Navegación Xeneral
» Empezo
» Foro
» Buscar
» Enlaces
» Contacto

Calendario
«Marzo 2021»
DoMaXoVe
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   

Encuesta
¿Qué habería que cambiar en Falaviva?
El diseño da páxina
A regularidá das publicacióis
A diversidá de temas das noticias
El concepto «blog-foro»
Outra cousa
Enseñar resultaos

Eventos pra hoi
Nun hai eventos pra hoi

Oficial: pro namáis un pouquín.#567
Redacción
Administrador

Fecha 23/01/21 - 02:34:03 PM
Oficial: pro namáis un pouquín 


    Dice a cántiga qu’el mundo sigue dando voltas, incluso en tempos d’esta desgraciada pandemia. Tampouco nun ten que ser d’outro xeito: a sociedá ten qu’avanzar, incluso nos peores momentos. Xa lo fixo noutras épocas.
   
    A luita pola oficilidá, con úa historia de máis de corenta anos, ten que seguir hasta el reconocemento d’ese dereto fundamental que recoye a Constitución nel sou artículo 3. Algún ha dicir que nun é el miyor momento pra esmolerse por esa cuestión, pro pra esos nunca ha ser el momento pra que desaparezca esa enorme inxusticia qu’el proceso autonómico creóu en Asturias.

    Hai úas semanas xuntaróse el presidente del Principao y el del Academia da Lingua Asturiana, anunciando qu’el proceso pra chegar al oficialidá había empezar este mesmo ano. Hoi día, na Xunta Xeneral as forzas favorables, ou que polo menos nun rechazan de frente a oficilidá, suman mayoría abonda prá reforma del Estatuto d’Autonomía.

    Nun parece que, se Barbón é fiel á promesa electoral que fixo, vaya deixar pasar esta oportunidá (é imposible garantizar que na lexislatura que vén esas formacióis sumen a mayoría necesaria). Pol momento, el presidente leva feito ben de xestos favorables ás linguas patrimoniales d’Asturias, tanto asturiano como galego-asturiano, se ben é verdá que nun tomóu medidas tendentes a reformar el Estatuto.

    Se é difícil a luita pola oficilidá del asturiano, máis difícil é a que temos que levar a cabo os falantes del galego-asturiano pra nun quedar marxinaos en todo este proceso. D’ei a importancia del momento.

    Hai anos qu’as organizacióis en defensa del asturiano asumiron qu’é inviable reinvidicar el dereto á oficilidá deixando de lao al galego-asturiano. Así y todo, el pouco peso demográfico dos conceyos máis occidentales pode derivar núa marxinación da nosa lingua con respecto al asturiano por parte dos lexisladores, y é algo que temos qu’evitar. Esa marxinación xa se dá nel Estatuto actual, que condo fala de lingua tradicional nin cita a nosa existencia.

    Se tamos falando de deretos fundamentales, tan dereto é qu’el asturiano sía oficial como qu’os falantes de galego-asturiano nun sufran marxinación. Nun se entenden propostas como a que nel 2018 presentaron IU y Podemos na Xunta Xeneral, con un asturiano lingua oficial en toda Asturias (incluindo os conceyos máis occidentales) y un galego-asturiano namáis oficial nel sou ámbito territorial, algo que deslexitima íntegramente el sou discurso.

    ¿Qué quería dicir esta proposta? ¿El galego-asturiano é lingua oficial ou non? ¿Ou é qu’é oficial, pro namáis “un pouquín oficial”? Se somos asturianos, a nosa lingua ha ser oficial en Asturias. É un dereto y nun lo poden negar.

    Nun se trata de qu’en todas as escolas ou institutos d’Asturias teñan qu’aprender galego-asturiano, nin que todos os conceyos teñan que ter un traductor de galego-asturiano… Nun iba ter xeito. Del que se trata é de reconocer a nosa lingua nel Estatuto como patrimonial en pé d’igualdá col asturiano. É un dereto fundamental.

    Na proposta que presentaron nel 2019 a Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana y a Plataforma pola Oficilidá del Galego-Asturiano articulábase a oficialidá d’outro xeito: “El asturiano y el galego-asturiano, como linguas propias d’Asturias tein, col casteyano, el carácter de linguas oficiales”, pra indicar despóis: “Úa lei da Xunta Xeneral vai afixar os términos y ámbitos del uso oficial das linguas d’Asturias y ha a establecer as zonas d’uso predominante d’entrambas”.

