Navegación Xeneral
» Empezo
» Foro
» Buscar
» Enlaces
» Contacto

Calendario
«Setembre 2019»
DoMaXoVe
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     

Eventos pra hoi
Nun hai eventos pra hoi

Encuesta
¿Qué habería que cambiar en Falaviva?
El diseño da páxina
A regularidá das publicacióis
A diversidá de temas das noticias
El concepto «blog-foro»
Outra cousa
Enseñar resultaos

Literatura: premio#34
corresponsal
Administrador

Fecha 30/10/07 - 10:57:58 PM
Amigos d’Antonio Raymundo Ibáñez convoca el sou premio de relatos

    Ta convocada a sesta edición del concurso de relatos «Antonio Raymundo Ibáñez Marqués de Sargadelos» qu’amaña en Santalla d’Ozcos el asociación del mesmo nome. Os relatos poden ser en galego-asturiano ou en castellano y tein que tratar sobre asuntos reales ou figuraos que beban del patrimonio cultural dos Ozcos ou del Occidente asturiano en xeneral: costumes, lendas, cántigas, refráis, romedios, anécdotas, etc.
     Nel premio hai as categorías d’escolar y d’adultos (locales y de fora). Nel caso dos que se presenten como escolares, tein que tar matriculaos en dalgúa das escolas da zona y el relato nun pode ter máis de 25 linias. Nel caso dos adultos a largura másima é de 100 linias. Nos dous casos hai que mandar el orixinal y dúas copias col sistema de plica. El prazo acaba el 20 de novembre de 2007 y el fallo hase a dar a conocer el 17 de decembre d’este mesmo ano.
    Os premios son de 200 euros en material prá categoría escolar y de 250 euros pra os adultos. Pódense consultar máis detalles das bases na web del asociación.

http://sargadelosensantalla.org/documentos/BASES-VI-PREMIORELATOS.pdf Text Text Text
3 Comentarios25093 Lecturas

Castripol: actividades#33
Redacción
Administrador

Fecha 19/10/07 - 07:53:48 PM

http://www.falaviva.net/uploads/II_Rally_Sprint.jpg

Castripol énchese d'actividá nun fin de semana festexeiro y deportivo

    El Conceyo de Castripol ha a acoyer dúas actividades de ben distintos fines. Por un lao, el sábado 20 hase faer nel muelle da capital a celebración oficial da declaración como Reserva da Biosfera del Río Eo, Os Ozcos y Terras de Burón; por outro, el mesmo día y el domingo 21, as terras castripoleñas hanse a encher de xente cos actos del II Rally Sprint.
     Os actos de celebración da Reserva da Biosfera han a empezar as dez y media da mañá con un mercao tradicional, acompañao d'actividades como xogos tradicionales, cuntacontos y actuacióis de música. Al mediodía, os presidentes d'Asturias y Galicia, Vicente Álvarez Areces y Emilio Pérez Touriño, han a visitar a Ría en lancha, chegando al muelle de Castripol á úa y media. Alí hase a faer el acto central de presentación da Reserva.
     A xanta nun ha ser un problema pois hai degustación de productos típicos da comarca acompañaos de pulpeiría é de baldre. Ha a haber autobuses gratuitos desde todos os conceyos da comarca Ozcos-Eo.
    Por outro lao, el II Rally Sprint hase a faer entre Presno y Bourio, con actividades en Castripol como as verificacióis técnicas ou el entrega de premios.
Máis info:
www.rallycastropol.com
www.ayto-castropol.com
0 Comentarios28301 Lecturas

Lingua: Manifestación#32
corresponsal
Administrador

Fecha 18/10/07 - 11:45:41 AM
  El CAO convoca úa manifestación el 24 de novembre

    El Conceyo Aberto pola Oficialidá (CAO) convocóu úa manifestación pral 24 de novembre de 2007 pra reivindicar, como outros anos, a oficialidá del asturiano y del gallego-asturiano. Este ano a novedá ta en que, ademáis da convocaroria á manifestación tán organizándose úas marchas dende distintos puntos d'Asturias: Avilés, Xixón, La Pola Siero, Mieres, La Felguera y Trubia (qu'é unde s'han a axuntar todos os que vayan del Occidente asturiano pra dende ei ir a pé hasta a capital). Todas as marchas han a acabar confluíndo na Estación del Norte (RENFE) d'Uviéu, punto dende el qu'as marchas reivindicativas han a dar paso á manifestación. As marchas tán programadas de tal xeito de que nun supoñan ningúa traba pra personas de todas as edaes y d'úa mínima condición física.

    El Conceyo Aberto pola Oficialidá é a plataforma qu'axunta ben d'asociacióis culturales, grupos en defensa del asturiano y del gallego-asturiano, organizacióis políticas y personas individuales, con un caracter unitario y apartidista col único campo de trabayo de reivindicar a oficialidá das dúas llinguas d'Asturias. Nel CAO trabayan tamén d'un xeito ben activo organizacióis y personas del Navia-Eo. Con esta campaña nova querse amostrar a unidá de todos os asturianos al reivindicar que se respeten os deretos llingüísticos de toda a ciudadanía.
5 Comentarios25613 Lecturas

