Calendario |
| Do | Lú | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | | | | |
Eventos pra hoi |
Nun hai eventos pra hoi |
|
|
|
Redacción Administrador
10/12/07 - 03:10:26 PM |
Reportaxe: un vocabulario
Chega as nosas maos un exemplar del Vocabulario del Bable de Occidente recoyío por Bernardo Acevedo y Huelves y Marcelino Fernández Fernández y publicao pola Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas en Madrid nel ano 1932. Este é el primeiro diccionario del galego-asturiano anque nel titulo figura como “bable”. Pra os primeiros dialectólogos, “bable” era a palabra qu’usaban pra chamarye a cualquera lingua autóctona d’Asturias que nun fora castellano. El vocabulario ten un total de 242 páxinas con us miles de voces del Navia-Eo (con dalgúa incursión nel asturiano) y a súa correspondencia en galego y en portugués. Ten tamen seis láminas con fotografías abondo interesantes dende un punto de vista etnográfico. Entre os vocablos incluyen tamen nomes propios usaos naquela epoca, como Calistro, Llouguís, Malvina, Queitano ou Xetrudes. É triste ver como muitas das entradas del diccionario, por nun dicir a mayoría, tán desaparecendo del linguaxe das xeneracióis novas y cómo as palabras d’este vocabulario han pasar a ser nel futuro úa peza de museo. A recoyida dos datos fixeronla entre el búales Acevedo y Huelves (nas dúas primeiras decadas del siglo XX) y el valdeparego Marcelino Fernández y Fernández (que chegóu ser alcalde d’Uviedo), qu’amplióu máis tarde a investigación del primeiro y amecéuye palabras y significaos novos, ademáis das fotografías. Xa el propio Ramón Menendez Pidal, que fai a introducción, diferencia a nosa lingua das vecías, y dice textualmente: “Los demás concejos citados pertenecen todos a la parte occidental de Asturias, donde se habla un dialecto medio gallego medio bable…” y xa nos avisa (¡nel ano trenta y dos!) del peligro que corre a nosa forma de falar: “Considérese la urgencia de trabajos de esta índole pensando lo rápidamente que va desapareciendo el bable, sobre todo del occidente…”. El vocabulario é mui rigoroso en conto á pronunciación y tamén busca a mayor precisión xeografica posible (diferencia entre as diversas variantes y describe a palabra en cada caso y incluye muitas citas de localismos). Zárrase el vocabulario con dous apéndices, ún de voces “bables” d’Aurelio de Llano y outro d’adivianzas da nosa comarca y del resto d’Asturias. Por poñer un caso:
Escarpín sobre escarpín, escarpín de rico pano; nun adeviarás este ano nin tampouco pral que vén si nun cho dice daquén. (a cebola)
Poñemos, como exemplo, dalgúa das entradas:
Afiyado-da. Ahijado-da. Us. de Luarca a los concejos de la montaña de la ribera del Eo, en los cuales se dice afillado, como en gall. y port. F.-“Da fogaza del compadre, bon pedazo al afiyao”, frase que indica que se puede ser rumboso con lo ajeno. A.
Esparafitarse. Despepitarse; hablar y accionar vehementemente: “Non te esparafites tanto, que bén te entendo”. Us. Por los viejos del Navia al Eo. F.
Mingo. Domingo, nombre propio, por aféresis. Aum., Mingón A.F.
Vir.Venir. Variante de su fexión: Veño, véis, vén, vimos, vides, véin. Vía, vías, etc. Vin, viche, veo, vemos, vestes, veron. Viréi, virás, virá, viremos, viredes, virán. Viría, virías, etc. Vén, vide. Veña, veñas, etc, Vera y vese, veras y veses, etc. Vindo. El part. Vido apenas tiene uso: “Ir y vir chámanye acarrear”; “Mentras vou y veño, vereda teño”; “Condo a Candeleira rí- el inverno ta por vir”. Us. de Valdés al Eo, y en gall.y port.; en algunos concejos, vinir y vienir, diciendo en el pres. vieno, y en el indef.. vinisti. A.F. |
|
|
|
|
|
Redacción Administrador
05/12/07 - 06:34:25 PM |
Rapalacóis presenta alegacióis al depósito d'arena na praya d’Arnao (As Figueiras)