    D’este xeito, non solo s’otorga el reconocemento pleno á ciudadanía del estremo occidental d’Asturias, senón qu’ademáis señala úa lexislación especifica pra regular ese dereto, pensando na igualdá entre as dúas y non na existencia d’úa superior, qu’é el que fain os que reivindican al asturiano como oficial en toda Asturias y al galego-asturiano namáis nel sou ámbito.

    É hora de moverse. Nun se trata de tar en contra da oficialidá, senón d’aprovetar el momento pra darye volta a 40 anos de marxinación da nosa lingua. Nun temos qu’esperar a qu’outros lo fagan por nosoutros. Esta é a nosa batalla: entre todos y todas temos que ganala. El tren nun vai pasar máis veces.

FALAVIVA
23 de xeneiro del 2021
0 Comentarios3809 Lecturas

Memoria histórica#566
Redacción
Administrador

Fecha 03/03/19 - 11:20:15 AM
http://www.falaviva.net/uploads/cartelsilencio.jpg


A Veiga acoye a proyección d’El silencio de otros, ganadora del Goya á miyor película documental


    Chega al occidente asturiano a película documental El silencio de otros, qu’acaba de ganar el premio Goya na súa última edición y que cunta a historia de dalgús protagonistas da Querella Arxentina, a causa aberta nel país suramericano pra tentar de xuzgar alí os crimes da guerra civil y da dictadura franquista posterior. Vaise proyectar, con entrada libre, nel auditorio da Veiga este mércoles 6 de marzo ás oito da tarde.

    El silencio de otros recorre el nacemento y evolución d’esta querella internacional de relevancia histórica a través das esperiencias de víctimas da dictadura franquista que s’atreveron a romper el pacto de silencio qu’implicóu a chamada Transición y que se fixeron querellantes, incluíndo víctimas de torturas, padres y madres de nenos roubaos, y familiares que siguen luitando por recuperar os corpos dos sous seres queridos de fosas comúis repartidas por toda España. Na proyección han a tar presentes dous nembros da Comuna d’Asturias, a entidá asturiana que forma parte da Ceaqua, a Coordinadora estatal d’apoyo á Querella Arxentina. Son Manuel Amago, de San Tiso d’Abres, y Xosé Miguel Suárez, de Tapia, que levaron al consulao d’Arxentina en Madrid a denuncia dos casos de sous bolos respectivos, asesinaos polos falanxistas nos primeiros días despóis da chegada dos golpistas al occidente asturiano. Han a presentar a película y participar nel coloquio posterior col público.

    Col respaldo d’El Deseo, a productora dos irmaos Almodóvar y Esther García, a película trata cuestióis universales sobre cómo as sociedades afrontan procesos de transición á democracia y cómo os individuos encaran el silencio y luitan pola xusticia. A historia desenvólvese en España y en Arxentina, unde úa xueza se fexo cargo del caso basándose nel principio de xurisdicción universal. Este caso supón ademáis un xiro estraordinario, porque foi España el estao pioneiro en usar a xurisdicción universal contra el ex-dictador chileno Augusto Pinochet. Agora, é España a que se nega a xuzgar us crimes que sucederon nel sou territorio y ten que vir outro país a recordarye que, se ela nun lo fai, Arxentina ta obrigada a felo en aplicación d'ese principio.

    Filmada al largo de seis anos por Almudena Carracedo y Robert Bahar, con un estilo de cine directo y intimista, trátase d’úa película qu’emociona y que deixa con un nougo nel gorgoleiro a os espectadores. Pro tamén é un obra que fai pensar y axuda a entender el estao actual de cousas nel Estao español.

    Despóis del sou recorrido polas salas comerciales, El silencio de otros ta recorrendo toda a xeografía española y nel caso d’Asturias leva un tempo proyectándose por auditorios y casas de cultura dentro del programa Llaboral Cinemateca Ambulante, anque cualquer conceyo interesao pode solicitar a súa proyección na páxina web da película.
0 Comentarios17102 Lecturas

Literatura#565
Redacción
Administrador

Fecha 15/12/18 - 02:04:00 PM
http://www.falaviva.net/uploads/tapiapresentacion.jpeg


Presentóuse en Tapia el noveno númaro da revista Trabatel


   El augua y el vendaval qu’asopraba en Tapia na tarde d’este venres 14 de decembre nun botóu pr’atrás al publico qu’asistíu á presentación de Trabatel. Revista eonaviega de lliteratura. Tratábase da novena entrega d’esta publicación anual promovida pol Gobierno asturiano que nacéu pra valir d’escaparate da literatura feita en galego-asturiano.