Lingua:Normas ortogáficas#31
corresponsal
Administrador

Fecha 26/09/07 - 05:50:29 PM
http://www.falaviva.net/uploads/normaort.jpg


El galego-asturiano xa ten as súas normas oficiales

    A Secretaría Lingüística del Navia-Eo, a sección amañada nel Academia da Lingua Asturiana pra defender a lingua que falamos nel occidente asturiano, xa ta distribuindo polas libreirías as «Normas ortográficas del gallego-asturiano». Este libro vén a ser úa relectura ou revisión da «Proposta de normas ortográficas y morfolóxicas del gallego-asturiano», documento editao en 1993 pol Principao d’Asturias que vía funcionando como normativa provisional del noso idioma. A proposta redactárala un equipo de profesores y profesoras del occidente coordinaos polos lingüistas José García y Ignacio Vares.
    A edición da «Proposta» nunca se distribuíra comercialmente y, a estas alturas, cualquer escritor novo interesao en escribir a súa lingua nun podía conocer as normas máis qu’en copias. As peticióis d’usuarios y asociacióis da zona pra qu’a Secretaría fixera úa reedición revisada deron como resultao este «Normas ortográficas del gallego-asturiano», un documento que corrixe as erratas y equivocos da edición veya, ademáis de fer dalgúas modificacióis ortográficas (por exemplo, teinse qu’escribir sin hache palabras como ermao, ombro, ou óso) y redactar de xeito novo dalgús apartaos. Según se cunta nel prólogo, antias que fer úa revisión máis fonda, a Secretaría Lingüística del Navia-Eo quería dar resposta urxente á necesidá de qu’os escritores y profesores podesen dispoñer del documento. Así y todo, nun se descarta que nel futuro se poda fer úa redacción nova das normas, condo os estudios que se tán fendo na actualidá deixen conocer einda miyor a realidá dialectal del galego-asturiano. Sía como sía, con esta edición, el galego-asturiano xa ten úa normativa oficial.
4 Comentarios26694 Lecturas

Oscos-Eo: distinción#30
Redacción
Administrador

Fecha 21/09/07 - 02:06:16 PM
http://www.falaviva.net/uploads/Castripol.jpg


A comarca Ozcos-Eo convírtese en Reserva da Biosfera entre el desconocemento y el escepticismo

    El martes 18 de setembre el comité da UNESCO encargao de nombrar as Reservas da Biosfera aprobóu a candidatura conxunta da comarca asturiana d’Ozcos-Eo y da galega de Terras de Burón, incluindo nel tarrén asturiano os conceyos dos tres Ozcos, Taramunde, A Veiga y Castripol.
    Dende ese reconocemento, que pral máis da xente pasóu inadvertido, son muitas as dudas que xurdiron na comarca en temas tan distintos como os parques eólicos, el urbanismo na costa, os verquidos fecales á Ría del Eo (na actualidá a rede de saniamento nun funciona y A Veiga y Castripol verquen directamente as augas á Ría) ou a esplotación d'este mesmo esteiro.
    Botóuse en falta úa campaña d’información sobre el que significa na práctica a distinción prá xente da comarca. Tampouco nun se sabe nada del desarrollo del Plan de Xestión da Reserva nin cómo s'han a compatibilizar nél territorios tan distintos como a rasa costeira de Castripol y a montaña dos Ozcos.
    Pol momento, anque foi recibido con alegría polos representantes municipales, xa saltaron as primeiras voces d'alarma sobre a incompatibilidá del feixe de parques eólicos que se puxeron hasta agora, coa distinción como Reserva da Biosfera.
2 Comentarios25429 Lecturas

As Figueiras:obras#29
Redacción
Administrador

Fecha 17/09/07 - 06:12:59 PM
Castripol aproba as obras da caye da Talaya, nas Figueiras

    El consistorio castripoleño aprobóu a licitación por procedimento aberto y con tramitación urxente del amaño da caye da Talaya con un presuposto total de 156.752,06 euros. Estas obras siguen el camín da rehabilitación da popular Praza de San Foliz y da caye da Alameda, obras qu'el Conceyo quer ir estendendo pouco a pouco al resto das cayes da localidá. As obras consisten nel cambeo del tarrén, el tapao dos cables da luz y teléfono y a sustitución da traída d’auga y alcantarillao.
0 Comentarios27865 Lecturas

Deportes: rutas de montaña#28
corresponsal
Administrador

Fecha 13/09/07 - 12:19:06 PM
  El grupo de montaña de Tapia amaña dúas rutas novas

    A primeira das rutas qu'amaña el Marqués de Casarego ha ser a d'El Beyo-Col.lanzo, nel conceyo de Ayer, y ha faerse el sábado 15 de setembre con salida de Tapia ás 7:30 da maña. El precio del viaxe han ser 5 euros pra os socios y 12 pral resto dos interesaos.
    El outra actividá que tein previsto amañar ha ser un fin de semana nos Picos d’Europa os días 22 y 23 de setembre, con salida de Tapia ás 15:00 horas del sábado. El precio son 45 euros pra os socios y 70 euros pral que nun sía socio. Estos cuartos incluyen el autobús, a pousada, a cía, el almorzo y el viaxe d’ida nel teleférico de H.uentedé, dende unde ha partir a ruta hasta a Vega d’Urriellu pra contemplar el maxestoso Picu Urriellu. As prazas son limitadas y por orde d’inscripción.
    Como sempre, podese pedir máis información nos teléfonos 689 175 515 ou 659000707.
0 Comentarios22725 Lecturas

Amostrando 7 Artículos d´un total de 566 [ 1 … 75 76 77 78 79 … 81 ]
« AnteriorSeguinte 7 »
Usuarios
Usuario:
Clave:
Perdín a mía Clave

Últimos 5 temas activos
Fecha 16/05/19 09:12:19 PM
» Deretos lingüísticos
Por: Candalín Último post
Fecha 03/03/19 11:20:15 AM
» Memoria histórica
Por: Redacción Último post
Fecha 15/12/18 02:04:00 PM
» Literatura
Por: Redacción Último post
Fecha 13/12/18 04:50:02 PM
» Normalización
Por: Redacción Último post
Fecha 02/11/18 06:06:43 PM
» Literatura
Por: Redacción Último post