Navegación Xeneral
» Empezo
» Foro
» Buscar
» Enlaces
» Contacto

Calendario
«Agosto 2020»
DoMaXoVe
      1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031     

Eventos pra hoi
Nun hai eventos pra hoi

Encuesta
¿Qué habería que cambiar en Falaviva?
El diseño da páxina
A regularidá das publicacióis
A diversidá de temas das noticias
El concepto «blog-foro»
Outra cousa
Enseñar resultaos

Ría del Eo#48
Redacción
Administrador

Fecha 26/03/08 - 08:47:14 PM
http://www.falaviva.net/uploads/pay-5_023.jpg

Castripol nel ano 1903


El Ministerio de Fomento aproba el nome de Ría de Ribadeo pral esteiro del Eo


   
    A Comisión Xeográfica Nacional del Conseyo Superior Xeográfico, organismo que depende del Ministerio de Fomento aprobóu a semana pasada a denominación de Ría de Ribadeo pral esteiro del río Eo. De miga valiron as evidencias históricas en forma de fotografías, decretos lexislativos, artículos de prensa, etc.... que se deron a conocer nos últimos tempos. Tampouco as encuestas que fixo a Xunta Asesora de Toponimia del Principao d'Asturias, mesmo en terras galegas, unde se recoye un uso mayoritario del topónimo Ría del/Ría do Eo nas dúas ribeiras da Ría.

    De nada nos sirve conocer a Ría como Ría del Eo dende que nacimos, dende que nolo dixeron os nosos padres... Agora un grupo de xente de Madrid quer que ye chamemos d'outro xeito.

   Desconocese qué nivel d'información sobre estos datos ten a Comisión, unde actúa como vicepresidente el Director Xeneral del Instituto Xeográfico Nacional Alberto Sereno Álvarez, qu'é natural de Tui (Pontevedra), pra tomar úa decisición tan importante como esta qu'ha a afectar al nome da Ría en todos os ámbitos. Mui seguros deben tar de qu'el toponimo Ría del Eo é un invento pra nun dar ningúa posibilidá al nome tradicional.

Poucas reaccióis

   De momento, nel lao asturiano nun hai reaccióis. Ningún responsable político del Principao informóu das medidas que pensan levar a cabo al efecto y os pragmáticos alcaldes da zona andan máis esmolidos pol saniamento (del que naide nega a importancia) que pol nome.

    Os únicos que dixeron algo hasta a fecha foron os  representantes del Academia da Lingua Asturiana en declaracióis unde destacan a pouca obxetividá da Comisión. Tamén el Asociación Cultural Rapalacóis remitíu un informe de máis de cincuenta páxinas al organismo, y anuncia que lo ha a mandar á Delegación de Goberno en Asturias, al Goberno del Principao y a os Grupos Parlamentarios da Xunta Xeneral.
2 Comentarios27444 Lecturas

Literatura: novo libro#47
corresponsal
Administrador

Fecha 17/03/08 - 04:27:15 PM
http://www.falaviva.net/uploads/trinquilintainas-falaviva.jpg


Aurora García Rivas publica el poemario «Trinquilintainas»


    A escritora máis prolífica nos últimos anos da literatura eonaviega, Aurora García Rivas (A Antigua, San Tiso d’Abres, 1948), acaba de publicar el sou último poemario: «Trinquilintainas» (Trabe, 2007). Según atesa na portada, os sous paisaxes, os tópicos de sempre, a súa infancia y muito del sou presente, tán nél. Son corenta y dous poemas estremaos en dúas partes, «O tempo dos álamos» y «O tempo dos cipreses».
    Volvendo ás palabras da poeta, «o caso é volver ás primeiras palabras aprendidas pra que nun esquenzan alomenos no corazón. Volver a elas e atopalas cheas da mesma forza, da mesma tenrura, da mesma guapa música qu’o Eo, peregrín de terras sin fronteiras, río encantado dunde os haxa, lles puxo pra cantar e tamén pra chorar se fixera falta».
    Aurora García Rivas, ademáis da súa producción en castellano, ten publicao en galego-asturiano el libro de poesía «O viaxeiro da noite» (Trabe, 2004) y el de contos «Contos, ducia e media d’eles» (Trabe, 2007), ademáis de ser responsable del antoloxía «Na boca de todos» (Conceyo da Veiga, 2007). Tamén hai pouco publicóu el libro infantil «Cinco contos pra xogar coa música» (Trabe, 2007), del lougo imos a dar noticia.
1 Comentario27578 Lecturas

