Navegación Xeneral
» Empezo
» Foro
» Buscar
» Enlaces
» Contacto

Calendario
«Decembre 2021»
DoMaXoVe
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031 

Encuesta

Eventos pra hoi
Nun hai eventos pra hoi

Obituario#515
Redacción
Administrador

Fecha 21/05/15 - 12:33:05 PM
Morre el escritor Xaviel Vilareyo


    Este mércoles 20 de mayo sorprendíamonos cua noticia repentina da morte de Xaviel Vilareyo Villamil (Mieres, 1967). Escritor y activista cultural, era un caso máis da xente nacida nel centro d'Asturias nos anos sesenta del siglo pasao, peró con orixe nel estremo occidental asturiano, porque sous padres foron nacidos en Bual y El Franco.

    Xaviel Vilareyo foi persona comprometida cua literatura en asturiano, anque esa orixe eonaviega féxoye interesarse tamén pol cultivo del galego-asturiano. En 1997 ganóu el premio de poesía Vila de Sarria (Lugo) col poemario Os novos poemas, que publicóu con Xeira en 1999. Ganara tamén el Premio Xeira en 1998 col relato «Na marxe dos carreiros», publicao despóis pola mesma asociación nel volume colectivo Lletras novas (2000). Na revista Lliteratura tamén publicóu outro relato en galego-asturiano, «Os perfumes d'ausencia». As súas colaboracióis nesta lingua incluíron artículos máis periodísticos ou históricos, como os que publicóu na revista Entrambasauguas.

    Nun nos referimos aquí á súa muita producción en asturiano, da que se poden atopar reseñas dayundes, peró nela tamén se poden encontrar dacondo referencias al occidente asturiano. Mesmamente ten publicao poesías en galego-asturiano en obras en asturiano, como «Esmolecimento», nel sou poemario Cróniques del recuerdu (1997), antologada nel obra Unde letras falan. Antoloxía da poesía en galego-asturiano. Tamén publicóu dalgús inéditos nesta lingua nel antoloxía Na boca de todos, d'Aurora García Rivas.

    El funeral por Xaviel Vilareyo Villamil faise este xoves 21 en Uvieo, peró el sou corpo vai repousar nel cementerio de Navia.
0 Comentarios23822 Lecturas

Trabatel#514
Redacción
Administrador

Fecha 13/05/15 - 10:34:58 PM
http://www.falaviva.net/uploads/Trabatel.jpg


Xa se pode descargar el númaro 6 da revista Trabatel


    Trabatel. Revista eonaviega de lliteratura presentóu el sou númaro 6 dentro del Homenaxe ás nosas lletras feito nel Auditorio das Quintas, na Caridá, el 2 de mayo. A revista, de carácter non venal, distribúyese por bibliotecas, conceyos, centros educativos y servicios de normalización del estremo occidental asturiano. Ademáis, pode pedirse un exemplar de baldre na dirección opll@asturias.org ou descargarse el PDF na web del Servicio de Política Lingüística.

    A sesta entrega da revista vén con nomes novos y nomes xa conocidos. Entre as colaboracióis dos máis veteranos tán dúas poesías de Manuel García-Galano. É úa faceta na que se prodiga pouco y quixo apurrir dúas creacióis inéditas pra Trabatel. Tamén conocidos son Alfredo Álvarez de Ponticella, autor d’Al son das zalanceiras, que brinda cinco poesías; y Arturo Álvarez, Tangueiro, que publicóu el ano pasao a novela Vida maleva y que d’esta volta ofrece cinco microrrelatos.

    Entre os nomes menos conocidos tán Alberto Castro Gión, que nunca publicara anque xa ganara núa ocasión el Premio Xeira y que trai un conto, «Río enriba». Desconocido dafeito prá literatura en galego-asturiano era Lorenzo Méndez Avello, que se dá a conocer col relato «Hora del patio». Pra rematar este recorrido por autores inéditos ta Luisa Méndez Fernández, úa escritora veterana xa en casteyano y asturiano y que s’estrena agora con cuatro poesías. Nel apartao de traduccióis son dous os contos que se publican:  «El conto de xuyín», de Neil Gaiman, y «El veyo da ponte», d’Ernest Hemingway.

    Como sempre, al final da revista reséñase a producción literaria publicada dende el último númaro de Trabatel, neste caso cinco títulos: úa novela, un ensayo, un poemario, un libro infantil y un libro de cómic.

