Calendario |
| Do | Lú | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | | | |
|
|
|
Redacción Administrador
16/08/07 - 03:21:13 PM |
[image=http://www.falaviva.net/uploads/cartel siares.jpg] Siares prepara el sou 6º Descenso Internacional
A localidá castripoleña de Siares ha acoyer os días 23, 24 y 25 d'agosto a sesta edición del descenso internacional de Carrilanas. A proba é valida pral Open d'España da Federación de Deportes d'Inercia. El númaro d'inscripcióis ta limitao a 100 participantes, tanto españoles como del extranxeiro, entre os qu'ha tar el piloto alemán Joachim Maerz (Yogi). A baxada de carrilanas vai ganado adeptos ano a ano y tase convertindo núa das reunióis deportivas máis importantes del Navia-Eo. Por outro lao, el aspecto festexeiro del actividá tamen vai medrando y a cita xa é un referente del brao pra toda a comarca.
Toda a información en: www.seares.es |
|
|
|
|
|
Redacción Administrador
19/07/07 - 08:23:22 PM |
A Noite Folk de Bual abre as Noites Celtas del Navia-Eo
Este venres 20 hase faer nel área recreativa de Llaviada a segunda Noite Folk de Bual cua participación dos veigueños Darbukka (que tein en preparación el sou primeiro trabayo discográfico) y os máis veteranos Corquiéu. A sidra y os bolos preñaos han tar presentes pra os que quiran probalos. El vernes 27 hache ser A Caridá quen tome el relevo cua súa VI Noite Folk nel área recreativa de Pormenande. Ademáis dos anfitrióis Cádaba han actuar Los Ciquitrinos y Pepe Vaamonde. Neste caso ha ser el churrasco el rei gastronómico da festa, con vales qu’hai que comprar antias da fecha. Os aficionados a música tradicional tein tamen marcao nel axenda el FIDO (Festival Interceltico d’Occidente) que vai amañarse en Tapia entre el 15 y el 19 d’agosto contando entre outras actuacióis cos irlandeses d'At First Light Band y Lúnasa, el bretón David Pasquets y os asturianos Tejedor y Llan de Cubel. A tradicional Noite Celta de Porcia ha pechar el calendario d'actuacióis el último fin de semana d’agosto. Como xa é habitual nel evento, as actuacióis nun se han conocer hasta última hora, pro seguro qu’han traer a lo miyor del panorama folk nacional y internacional. |
|
|
|
|
|
Redacción Administrador
19/07/07 - 07:20:53 PM |
A páxina web da RTPA publica noticias en galego-asturiano
A páxina web que ten a Radio Televisión del Principao d’Asturias ten dende hai us meses úa sección, “Estaya d’asturianu”, unde se poin cada día cinco novas de tipo cultural. Entre elas publícanse ás veces noticias en galego-asturiano sobre actividades, esposicióis, concertos, etc., que se fain polos nosos conceyos. Pódese visitar a sección calcando aquí: http://www.estayadasturianu.es/ |
|
|
|
Literatura:Premio Xeira | #22 |
|
|
corresponsal Administrador
21/06/07 - 11:39:28 PM |
Xa ta convocao el XVII Premio Xeira de narracióis curtias
El qu’é el premio literario máis veterano na nosa lingua chega xa á súa decimoséptima edición. A entrega del premio da edición anterior, feita na Caridá el sábado 9 de xunio pasao, valíu ademáis pra convocar a edición d’enguano.
El premio, de 500 euros, halo a levar a miyor narración en galego-asturiano que se presente enantias del 15 d’outubre d’este ano. En ocasióis anteriores levaron el premio autores qu’hoi xa tein libros editaos tanto de narrativa como de poesía: Manuel García-Galano, Fredo de Carbexe, Jacinto Díaz, M.ª José Fraga ou Aurora García Rivas. Dende aquí animamos a participar á toda a xente del occidente que teña inquietudes literarias. |
|
|
|
Patrimonio:El Cabo Branco | #21 |
|
|
Redacción Administrador
13/06/07 - 09:05:08 PM |
El Cabo Branco candidato a Patrimonio Cultural da Unión Europea
El castro del Cabo Branco, na parroquia de Valdepares, nel conceyo del Franco, foi escoyido hai us días pra representar, xunta outros, a candidatura al Unión Europea qu'os gobernos d'Asturias, Galicia y Portugal tein pensao fer pra declarallo Patrimonio Cultural. D'este xeito, reconócese este asentamente milenario como ún dos más representativos dos cerca de 6.000 que hai pol noroeste da Península Ibérica. El castro, inda sin escavar dafeito, ta considerao como ún dos asentamentos marítimos máis representativos da costa cantábrica, sendo ún dos castros más estensos y fortificaos (con furaos defensivos que chegan cuase a os dez metros d'altura hasta el pico dos vallaos que los preceden) que podemos disfrutar en toda a contornada, con úa estensión catalogada d'alomenos tres hectáreas. Estímase qu'este castro púidose empezar a habitar siglos antias del cambio d'era hasta os tempos da romanización, anque os restos de cerámica dos qu'hasta agora temos noticia falan da falta de presencia romana pola feitura bruta das pezas topadas. Asina lo certifican calicatas feitas hasta agora por arqueólogos del Principao d'Asturias cada brao dende el ano 2003 col fin de conocer y catalogar as partes descubertas que máis tarde volven taparse. El observador al xeito ha topar abondas evidencias del asentamento a simple vista -además d'un furao, aberto en parte-, como son os cuatro vallaos precedidos dos correspondentes furaos defensivos, ou paredes a plomo col arribada, aparte d'escaleiras escavadas na pedra pr'axudar a baxada por ella. Animámosvos dende aquí a que lo visitedes.