   Na mesa tuveron presentes cuatro dos autores participantes na revista, ademáis del alcaldesa de Tapia, Ana Vigón, y el director xeneral de Planificación Lingüística, Fernando Padilla.  A presentación propúxose como úa lectura entre todos os asistentes pra ir sentindo bocadíos das colaboracióis literarias. Xosé Miguel Suárez, coordinador da revista, foi falando cos autores que taban na mesa, a tapiega Laura Amor, el naviego Christian Lanza, el cuañés Babel de Cal Cadete y el franquín Fredo de Carbexe, que tamén leron parte da súa creación pra Trabatel.

  As lecturas dende a mesa polos autores foron alternándose cuas dos escritores que nun poderon tar presentes, das que s’encargóu xente del público: Rafael Cascudo leu el empezo del relato de Cristóbal Ruitiña, igual que Xabiel G. Menéndez, presidente de Xeira, fexo col relato d’Ángeles Rodríguez Montañés, mentres que Cecilia Pérez, alcaldesa del Franco, leu un poema de Jandro de Queitano y Xosé Miguel Suárez leu el arranque del conto de Javier Fernández-Catuxo. El público, que seguíu mui interesao as lecturas y a parola cos escritores, pedíu a Ruth González, que leu un poema de Conchita Álvarez Lebredo interrumpido pola chamada d’un móvil sin amo, que volvese repetilo.

   Entre os asistentes, ademáis dos xa ditos, taban a fotógrafa Verónica Peláez Baniela, autora das fotos qu’ilustran a revista; Carmen Muñiz Cachón, responsable da Secretaría Lingüística del Navia-Eo, y autores en galego-asturiano como Emma Méndez, Aurora Bermúdez, Ricardo Saavedra ou Arturo Alvarez Tangueiro.
0 Comentarios16196 Lecturas

Normalización#564
Redacción
Administrador

Fecha 13/12/18 - 04:50:00 PM
http://www.falaviva.net/uploads/normasortograficas.jpg


El Goberno asturiano vai redactar un proyecto de decreto pra establecer os niveles de competencia pral gallego-asturiano


   Un grupo d’espertos docentes y filólogos vai empezar a trabayar, a partir del 2019, na redacción del proyecto de decreto pra establecer os niveles de competencia nel uso del gallego-asturiano.

   Con esta medida regúlase a proba de certificación correspondente a ditos niveles, el que deixa acreditar este conocemento na Comunidá Autónoma. El diseño vai tar axeitao al Marco común europeo de referencia das llinguas.

   El demáis, el proyecto de decreto pr’acreditar os niveles de competencia da llingua asturiana xa s’atopa en fase d’información pública pra qu’os organismos, colectivos ou particulares interesaos podan presentar as súas aportacióis. Este proyecto de decreto elaboróulo al llargo dos dous últimos anos un equipo d’espertos en desenvolvemento curricular y llingua asturiana. 

   El determín da Conseyeiría d’Educación y Cultura d’abordar el mesmo proceso pral gallego-asturiano responde á petición das autoridades municipales y diferentes colectivos da zona Navia-Eo, que solicitaban qu’el documento referido al asturiano regulara tamén as cuestióis relativas á llingua propia del estremo occidental asturiano.

   El Goberno decidíu redactar un decreto específico novo, que xa vén avalao pol trabayo realizao pra os niveles de llingua asturiana. D’este xeito, facilítase a redacción del proyecto novo de niveles del gallego-asturiano.

   Con esta medida, querse establecer úas certificacióis oficiales qu’acrediten el conocemento d’estas llinguas, máis alló das titulacióis actuales, que namáis se referían á formación del profesorao especialista.
0 Comentarios17323 Lecturas

Literatura#563
Redacción
Administrador

Fecha 02/11/18 - 06:06:42 PM
http://www.falaviva.net/uploads/Cubierta-Roger-el-reno.jpg


Ángeles Rodríguez Montañés publica el conto infantil Roger, el reno que chegóu de llonxe


   A literatura infantil en galego-asturiano, tan necesitada de novedades, ta de norabúa.  Ángeles Rodríguez Montañés (Andés, 1975) acaba de publicar cua editorial Trabe un librín titulao Roger, el reno que chegóu de llonxe, con úas ilustracióis ben guapas de Luis Ramos.