El Asociación Cultural figueirola presentóu esta semana dalgúas alegacióis al Estudio d’Impacto Ambiental del proyecto de dragao pra manter as canales das Figueiras y Castripol y alimentar a praya d’Arnao, na Ría del Eo. Estas alegacióis fainse por causa del depósito de 45.000 metros cúbicos d’arena na ensenada da citada praya. Rapalacóis afirma que, se se leva a cabo del xeito previsto, as obras confrontarían coa Lei de Patrimonio Cultural del Principao d'Asturias y coa Lei de Patrimonio Historico Español, porque é cerca d’esa zona da Ría unde se toparon os restos d’úa nave de guerra da marina española del ano 1719, según os primeiros estudios, lo que se define nas dúas leis como “zona arqueolóxica”. Por outro lao, Rapalacóis tamén alega qu’esa cantidá d’arena ha modificar el paisaxe actual da praya y as dinamicas sedimentarias, col qu'eso supón pra úa praya das menos agredidas pol ser humano na costa asturiana, y tamén qu’esa mesma arena ha volver entrar nas canales, porque el propio estudio señalalo así nas dinamicas mareales previstas. Como solución, propónse que se bote el arena na zona esterior unde se vai botar el resto da que se saque hasta completar os 170.000 metros cúbicos qu'han mover. El Asociación mandóu copia das alegacióis á Conseyeiría de Cultura y al Conceyo de Castripol acompañadas neste caso d’úa carta amostrando a súa rotunda negativa ás obras proyectadas. |
|
|
|
|
|
Redacción Administrador
19/11/07 - 05:54:37 PM |
Xa se ta repartindo pol occidente el cartel da manifestación del Conceyo Aberto pola Oficialidá
El Conceyo Aberto pola Oficialidá (CAO) convoca úa manifestación pra este sábado 24 de novembre pra reivindicar, como outros anos, a oficialidá del asturiano y del galego-asturiano. Antias da manifestación van salir marchas a pé dende Avilés, Xixón, La Pola Siero, Mieres, La Felguera y Trubia. En Trubia, na rotonda del Instituto, hanse a xuntar ás 12:00 horas toda xente del Occidente asturiano pra dende ei ir a pé hasta a capital. Todas as marchas han a acabar xuntándose ás 18:00 horas na Estación del Norte (RENFE) d'Uviéu pra recorrer en manifestación as cayes da ciudá. El Conceyo Aberto pola Oficialidá é a plataforma qu'axunta ben d'asociacióis culturales, grupos en defensa del asturiano y del gallego-asturiano, organizacióis políticas y personas individuales, con un caracter unitario y apartidista col único fin de reivindicar a oficialidá das dúas linguas d'Asturias. Nel CAO trabayan tamén d'un xeito ben activo organizacióis y personas del Navia-Eo. Con esta campaña nova querse amostrar a unidá de todos os asturianos al pedir que se respeten os deretos lingüísticos de toda a ciudadanía. A reforma estatutaria qu’agora tán tratando as forzas parlamentarias asturianas ten que ser el momento de reconocer d’úa vez úa reivindicación social que ta por amañar en Asturias dende hai máis de trenta anos: a oficialidá das nosas linguas pra garantizar que naide sía discriminao por causa da lingua que fala. |
|
|
|
|
|
corresponsal Administrador
15/11/07 - 01:17:54 PM |
Marisa López Diz gana el XVII Premio Xeira
El relato «A fiya del xastre», de Marisa López Diz, acaba de ganar a XVII edición del Premio Xeira de narracióis curtias en galego-asturiano. El xurao, formao polos escritores Manuel García-Galano, José Manuel Martínez Castro, M.ª José Fraga Suárez y Rafael Cascudo Noceda, acordóu conceder el premio, dotao con 500 euros, al relato de López Diz. Marisa López Diz (Xixón, 1970) ten vinculación familiar con Grandas y eso levóula a alternar el cultivo da literatura tanto en asturiano como en galego-asturiano. Na primeira das linguas ten publicaos dous poemarios, Tiempu de tristura (1998) y Poemes de carambelu (2007), este último pral público infantil. Hai ben pouco acaba de publicar un poemario en galego-asturiano: A terra esqueicida, editao pola editorial Trabe na súa colección de poesía Albera. Antias d’eso xa publicara poemas na nosa lingua en revistas del Academia da Lingua Asturiana como Lliteratura ou Lletres Asturianes y parecera nel antoloxía Unde letras falan. Antoloxía da poesía en galego-asturiano (1891-2006). Marisa López Diz tamén forma parte del dúo Mestura, col que sacóu un disco, «Agua del norte», unde incluía un tema d’ela cantao en galego-asturiano: «Días de cinza». |
|
|
|
|
|
Redacción Administrador
15/11/07 - 01:02:27 PM |
Dous artículos y úa cántiga en galego-asturiano Nel númaro 23 da revista Asturies. Memoria encesa d’un país, qu’edita a Fundación Belenos, inclúyese un artículo en galego-asturiano: «Cortíos sin osos», del naturalista César Alonso Guzmán. Nel reportaxe, ilustrao con úas fotos ben guapas de cortíos por todo el occidente asturiano, faise úa revisión al tópico de qu’estas construccióis fíanse pra defender os trobos dos ataques dos osos. ¿Fixéronse cortíos sin qu’houbera osos? Esa é úa das perguntas que tenta de responder este artículo, ademáis de repasar a presencia del oso na Serra da Bovia y as defensas que se tán discurrindo nel siglo XXI pra defender os colmiales.