Máis info www.parquehistorico.org |
|
|
|
Literatura: Premio Xeira | #20 |
|
|
Redacción Administrador
04/06/07 - 10:07:57 PM |
Xeira entrega na Caridá el sou premio lliterario Vaise cuntar cua música en directo del cuarteto folk Mezá
El sábado 9 de xunio, ás nove da noite, nel auditorio da Casa da Cultura del Franco, el asociación cultural Xeira entrega el XVI Premio de narracióis curtias. Nesta edición, el galardón foi pr’Aurora Bermúdez Nava, da Caridá, col relato titulao «Tempo de dolor». A primeira parte da noite ha a tar dedicada á entrega del premio y ás palabras da premiada, das autoridades presentes y del presidente de Xeira. Peró Xeira caracterizóuse al largo d’estos anos por brindar nos sous actos outro tipo d’actividades que tein el galego-asturiano como vehículo: música, presentacióis de libros, teatro, recitales poéticos. Pra este ano cúntase con dúas actuacióis. Primeiro, Javier del Dios, actor del grupo de teatro da Caridá, ha a ofrecer un monólogo humorístico. Y, pra pechar a entrega del premio, preséntase el cuarteto Mezá, de Bual, un grupo folk con compoñentes mui novos que ta botando a andar y que supón úa promesa de futuro prá música de reiz del occidente. Un motivo máis pr’achegarse á capital caridega. |
|
|
|
Lingua: Entrambasauguas | #19 |
|
|
Redacción Administrador
04/06/07 - 10:03:42 PM |
A revista Entrambasauguas chega al sou númaro 24
Despóis d’once anos d’andadura, a revista Entrambasauguas, editada pola Secretaría Lingüística del Navia-Eo, del Academia da Lingua Asturiana, chega al sou númaro 24. Son muitos os asuntos que trata a revista. Ábrese con un reportaxe de Rafael Cascudo Noceda y Tania Cascudo Loza sobre dous protagonistas das primeiras eleccioóis democráticas en Tapia. As entrevistas siguen con úa feita pola revista a Moncho Martínez Castro, responsable de Falaviva.net, unde esplica el porqué d’esta iniciativa y os sous proyectos. A naviega M.ª Ángeles Rodríguez Montañés fala na súa colaboración das posibilidades qu’un bon uso das tecnoloxías del información poden ofrecerye a os asturianos y Eva Rico Ventoso, noutro artículo esplica as actividades del sou grupo folk, Darbukka. Na sección "Por camíos y carreiros", Rafael Cascudo Noceda cúntanos a ruta das bodegas, entre Grandas y Pezós. Manuel García-Galano, pola súa parte, volve ás páxinas da revista con úa narración:"Tres casas, un llugar". Peró einda hai máis: úa colaboración ben chocante d’Esteban Nogueiro sobre os sous tempos de mozo na discoteca Edén de Tapia, un recordatorio dos 70 anos del café tapiego del Moderno a cargo de Félix Martín, ou un artículo de Berto Peña recoyendo dalgúas lendas sobre Os Teixóis de Taramunde, ou as colaboracióis literarias de Moisés Cima ou Verardo Fernández. A sección "El Arco da Veya", pra os máis pequenos, vén col dobre de páxinas y nel "Axenda" faise un resume cuase completo das actividades relacionadas col galego-asturiano feitas dende que salíu el númaro anterior."El houcha" brinda úa foto veya comentada por Iván "Cazarón" y rescata úa colaboración de 1915 escrita pol naviego Antonio Fernández na prensa del época. |
|
|
|
Amostrando 7 Artículos d´un total de 571 |
[ 1 … 77 78 79 80 81 82 ] |
|
« Anterior | Seguinte 7 » |
|
|