    D’esta volta, ilustran a portada y el interior da revista as fotos del valdeparego Eloy Couceiro.
0 Comentarios23166 Lecturas

Literatura#513
Redacción
Administrador

Fecha 13/05/15 - 10:20:03 PM
http://www.falaviva.net/uploads/Bringasnovas.jpg


El libro bilingüe Blimes nueves, bringas novas, dispoñible pra descargar


    Blimes nueves, bringas novas, el libro editao pola Conseyeiría d’Educación, Cultura y Deporte pral Día del Libro Asturiano xa se pode descargar en pdf na web del Servicio de Política Llingüística. [http://www.politicallinguistica.org/ficheru.php?cod=1615]

    A publicación féxose pra festexar a 36 Semana das Letras Asturianas y regalar a toda a xente que mercara un libro en asturiano ou en galego-asturiano el venres 8 de mayo. Nel obra, núa edición ben guapa, recóyense os microrrelatos ganadores del XX Certame de Creación Artística/Literaria pral alumnao de centros escolares que tán matriculaos nel asignatura d’Asturiano ou de Gallego-Asturiano. Na edición del ano pasao, foi a primeira vez qu’el libro regalo s’editaba tanto núa lingua como nel outra. D’esta volta, el obra pra regalar ta dafeito bilingüe y vai alternando microrrelatos tanto de centros eonaviegos como del resto d’Asturias. Nel caso dos premiaos en Secundaria namáis hai contos en asturiano, polo que se supón que nun se presentaron participantes en galego-asturiano.
0 Comentarios21140 Lecturas

Semana das Letras Asturianas#512
Redacción
Administrador

Fecha 06/05/15 - 05:55:47 PM
A Semana das Letras chega á recta final con ben actividades


    A Semana das Letras Asturianas remata as actividades nel occidente con úas contas citas. A primeira é este xoves 7 de mayo, ás oito da tarde, na Casa da Cultura da Veiga. Preséntase a novela El batallón Galicia, de Cristóbal Ruitiña. Ademáis del autor, ha a tar Ángel Prieto Souto, activista cultural.

    El venres 8 de mayo é el Día del Libro Asturiano y por ese motivo a xente que compre un libro en galego-asturiano ha a recibir de regalo el obra Blimes nueves, bringas novas, publicación feita cos relatos ganadores del concurso literario qu'a Conseyeiría de Cultura amaña todos os anos na Semana das Letras entre os escolares que van ás asignaturas d'Asturiano y de Galego-Asturiano. É úa iniciativa unde participan libreirías de toda Asturias y que, dende el ano pasao, tamén ta aberta ás del Navia-Eo. Pra eso faise un cartel en galego-asturiano y el libro-regalo tamén ta nesa lingua. A pena é que, a pesar de dárseye ben publicidá, namáis quixeron participar as libreirías da Veiga (Casa Pérez, San Pedro, Patefa) y a de Bual (Pablo).

    As Oficinas de Coordinación Cultural y Lingüística d’Ozcos-Eo y del Parque Histórico del Navia volven propoñer outra edición d'Al son das letras pra este venres. Tal y como se programóu en anos anteriores, nesta sesta edición del actividá vaise poñer á disposición da xente úa serie de materiales editaos en galego-asturiano qu'han a poder recoyerse en distintos sitos dos conceyos da Mancomunidá Ozcos-Eo y da comarca del Parque Histórico del Navia. El xoves 7 de mayo, nel Facebook da Mancomunidá Ozcos-Eo  y na páxina web del Parque Histórico del Navia hase a fer pública úa lista dos sitos unde s'han a poder atopar estos materiales y, asina, a partir das doce da mañá del 8 de mayo, Día das Letras Asturianas, quen quira ha a poder pasar por esos sitos y recoyer gratis úa publicación en galego-asturiano. El idea d’esta iniciativa é fer chegar a toda a xente interesada úa mostra da producción literaria en galego-asturiano, aprovetando a celebración d’este día. Pídese que, desque se lean, se volvan fer circular as obras y que se mande un correo electrónico ás súas direccióis (culturalylinguistica@oscos-eo.net y cultural@parquehistorico.org). D’este xeito, han a poder dar noticia d’únde s’atopa el libro y facilitar qu’outra xente poda disfrutar d’él.

    Y pra rematar, de tarde, ás sete y media del venres, Uvieo acoye outra convocatoria da manifestación pola oficialidá del asturiano. Hai muitos anos qu'un peteiro de xente del occidente acudimos con úa pancarta reclamando tamén a oficialidá del galego-asturiano. A xente de Falaviva.net ha a tar alí porque esta luita é de todos y sabemos da necesidá de qu'as nosas reivindicacióis tían presentes tamén ese día.
0 Comentarios22197 Lecturas

Normalización:medios#511
Redacción
Administrador

Fecha 30/04/15 - 11:33:37 AM
A RTPA vai fer espacios informativos en galego-asturiano prá Semana das Letras


    Vai ser a primeira vez qu'a radiotelevisión pública asturiana (RTPA) emita información en galego-asturiano. El motivo é a Semana das Letras Asturianas, un paréntesis d'us días nel ano en que se levan adelantre iniciativas pra un uso normal dos idiomas propios d'Asturias. Neste caso trátase d'usar el galego-asturiano en espacios informativos, cousa que nunca se fexo. Ougüírase dacondo en entrevistas a xente del occidente, peró nunca se sentira úa voz en off falando na nosa lingua. 