   Roger é un reno que veu pra Navia dende Austria y lleva úa bufanda de rayas verdes y brancas mui chamadeira. Con Roger imos a conocer cousas del caseirío, pro tamén saber dos sous viaxes tirando del trineo de Santa Claus y dos sous amigos el oso Pérez-Oso y el raposo amistoso. Hai que destacar a particularidá de qu’el conto ta escrito na variedá naviega del galego-asturiano.

   El autora, que s’estrenara na literatura en galego-asturiano hai ben anos con artículos na revista xa desaparecida Entrambasauguas, publicóu tamén dalgún relato curtio nas obras Que nun se perda nel aire y Muyeres escritores, editadas pol Goberno asturiano pra festexar el Día del Libro Asturiano nos anos 2016 y 2017, respectivamente.

   Como complemento, Roger ten úa páxina en Facebook, unde el reno da bufanda de rayas ta recoyendo palabras propias de Navia y ta disposto a qu’a xente faga comentarios y aportacióis.
0 Comentarios18170 Lecturas

Deretos lingüísticos#562
Redacción
Administrador

Fecha 14/10/18 - 01:02:07 PM
http://www.falaviva.net/uploads/manifestacion2.jpg


A XDLA propón úa redacción nova del artículo cuarto qu’equipara en deretos asturiano y galego-asturiano


   «El asturiano y el galego-asturiano, como linguas propias d’Asturias, col casteyano, el carácter de linguas oficiales». Así reza el primeiro apartao da redacción nova del artículo 4.º del Estatuto d’Autonomía qu’a Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana (XDLA) elaboróu y apurríu a primeiros d’este ano a os partidos da Xunta Xeneral que se declaron partidarios da oficialidá: Podemos Asturies, Izquierda Xunida (IX) y PSOE. Trátase d’úa proposta radicalmente democrática: máis aló del númaro de falantes ou peso social das linguas nacidas en territorio asturiano, a lei ten que consideralas al mesmo nivel.

   Esta entidá ciudadana, que leva máis de tres décadas trabayando pola oficialidá, presentóu nel 2017 el chamao Proyectu 2018, que buscaba abrir úa posibilidá que contempla el Estatuto d’Autonomía pra reformalo: qu’alomenos 12 diputaos ou diputadas rexistren esa petición. Al haber númaros abondos, a XDLA empezóu os contactos con Podemos y Izquierda Xunida. A coxuntura política víuse animada pol determín tomao a favor da oficialidá en setembre del 2017 nel Congreso da FSA. A manifestación multitudinaria del 21 d’abril en Uvieo pola XDLA tamén axudóu a demostrar qu’el movemento de reivindicación lingüística podía sacar ás cayes miles de personas en defensa da oficialidá. Al cabo, este 9 d’outube, Podemos y IX anunciaban qu’iban presentar a proposta de reforma estatutaria.

¿Qué femos col galego-asturiano?
El tratamento xurídico del galego-asturiano núa hipotética oficialidá nun ten merecido muito debate entre os defensores da nosa lingua, alomenos de xeito público ou en documentos. Al ocuparse d’esa cuestión vía amecéndose sin máis a frase «y del galego-asturiano nel sou ámbito territorial», anque nos últimos anos dalgús señalaban a necesidá de matizar máis cuál tería que ser el detalle d’ese reconocemento. El escrito Por un tratamento igualitario d’asturiano y galego-asturiano publicao este mes de xunio y apoyao por máis de 300 personas del Navia-Eo, amostraba el sou esmolemento porque, al hora d’encarar úa posible redacción nova del artículo 4.º, esa frase tantas veces repetida podese supoñer un tratamento desigual dos deretos ciudadanos pra os falantes de galego-asturiano, por poñer namáis un caso, na súa relación col Administración autonómica na capital. El escrito propoñía qu’asturiano y galego-asturiano se declararan linguas oficiales en Asturias al pé del casteyano y qu'úa lei posterior de normalización regulara «cuál é el territorio propio de cada lingua y cuál tería que ser el alcance del uso oficial, os ámbitos d’actuación en materia educativa, toponímica, audiovisual, de rotulación, d’uso institucional, etc.».