Música:normalización#46
corresponsal
Administrador

Fecha 27/02/08 - 03:19:10 PM
http://www.falaviva.net/uploads/dulcamara-fala.jpg

Úa cántiga en galego-asturiano gana el Premio al Miyor Cantar da Conseyeiría de Cultura

    El xurao del Premio al Miyor Cantar que convoca a Conseyeiría de Cultura y Turismo,  núa gala feita en Mieres el xueves 21 de febreiro pasao, escoyéu el tema «Nosh», del grupo de pandereteiras Dulcamara, como a miyor cántiga de todas as editadas en 2007 en asturiano y galego-asturiano, pola súa calidá literaria y musical, ademáis de pol procuro nel tratamento del idioma. A letra, firmada por úa das pandereteiras, Carmen Trevías, ta escrita en galego-asturiano. Carmen é de familia da Caridá y sempre usa el galego-asturiano condo presenta al sou grupo nos concertos.
     Dulcamara é un grupo de seis pandereteiras que se decidiron a xuntarse pr’anovar y actualizar el reportorio de música tradicional con pandereta. El sou primiero trabayo discográfico, "¡Sali, l.luna!" (L'Aguañaz, 2007) supuxo úa revolución nel mundo da música tradicional en Asturias.
Os outros cuatro finalistas participaban con úa cántiga en asturiano: Anabel Santiago, con «Poema inacabáu»; Esther Fonseca, con «Negra»; Skanda, con «Na mio barca», y Soncai System, con «Soncai».
    A directora xeneral de Promoción Cultural y Política Lingüística, Consuelo Vega, y el alcalde de Mieres, Luis María García, entregaron ás compoñentes de Dulcamara a escultura del premio, «La payarina 7», úa obra del artista María Xesús Rodríguez que, por certo, tamén ten orixe na zona, porque parte da súa familia é de Viyadún (Castripol).
    Na páxina web de Publicaciones Ámbitu pódese sentir a cántiga ganadora acompañada d'un vídeo col animación que se proyectóu na gala mentres Dulcamara actuaba.
3 Comentarios29945 Lecturas

Publicacióis:calendario#45
corresponsal
Administrador

Fecha 21/02/08 - 08:03:40 AM
http://www.falaviva.net/uploads/calendario.jpg

El Museo de Bellas Artes edita el sou calendario tamén en galego-asturiano

    Presentóuse nel mes de xeneiro el calendario del Museo de Bellas Artes d’Asturias pral ano 2008. El calendario ta dedicao al dibuxo nos siglos XIX y XX, con trece reproduccióis d’obras del fondo del Museo. Son dibuxos de pintores como Jenaro Pérez Villaamil, Federico de Madrazo, León y Escosura, Valle, Piñole ou Luis Fernández. A novedá da edición foi que, d’esta volta, fixéronse tres versióis: úa cos textos en castellano, outra en asturiano y outra en galego-asturiano.
    A primeira tirada en galego-asturiano, que ta á venta nel propio museo,  xa s’acabóu y nestos días chegóu úa segunda tirada pra atender ás peticióis da xente que lo pide. A versión na nosa lingua foi un encargo del director, Emilio Marcos Vallaure, al escritor tapiego Manuel García-Galano. Hai que chufar esta iniciativa tan respetuosa cua realidá lingüística d’Asturias que ten, ademáis, un resultao estético ben guapo, como todas as edicióis que fai esta institución.
0 Comentarios26327 Lecturas

