Navegación Xeneral
» Empezo
» Foro
» Buscar
» Enlaces
» Contacto

Calendario

Encuesta
¿Qué habería que cambiar en Falaviva?
El diseño da páxina [299 v.]37.6%
A regularidá das publicacióis [132 v.]16.6%
A diversidá de temas das noticias [109 v.]13.7%
El concepto «blog-foro» [108 v.]13.6%
Outra cousa [147 v.]18.5%
Total de votos: 795

Eventos pra hoi
Nun hai eventos pra hoi

Foros » Novas » Novas » Oficial: pro namáis un pouquín.
  
Oficial: pro namáis un pouquín.
Redacción
Fecha 23/01/21 - 02:34:03 PM#1
Administrador

Activación: 05-Oct 06
Mensaxes: 294
Oficial: pro namáis un pouquín 


    Dice a cántiga qu’el mundo sigue dando voltas, incluso en tempos d’esta desgraciada pandemia. Tampouco nun ten que ser d’outro xeito: a sociedá ten qu’avanzar, incluso nos peores momentos. Xa lo fixo noutras épocas.
   
    A luita pola oficilidá, con úa historia de máis de corenta anos, ten que seguir hasta el reconocemento d’ese dereto fundamental que recoye a Constitución nel sou artículo 3. Algún ha dicir que nun é el miyor momento pra esmolerse por esa cuestión, pro pra esos nunca ha ser el momento pra que desaparezca esa enorme inxusticia qu’el proceso autonómico creóu en Asturias.

    Hai úas semanas xuntaróse el presidente del Principao y el del Academia da Lingua Asturiana, anunciando qu’el proceso pra chegar al oficialidá había empezar este mesmo ano. Hoi día, na Xunta Xeneral as forzas favorables, ou que polo menos nun rechazan de frente a oficilidá, suman mayoría abonda prá reforma del Estatuto d’Autonomía.

    Nun parece que, se Barbón é fiel á promesa electoral que fixo, vaya deixar pasar esta oportunidá (é imposible garantizar que na lexislatura que vén esas formacióis sumen a mayoría necesaria). Pol momento, el presidente leva feito ben de xestos favorables ás linguas patrimoniales d’Asturias, tanto asturiano como galego-asturiano, se ben é verdá que nun tomóu medidas tendentes a reformar el Estatuto.

    Se é difícil a luita pola oficilidá del asturiano, máis difícil é a que temos que levar a cabo os falantes del galego-asturiano pra nun quedar marxinaos en todo este proceso. D’ei a importancia del momento.

    Hai anos qu’as organizacióis en defensa del asturiano asumiron qu’é inviable reinvidicar el dereto á oficilidá deixando de lao al galego-asturiano. Así y todo, el pouco peso demográfico dos conceyos máis occidentales pode derivar núa marxinación da nosa lingua con respecto al asturiano por parte dos lexisladores, y é algo que temos qu’evitar. Esa marxinación xa se dá nel Estatuto actual, que condo fala de lingua tradicional nin cita a nosa existencia.

    Se tamos falando de deretos fundamentales, tan dereto é qu’el asturiano sía oficial como qu’os falantes de galego-asturiano nun sufran marxinación. Nun se entenden propostas como a que nel 2018 presentaron IU y Podemos na Xunta Xeneral, con un asturiano lingua oficial en toda Asturias (incluindo os conceyos máis occidentales) y un galego-asturiano namáis oficial nel sou ámbito territorial, algo que deslexitima íntegramente el sou discurso.

    ¿Qué quería dicir esta proposta? ¿El galego-asturiano é lingua oficial ou non? ¿Ou é qu’é oficial, pro namáis “un pouquín oficial”? Se somos asturianos, a nosa lingua ha ser oficial en Asturias. É un dereto y nun lo poden negar.

    Nun se trata de qu’en todas as escolas ou institutos d’Asturias teñan qu’aprender galego-asturiano, nin que todos os conceyos teñan que ter un traductor de galego-asturiano… Nun iba ter xeito. Del que se trata é de reconocer a nosa lingua nel Estatuto como patrimonial en pé d’igualdá col asturiano. É un dereto fundamental.

    Na proposta que presentaron nel 2019 a Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana y a Plataforma pola Oficilidá del Galego-Asturiano articulábase a oficialidá d’outro xeito: “El asturiano y el galego-asturiano, como linguas propias d’Asturias tein, col casteyano, el carácter de linguas oficiales”, pra indicar despóis: “Úa lei da Xunta Xeneral vai afixar os términos y ámbitos del uso oficial das linguas d’Asturias y ha a establecer as zonas d’uso predominante d’entrambas”.

    D’este xeito, non solo s’otorga el reconocemento pleno á ciudadanía del estremo occidental d’Asturias, senón qu’ademáis señala úa lexislación especifica pra regular ese dereto, pensando na igualdá entre as dúas y non na existencia d’úa superior, qu’é el que fain os que reivindican al asturiano como oficial en toda Asturias y al galego-asturiano namáis nel sou ámbito.

    É hora de moverse. Nun se trata de tar en contra da oficialidá, senón d’aprovetar el momento pra darye volta a 40 anos de marxinación da nosa lingua. Nun temos qu’esperar a qu’outros lo fagan por nosoutros. Esta é a nosa batalla: entre todos y todas temos que ganala. El tren nun vai pasar máis veces.

FALAVIVA
23 de xeneiro del 2021
DesconectaoPerfilMensaxe Privao
Citar
  
Usuarios
Usuario:
Clave:
Perdín a mía Clave

Últimos 5 temas activos
Fecha 23/01/21 02:34:03 PM
» Oficial: pro namáis u...
Por: Redacción Último post
Fecha 16/05/19 09:12:19 PM
» Deretos lingüísticos
Por: Candalín Último post
Fecha 03/03/19 11:20:15 AM
» Memoria histórica
Por: Redacción Último post
Fecha 15/12/18 02:04:00 PM
» Literatura
Por: Redacción Último post
Fecha 13/12/18 04:50:02 PM
» Normalización
Por: Redacción Último post