiría, úa forma propia d’entender el trabayo en madera.
Despóis da xornada de tarde, el Asociación Xuvenil Mezá ha a ter preparada a cía. Este ano, y despóis del éxito das edicióis anteriores, vei haber un comedor popular nel que se van poder degustar productos del país y da terra ben cociaos. Haberá menú «omnívoro» y vexetariano pra todos os gustos y os vales han a poder comprarse durante todo el Outono a un precio colaborativo de 10 euros.
    Pr’acabar el día, ás 23:30, van empezar os concertos nel Helenias da Frieira de Bual. Os primeiros en tocar van ser N’Arba, antigo grupo del frontman Xosé Ambás, que vein a Bual a fer as delicias del público. Despóis, ún dos pratos fortes del ano pasao que repite este ano ha a ser el grupo gallego Chotokoeu, que vén de dar úa xira por toda Europa y que remata en Bual el sou periplo continental pra presentar el sou novo disco Sair a voar. El último grupo da noite vei ser La Tarrancha, conxunto de pachanga-ska-folk asturiano que vén a Bual pra presentar un trabayo novo, Elefantes na cacía.
    El domingo, xa pr’acabar col intenso VIII Outono en Bual d’este 2015, vei ferse na Praza da Iglesia un homenaxe a os músicos tradicionales del conceyo ás 12:30, unde han a tar presentes dellos instrumentistas y cantadores da música del país que fixeron tanto polas tradicióis culturales del occidente asturiano y que necesitaban ser reconocidos públicamente. Han a recibir un homenaxe en forma d’úa placa conmemorativa nel centro da villa bualesa.
    A esto, hai que xuntar a novedá da rifa d’úa cesta de productos del país, tanto alimenticios como d’artesanía. As participacióis tán vendéndose y volando nos bares da villa de Bual y el sorteo vei ser el día 6 de decembre. A cesta conta con productos das empresas Embutidos Pico de Fiel, Queixeiría d’Abredo, Queisos Ca Sanchu, Cosmética Terraveya, Cerveza Caleya, Güerta El Nocéu, Artesanía Verdenaz, discos y llibros en gallego-asturiano, ovos de Pitasana, botellas de La Boalesa, productos de Casa Severón de Navia y muitas cousas máis.
Cumple este mini-festival autoxestionao de música, gastronomía, arte y lliteratura oito anos, dende qu’alló pol 2008 organizara en Bual el Asociación Xuvenil Mezá úas modestas actividades col nome d’Outono Cultural. El fin d’este proyecto é motivar y dar un pouco de vida al occidente asturiano y, sobre todo, espertar as mentes d'aquellos que pasan el día delantre da televisión y da cultura institucional. Tamén, este evento quer ser un acto de reivindicación das dúas llinguas tradicionales d'Asturias, el asturiano y el gallego-asturiano, y por esta razón faise tresversal el uso d’ellas nas xornadas, así como a posta en valor da cultura del país y da súa evolución nel siglo XXI, llonxe d’esteriotipos y de clichés impostos por ningún dogma oficial.
    Os actos van ser de baldre. A cultura asequible pral público é a base da filosofía del Asociación Xuvenil Mezá, que xa conseguíu afianzarse y ferse un furaco dentro das entidades organizadoras d’eventos de relevancia cultural en Asturias.



PROGRAMA VIII OUTONO EN BUAL

Venres 4 de decembre
20:00. Magosto cos Pampirolos de Grandas y el obra É así a vida, pol Grupo de Teatro Pico de Faro da Roda (Tapia)

Sábado 5 de decembre
11:30. I Torneo Villa de Bual de Biyarda
12:30. Presentación da esposición fotográfica Re-condiciones de Llorián García
16:00. Taller de deportes tradicionales con Carlos Suari y Alejandro López
18:00. Charla-taller: A torneiría nel occidente d’Asturias, con Arturo Iglesias y Jesús García Albá
20:45. Cía popular (con reserva)
23:30. Concertos: N’Arba + Chotokoeu + La Tarrancha

Domingo 6 de decembre
12:30. Homenaxe a músicos tradicionales del conceyo de Bual
   





Contacto del organización: mezabual@gmail.com ou eloutono@gmail.com
0 Comentarios8435 Lecturas

Amostrando 7 Artículos d´un total de 561 [ 1 2 3 4 5 6 … 81 ]
« AnteriorSeguinte 7 »
Usuarios
Usuario:
Clave:
Perdín a mía Clave

Últimos 5 temas activos
Fecha 19/06/18 07:43:43 PM
» Normalización
Por: Redacción Último post
Fecha 04/06/18 09:57:20 PM
» Oficialidá
Por: Redacción Último post
Fecha 04/05/18 03:59:19 PM
» Música
Por: Redacción Último post
Fecha 03/05/18 09:41:07 PM
» Cultura
Por: Redacción Último post
Fecha 21/04/18 07:41:16 PM
» Deretos lingüísticos
Por: Redacción Último post