Presentóuse nel mes d’outubre úa revista d’historia contemporánea d’Asturias: Erada. Nela publícanse artículos sobre cuestióis como el significao da Xunta Superior de Defensa d’Asturias condo a invasión francesa, el republicanismo en Xixón ou a resistencia obreira mentres foi a dictadura de Franco. Na sección de documentos, Xosé Miguel Suárez Fernández publica «Un artículo inédito de 1931 sobre autonomía asturiana y agrarismo pral periódico El Aldeano de Castripol». Trátase d’úa colaboración escrita por Manuel Marinero y Claudio Penzol pral quincenario castripoleño peró que nunca chegóu a publicarse.
Xa ta nas tendas de discos el trabayo de debú de Dulcamara: «Sali, l.luna». Nél, ás voces y percusióis das seis pandereteiras asturianas améceseyes el trabayo d’úa banda de músicos folk-rock núa mezcra ben interesante. Úa das pandereteiras, Carmen «Trevías», ta vinculada familiarmente al Franco y por eso nas actuacióis altérnase nas presentacióis cuas súas compañeiras y ella fala en galego-asturiano. Tamén nel disco hai un tema composto por ela, «Nosh» (noite), que, a pesar del sou titulo en búlgaro, ta en galego-asturiano. D’este xeito, hai qu’amecer un tema novo de creación na nosa lingua a os grabaos nestos últimos tempos por Toli Morilla («A fronteira»), Mestura («Días de cinza»), Ígor Medio y Lisardo Prieto («Penouta») ou Cádaba («Xúcaras»). |
|
|
|
|
|
corresponsal Administrador
30/10/07 - 10:57:58 PM |
Amigos d’Antonio Raymundo Ibáñez convoca el sou premio de relatos
Ta convocada a sesta edición del concurso de relatos «Antonio Raymundo Ibáñez Marqués de Sargadelos» qu’amaña en Santalla d’Ozcos el asociación del mesmo nome. Os relatos poden ser en galego-asturiano ou en castellano y tein que tratar sobre asuntos reales ou figuraos que beban del patrimonio cultural dos Ozcos ou del Occidente asturiano en xeneral: costumes, lendas, cántigas, refráis, romedios, anécdotas, etc. Nel premio hai as categorías d’escolar y d’adultos (locales y de fora). Nel caso dos que se presenten como escolares, tein que tar matriculaos en dalgúa das escolas da zona y el relato nun pode ter máis de 25 linias. Nel caso dos adultos a largura másima é de 100 linias. Nos dous casos hai que mandar el orixinal y dúas copias col sistema de plica. El prazo acaba el 20 de novembre de 2007 y el fallo hase a dar a conocer el 17 de decembre d’este mesmo ano. Os premios son de 200 euros en material prá categoría escolar y de 250 euros pra os adultos. Pódense consultar máis detalles das bases na web del asociación.
http://sargadelosensantalla.org/documentos/BASES-VI-PREMIORELATOS.pdf Text Text Text |
|
|
|
Castripol: actividades | #33 |
|
|
Redacción Administrador
19/10/07 - 07:53:48 PM |
Castripol énchese d'actividá nun fin de semana festexeiro y deportivo
El Conceyo de Castripol ha a acoyer dúas actividades de ben distintos fines. Por un lao, el sábado 20 hase faer nel muelle da capital a celebración oficial da declaración como Reserva da Biosfera del Río Eo, Os Ozcos y Terras de Burón; por outro, el mesmo día y el domingo 21, as terras castripoleñas hanse a encher de xente cos actos del II Rally Sprint. Os actos de celebración da Reserva da Biosfera han a empezar as dez y media da mañá con un mercao tradicional, acompañao d'actividades como xogos tradicionales, cuntacontos y actuacióis de música. Al mediodía, os presidentes d'Asturias y Galicia, Vicente Álvarez Areces y Emilio Pérez Touriño, han a visitar a Ría en lancha, chegando al muelle de Castripol á úa y media. Alí hase a faer el acto central de presentación da Reserva. A xanta nun ha ser un problema pois hai degustación de productos típicos da comarca acompañaos de pulpeiría é de baldre. Ha a haber autobuses gratuitos desde todos os conceyos da comarca Ozcos-Eo. Por outro lao, el II Rally Sprint hase a faer entre Presno y Bourio, con actividades en Castripol como as verificacióis técnicas ou el entrega de premios. Máis info: www.rallycastropol.com www.ayto-castropol.com |
|
|
|
Amostrando 7 Artículos d´un total de 571 |
[ 1 … 75 76 77 78 79 … 82 ] |
|
« Anterior | Seguinte 7 » |
|
|