|
|
Calendario |
| Do | Lú | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | | | | |
Encuesta |
¿Qué habería que cambiar en Falaviva? | El diseño da páxina [301 v.] | 30.3% | |
| A regularidá das publicacióis [135 v.] | 13.6% | |
| A diversidá de temas das noticias [110 v.] | 11.1% | |
| El concepto «blog-foro» [109 v.] | 11% | |
| | Total de votos: 992 |
Eventos pra hoi |
Nun hai eventos pra hoi |
|
Foros » Novas » Novas » Memoria histórica |
Memoria histórica |
Redacción | 03/03/19 - 11:20:15 AM | #1 |
| Administrador
Activación: 05-Oct 06 Mensaxes: 298 |
A Veiga acoye a proyección d’El silencio de otros, ganadora del Goya á miyor película documental
Chega al occidente asturiano a película documental El silencio de otros, qu’acaba de ganar el premio Goya na súa última edición y que cunta a historia de dalgús protagonistas da Querella Arxentina, a causa aberta nel país suramericano pra tentar de xuzgar alí os crimes da guerra civil y da dictadura franquista posterior. Vaise proyectar, con entrada libre, nel auditorio da Veiga este mércoles 6 de marzo ás oito da tarde.
El silencio de otros recorre el nacemento y evolución d’esta querella internacional de relevancia histórica a través das esperiencias de víctimas da dictadura franquista que s’atreveron a romper el pacto de silencio qu’implicóu a chamada Transición y que se fixeron querellantes, incluíndo víctimas de torturas, padres y madres de nenos roubaos, y familiares que siguen luitando por recuperar os corpos dos sous seres queridos de fosas comúis repartidas por toda España. Na proyección han a tar presentes dous nembros da Comuna d’Asturias, a entidá asturiana que forma parte da Ceaqua, a Coordinadora estatal d’apoyo á Querella Arxentina. Son Manuel Amago, de San Tiso d’Abres, y Xosé Miguel Suárez, de Tapia, que levaron al consulao d’Arxentina en Madrid a denuncia dos casos de sous bolos respectivos, asesinaos polos falanxistas nos primeiros días despóis da chegada dos golpistas al occidente asturiano. Han a presentar a película y participar nel coloquio posterior col público.
Col respaldo d’El Deseo, a productora dos irmaos Almodóvar y Esther García, a película trata cuestióis universales sobre cómo as sociedades afrontan procesos de transición á democracia y cómo os individuos encaran el silencio y luitan pola xusticia. A historia desenvólvese en España y en Arxentina, unde úa xueza se fexo cargo del caso basándose nel principio de xurisdicción universal. Este caso supón ademáis un xiro estraordinario, porque foi España el estao pioneiro en usar a xurisdicción universal contra el ex-dictador chileno Augusto Pinochet. Agora, é España a que se nega a xuzgar us crimes que sucederon nel sou territorio y ten que vir outro país a recordarye que, se ela nun lo fai, Arxentina ta obrigada a felo en aplicación d'ese principio.
Filmada al largo de seis anos por Almudena Carracedo y Robert Bahar, con un estilo de cine directo y intimista, trátase d’úa película qu’emociona y que deixa con un nougo nel gorgoleiro a os espectadores. Pro tamén é un obra que fai pensar y axuda a entender el estao actual de cousas nel Estao español.
Despóis del sou recorrido polas salas comerciales, El silencio de otros ta recorrendo toda a xeografía española y nel caso d’Asturias leva un tempo proyectándose por auditorios y casas de cultura dentro del programa Llaboral Cinemateca Ambulante, anque cualquer conceyo interesao pode solicitar a súa proyección na páxina web da película. | | | | |
|
|
|