Patrimonio:investigación#44
corresponsal
Administrador

Fecha 27/01/08 - 05:11:08 PM
http://www.falaviva.net/uploads/castro_falaviva.jpg

Úa investigación data El Castriyón de Villacondide (Cuaña) como prerromano


    Al final confirmóuse el que xa osmaban muitos investigadores: a fundación del castro del Castriyón –que se popularizóu equivocadamente como «castro de Coaña»–, en Villacondide (Cuaña), é d’época prerromana. Eso acaba de revelar úa investigación dirixida pola Conseyeiría de Cultura, que data el castro alomenos nel siglo IV antias de Cristo gracias ás mostras analizadas col carbono 14. El arqueólogo del Servicio de Patrimonio, Ángel Villa, dirixe as actuacióis arqueolóxicas da Conseyeiría nel occidente dentro del plan Arqueolóxico del Navia-Eo, d’emparzao col arqueólogu Alfonso Menéndez Granda, responsable das escavacióis nel xacemento.

Historia d’úa investigación
    A esistencia de ruinas del Castriyón de Villacondide era conocida, alomenos, dende el siglo XVIII, anque a primeira actuación arqueolóxica fíxola en 1876 el erudito José María Flórez y González. García y Bellido, en 1940, fixo a primeira investigación de tipo científico en Villacondide, animao pol historiador asturiano Uría Ríu. Ademáis de volver escavar as cabanas descubertas por Flórez, os trabayos de García y Bellido y Uría Ríu deron datos ben interesantes sobre a feitura del castro y deixaron al descuberto 77 casas del barrio extramuros. Tamén descubriron y interpretaron el primeiro «monumento con forno» conocido en Asturias al que lougo seguiron dous edificios aparecidos escavaos nel castro de Pendia (Bual). Pensaban que, como consideraban os sous colegas portugueses nel castro de Briteiros (Portugal), aquelas construccióus usábanse como fornos crematorios. As escavacióis dentro del Plan Arqueolóxico del Navia-Eo favoreceron que s’atoparan noutros castros edificios aparecidos, escavaos con criterios actuales, y correxir aquela interpretación al reconocer evidencias abondas pr’atestigar el sou uso balneario.
    Entre 1958 y 1961, Francisco Jordá volvéu aló cuas escavacióis. Con José Luis Maya, qu’escavóu con Jordá en Villacondide en 1982, acabóu un ciclo d’intervencióis que ten el sou balance máis claro na súa tesis doctoral, dedicada al estudio da cultura material dos castros en Asturias. Da revisión dos materiales saca en conclusión a dificultá pra datar a fundación del castro, que nun se podería levar máis aló del época romana altoimperial (siglo I d. C.).

As investigacióis nel Parque Histórico del Navia
    El Plan Director del Navia-Eo puxo en marcha ben intervencióis unde, dando importancia á conservación y protección de sitos xa escavaos, tamén s’atende á investigación d’outros que, como nel caso del Chao Samartín, en Grandas de Salime, deixaron claro el sou potencial informativo y monumental. Nestos anos cambióu abondo a imaxe del fenómeno castreño. En contra da súa vinculación cuas reformas administrativas altoimperiales de Roma, os rexistros novos confirman a esistencia d’úa Edá del Ferro con us antecedentes que xa se tán atopando en asentamentos da Edá del Bronce como el del Chao Samartín.
    Hai agora úa decena d’especialistas con proyectos d’investigación nel occidente asturiano na Protohistoria y Antigüidá temprana col apoyo del administración asturiana, que quixo favorecer a investigación arqueolóxica pra poñer en valor el patrimonio histórico. Neste labor, que ten nel Parque Histórico a súa figura principal de promoción turística, el castro del Castriyón vai ser el protagonista pola súa proyección histórica y a súa monumentalidá. Pra eso tán féndose trabayos de consolidación das ruinas que deron pé á reescavación dos edificios termales ou saunas castreñas das que xa se falóu.