   A XDLA trabayara núa proposta de redacción nova del artículo 4.º col axuda de dalgús xuristas espertos na materia y el resultao apurríuse a primeirosd’este ano tanto a Podemos como a IX, ademáis de presentarse al PSOE. A redacción, que se fexo pública estos días dentro d’un documento de valoración da XDLA da situación política actual, responde a os esmolementos que señalaba el escrito Por un tratamento igualitario d’asturiano y galego-asturiano porque se basa nesa idea de reconocemento igualitario de deretos entre as dúas linguas. Nel apartao 2 diz que «os poderes públicos d’Asturias, atendendo á realidá sociolingüística del asturiano y del galego-asturiano, han a garantizar el dereto a conocelas y usalas». Nun terceiro apartao señálase que «úa lei da Xunta Xeneral ha a establecer os términos y ámbitos del uso oficial das linguas propias d’Asturias y ha a afixar as zonas d’uso predominante d’entrambas». Al cabo, nel último apartao d’esta proposta de redacción del artículo 4.º, afírmase que «ningúa persona vai poder ser discriminada en Asturias pola lingua que libremente escoya pra comunicarse», col que se destaca qu’el reconocemento da oficialidá pras linguas propias d’Asturias nun vai en contra dos deretos dos falantes de casteyano.

   Claramente, a proposta recoye ideas da regulación que se dá noutras comunidades como Navarra y Valencia pra os territorios unde nun se fala nin vasco nin valenciano, pro tamén del estatuto catalán y da súa Lei de Normalización, que trata en pé d’igualdá el catalán, falao en Cataluña por máis de dous millóis de personas, y el aranés, úa lingua occitana que falan non más de 3.000 personas nel Vale d’Arán.

   Máis aló del que pase cua súa tramitación parlamentaria y del resultao da votación, a proposta da XDLA supón un reto democrático pra os partidos que van levar el debate á Xunta Xeneral: ¿a redacción que van propoñer vai ser aparecida ou alomenos vai recoyer as aspiracióis igualitarias dos movementos de reivindicación lingüística das dúas linguas?
1 Comentario18438 Lecturas

Normalización#561
Redacción
Administrador

Fecha 19/06/18 - 07:43:43 PM
http://www.falaviva.net/uploads/Villayoncapital.jpg


Apróbase a toponimia oficial de Villayón

   
   El Boletín Oficial del Principao d’Asturias (BOPA) publicóu este lúis 18 de xunio a toponimia oficial del conceyo de Villayón, que pasa a sustituír ás denominacióis oficiales anteriores pr’axeitalas ás formas tradicionales. El criterio que se sigue nel proceso de recuperación toponímica é el respeto á realidá lingüística de cada territorio, polo que nesta lista pódese ver qu’hai topónimos con úa ortografía diferente dependendo de que tían na zona del conceyo unde se fala asturiano occidental ou na parte que fala en galego-asturiano.

   A partir d’agora, «Ponticiella» pasa a ser Ponticella, «La Linera» xa é La L.liera, «Lendequintana» é oficialmente Llandequintá y «Candanosa de Solares» chámase como sempre se chamóu: As Candaosas. Trátase d'un proceso guiao pola intención de respetar un patrimonio como el da toponimia que sufríu úa deformación que foi escondendo a realidá da pronunciación popular, ben porque s'acasteyanóu artificialmente ou ben porque a forma documental arcaica que se perpetuóu pol uso administrativo xa nun era fiel á evolución lingüística que se deu en boca dos falantes.

   A pesar da normalidá del proceso, que primeiro levóu un trabayo de campo, úas reunióis da Xunta Asesora de Toponimia, el aprobación nel pleno municipal y el aprobación posterior en Conseyo de Goberno, nunca se pode saber qué vai pasar. Hai qu'esperar, como sempre que s'aprobóu dalgún espediente toponímico, se a dirección de dalgún periódico asturiano decide ou non crear úa polémica artificial cuas entrevistas y os titulares convenientes.

   Según señala el decreto d'oficialización, a partir d'agora as únicas formas oficiales son as que se publican nel BOPA y as administracióis tein qu'ir axeitando el uso y a rotulación a esa realidá legal nova.

   Na zona del galego-asturiano namáis quedan por aprobar os espedientes dos conceyos d’Eilao, Navia, Cuaña, Castripol, Ibias y Ayande.
0 Comentarios13425 Lecturas

Amostrando 7 Artículos d´un total de 567 [ 1 2 3 … 81 ]
 Seguinte 7 »
Usuarios
Usuario:
Clave:
Perdín a mía Clave

Últimos 5 temas activos