    Dentro d'úa programación especial en radio y televisión, han a emitirse microespacios despóis dos informativos unde s'ha a falar das actividades da Semana, del asturiano, da súa situación, da súa literatura, con reportaxes y entrevistas. Os profesionales y empresas contratadas qu'han a fer estos microespacios quixeron este ano ter tamén en conta el galego-asturiano y por eso dalgún d'esos reportaxes han a falar na nosa lingua, dando conta de novedades literarias y entrevistando a escritores y músicos. En principio, na televisión cúntase empezar este sábado, despóis dos informativos del mediodía y da noite, pra dar conta del Homenaxe ás nosas lletras que se vai fer na Caridá y unde se vai presentar a revista Trabatel y vai actuar El Trasno. El sábado iría úa información sobre Trabatel y el domingo, sobre a banda de gaitas cuañesa.

    Vai ser un momento histórico y muita xente ha a botar en falta qu'esa normalidá nun se viva el resto del ano na radiotelevisión de toda a xente d'Asturias, tamén a que fala galego-asturiano.
0 Comentarios21553 Lecturas

Semana das Lletras Asturianas#510
corresponsal
Administrador

Fecha 28/04/15 - 04:33:25 PM
http://www.falaviva.net/uploads/Cartel_Homenaxe_2015.jpg


A Caridá acoye el Homenaxe ás nosas lletras


    A Semana das Letras Asturianas empeza este sábado ás sete da tarde nel Auditorio das Quintas, na Caridá, ás sete da tarde. A cita é cua nosa literatura, nun acto chamao Homenaxe ás nosas lletras unde s'ha a fer un reconocemento a os escritores y escritoras que mantéin vivo el cultivo del galego-asturiano.

    El homenaxe ábrese cua presentación del sesto númaro Trabatel. Revista eonaviega de lliteratura, que s'ha a regalar a todos os asistentes. Despóis ha a vir a lectura de textos literarios a cargo dos alcaldes y alcaldesas da zona. Pra rematar, derriba del escenario ha a tar a Banda de Gaitas El Trasno, de Cuaña, ganadora cua cántiga "Volviche" del Premio al Miyor Cantar 20014. Nel concerto, apoyaos polos músicos que vein acompañándola na xira, han a tocar os temas del sou disco Axeitín.
0 Comentarios22094 Lecturas

Literatura#509
corresponsal
Administrador

Fecha 24/04/15 - 04:21:59 PM
http://www.falaviva.net/uploads/xarolas.jpg


Publícase el libro infantil As tres xarolas, d’Inés Fernández


    Este pasao Día del Libro salíu á venta el primeiro conto escrito en galego-asturiano pola maestra Inés Fernández Fernández (Inés de Lavandera). Esta autora nacida en Campos (Tapia), estrénase na creación en galego-asturiano con un conto dirixido a rapacíos y rapacías d’educación primaria, titulao As tres xarolas, que relata as aventuras y xiringonzas de tres nenas que, por mor da casualidá, un día s’atoparon nel que podera ser un poblo del occidente asturiano.

    Editao pol Asociación de Vecíos de Campos La Unión, As tres xarolas leva ilustracióis da diseñadora gráfica y ilustradora Miriam Díaz, y xa s’atopa distribuido polas libreirías da zona. A súa autora cunta presentalo oficialmente nel mes d'agosto na Casa da Cultura de Tapia con motivo da celebración del Festival Intercéltico d’Occidente. Trátase d’úa das escasísimas publicacióis en galego-asturiano que s’editan pra os máis pequenos.
0 Comentarios21669 Lecturas

Amostrando 7 Artículos d´un total de 571 [ 1 … 7 8 9 10 11 … 82 ]
« AnteriorSeguinte 7 »
Usuarios
Usuario:
Clave:
Perdín a mía Clave

Últimos 5 temas activos
Fecha 25/09/21 04:45:59 PM
» Estudios históricos
Por: Redacción Último post
Fecha 25/09/21 04:45:54 PM
» Estudios históricos
Por: Redacción Último post
Fecha 25/09/21 04:45:51 PM
» Estudios históricos
Por: Redacción Último post
Fecha 17/09/21 01:55:08 PM
» Nosoutros: os asturia...
Por: Redacción Último post
Fecha 23/01/21 02:34:03 PM
» Oficial: pro namáis u...
Por: Redacción Último post