A orixe prerromana
Nel Castriyón nunca se procesaran mostras orgánicas pra datalas col método del carbono 14.
A restauración dos edificios castreños veu precedida d’úa escavación arqueolóxica que deixóu afinar na comprensión arquitectónica del conxunto, miyorar a súa interpretación funcional y establecer a súa vinculación definitiva col resto d’edificios termales castreños descubertos nel Navia-Eo. Esto fíxose gracias al análisis constructivo das estructuras y, dende un punto de vista cronolóxico, cua datación dos horizontes d’uso y reforma dos edificios. En definitiva, confírmase a orixe prerromana del conxunto termal y, polo tanto, del propio castro.
Nas investigacióis sacáronse tres datacióis que se corresponden con mostras coyidas noutros tantos sitos del conxunto: restos de combustible nel último nivel d’uso d’ún dos edificios que deixa claro que se seguiron usando hasta que s’abandonaron xa en época romana (entre el 10 a. C. y el 140 d. C.), outra mostra noutro estrato d’uso dos edificios (entre el 410 a. C. y el 30 a. C.) y outro resto sacao nun forno das saunas de tipoloxía máis veya que noutros castros se data nel s. IV a. C. (entre el 740 y el 380 a. C.).
0 Comentarios26228 Lecturas

Literatura:novo libro#43
corresponsal
Administrador

Fecha 19/01/08 - 08:46:58 AM
Fredo de Carbexe publica el poemario «Fruxes da nebra»

    El escritor franquín Alfredo González Fernández, máis conocido pol sou alcuño literario, «Fredo de Carbexe», acaba de publicar el que xa é el sou terceiro poemario: «Fruxes da nebra / Estirpes de la niebla» (Andolía, 2007). Como el libro anterior, «Soños de pellegrín» (Andolía, 2006), publícase en edición bilingüe, cua traducción al castellano na páxina par y cua versión orixinal, en galego-asturiano, na impar.
    Ganador en 1995 del V Premio Xeira de narracióis curtias, Fredo de Carbexe publicóu al outro ano el sou primeiro libro de poemas, «Mourén dos fondales» (Xeira, 1996). Alí apuntaba os motivos que marcan a súa poesía: a presencia da contornada natural, as imáxenes del augua, del cerzo, del verde... y un aire melancólico que trespasa el contido das palabras y chega al mesmo ritmo dos versos.
    Nas ventinove poesías d’este «Fruxes da nebra», como señala Benxamín Méndez na contraportada del libro, el poeta franquín «toca nel molle del ser humano, dereto al cerno con palabras sonoras, resonancias da llingua común antiga, y ecos de sílabas que repetidas nos acariñan el alma».

http://www.falaviva.net/uploads/fruxes-falaviva.jpg
1 Comentario25237 Lecturas

Opinión#42
Redacción
Administrador

Fecha 09/01/08 - 05:50:42 PM
Reproducimos nesta ocasión un artículo d'opinión publicado orixinalmente pol que fora conceyal del PSOE nel Conceyo d'Uvieo na pasada lexislatura, Gonzalo Olmos, nel portal www.fusionasturias.com. A Falaviva parecéuye d'interés y traducíu al galego-asturiano, con permiso del autor, el texto citao que reproducimos aquí:


TRIBULACIÓIS DEL FAR WEST


    Ún dos principales retos d’Asturias quizabes sía a cohesión territorial. Anque teña úa superficie relativamente pequena (10.603,57 km2), a diversidá de territorios, a orografía tan difícil y, sobre todo, a concentración de población y actividá nel Área Central provocan qu’úa búa parte dos conceyos das alas queden fora dos polos d’atracción y centros de decisión en materia económica, política o cultural. Asturias é pequena, peró diversa y complexa, y entre os sous 78 conceyos muitos luitan sin máis por nun quedar a mercé da despoblación o el enveyecemento, convertíndose nun deserto verde chen d’historias veyas, con máis pasao que futuro. É verdá que nos últimos anos muito se fexo pra revalorizar el mundo rural asturiano y que, ademáis, a fendedura por causa da s dificultades nas infraestructuras de comunicación pouco a pouco vai zarrándose. Peró a dinámica pinta mala de resistir pra muitos lugares y vilas que, axeitín, ven escapar el sou alento.
    A esta tendencia cua que tanto caro costa luitar xúntaseye, en dalgús casos, una sensación de desamparo institucional y d’indiferencia del resto da Comunidá. Quizabes esto pase muito máis nel Occidente asturiano, que dalgún chamóu con un aquel de retranca como el noso Far West particular. A comarca entre el Eo y el Navia, Entrambasauguas einda ye chaman os románticos, ten un territorio ben grande y úa población menguante, sobre todo nel interior peró tamén na marina. As infraestructuras de tresporte son, con muito, as piores d’Asturias, anque miyoraran y as perspectivas sían máis halagüeñas. A dotación en equipamentos y servicios públicos é digna peró insuficiente pra toda a súa estensión. Peró el pior nun son estas carencias, inevitables en búa medida, senón a impresión que muitos dos ciudadanos d’esta parte d’Asturias nun poden evitar: síntense de dalgún xeito fora de xogo, ayíos al discurrir da vida pública, social y económica asturiana, un pouco deixaos da mao de Dios, dirían os máis pesimistas; y, polo tanto, cada vez máis cansaos d’esa desidia que los pon non sólo na periferia xeográfica senón tamén na periferia da axenda política.
    El que máis esmol é seguramente teñan abonda razón. El discurso oficial y a imaxe promocional que s’estila en Asturias ten máis que ver cua Asturias central y oriental que cua del Navia-Eo. A falta d’aprecio polos poderes públicos é un feito. Y la desatención a los problemas comúis y rasgos identificativos d’este territorio é común na xeneralidá dos dirixentes rexonales. Ben deitamos de qu’esto nun menguara el sentimento d’asturianía dos eonaviegos, reforzao einda por oposición a determinadas veleidades que vein del outra veira da Ría del Eo –qu’agora dalgús queren rebautizar cua tautolóxica denominación Ría de Ribadeo– y pola activa militancia asturiana de dalgús colectivos culturales como  Xeira ou  Rapalacóis. Mención aparte merez a situación da fala ou galego-asturiano, denominación ésta última utilizada pola Lei d’Uso y Promoción del Bable/Asturiano; trátase d’úa lingua de transición que sigue ben viva y que s’usa como vehículo normal d’espresión por muitos habitantes d’esta zona. Así y todo, as administracióis públicas escoyeron esqueicela, bien subsumíndola directamente na lingua galega, ou ben considerándola úa variante da lingua asturiana, sin analizar a súa especificidá nin darye a protección que merez como instrumento d’espresión oral de miles d’asturianos del Occidente.
    É hora, polo tanto, de reforzar a integración de todas as Asturias y de fer partícipes a todos os territorios que la compóin del mesmo proyecto común. Quizáis pra eso faga falta que muitos asturianos reconozan –reconózamos– que nin sequera  fomos quen a andar y conocer as múltiples caras y realidades da nosa propia terra.

Gonzalo Olmos Fernández-Corugedo
3 Comentarios24920 Lecturas

Amostrando 7 Artículos d´un total de 566 [ 1 … 73 74 75 76 77 … 81 ]
« AnteriorSeguinte 7 »
Usuarios
Usuario:
Clave:
Perdín a mía Clave

Últimos 5 temas activos
Fecha 16/05/19 09:12:19 PM
» Deretos lingüísticos
Por: Candalín Último post
Fecha 03/03/19 11:20:15 AM
» Memoria histórica
Por: Redacción Último post
Fecha 15/12/18 02:04:00 PM
» Literatura
Por: Redacción Último post
Fecha 13/12/18 04:50:02 PM
» Normalización
Por: Redacción Último post
Fecha 02/11/18 06:06:43 PM
» Literatura
Por: Redacción Último post