Navegación Xeneral
» Empezo
» Foro
» Buscar
» Enlaces
» Contacto

Calendario
«Novembre 2022»
DoMaXoVe
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930   

Encuesta
¿Qué habería que cambiar en Falaviva?
El diseño da páxina
A regularidá das publicacióis
A diversidá de temas das noticias
El concepto «blog-foro»
Outra cousa
Enseñar resultaos

Eventos pra hoi
Nun hai eventos pra hoi

Foros » Novas » Novas » Patrimonio:investigación
  
Patrimonio:investigación
corresponsal
Fecha 27/01/08 - 05:11:08 PM#1
Administrador

Activación: 10-Oct 06
Mensaxes: 302
http://www.falaviva.net/uploads/castro_falaviva.jpg

Úa investigación data El Castriyón de Villacondide (Cuaña) como prerromano


    Al final confirmóuse el que xa osmaban muitos investigadores: a fundación del castro del Castriyón –que se popularizóu equivocadamente como «castro de Coaña»–, en Villacondide (Cuaña), é d’época prerromana. Eso acaba de revelar úa investigación dirixida pola Conseyeiría de Cultura, que data el castro alomenos nel siglo IV antias de Cristo gracias ás mostras analizadas col carbono 14. El arqueólogo del Servicio de Patrimonio, Ángel Villa, dirixe as actuacióis arqueolóxicas da Conseyeiría nel occidente dentro del plan Arqueolóxico del Navia-Eo, d’emparzao col arqueólogu Alfonso Menéndez Granda, responsable das escavacióis nel xacemento.

Historia d’úa investigación
    A esistencia de ruinas del Castriyón de Villacondide era conocida, alomenos, dende el siglo XVIII, anque a primeira actuación arqueolóxica fíxola en 1876 el erudito José María Flórez y González. García y Bellido, en 1940, fixo a primeira investigación de tipo científico en Villacondide, animao pol historiador asturiano Uría Ríu. Ademáis de volver escavar as cabanas descubertas por Flórez, os trabayos de García y Bellido y Uría Ríu deron datos ben interesantes sobre a feitura del castro y deixaron al descuberto 77 casas del barrio extramuros. Tamén descubriron y interpretaron el primeiro «monumento con forno» conocido en Asturias al que lougo seguiron dous edificios aparecidos escavaos nel castro de Pendia (Bual). Pensaban que, como consideraban os sous colegas portugueses nel castro de Briteiros (Portugal), aquelas construccióus usábanse como fornos crematorios. As escavacióis dentro del Plan Arqueolóxico del Navia-Eo favoreceron que s’atoparan noutros castros edificios aparecidos, escavaos con criterios actuales, y correxir aquela interpretación al reconocer evidencias abondas pr’atestigar el sou uso balneario.
    Entre 1958 y 1961, Francisco Jordá volvéu aló cuas escavacióis. Con José Luis Maya, qu’escavóu con Jordá en Villacondide en 1982, acabóu un ciclo d’intervencióis que ten el sou balance máis claro na súa tesis doctoral, dedicada al estudio da cultura material dos castros en Asturias. Da revisión dos materiales saca en conclusión a dificultá pra datar a fundación del castro, que nun se podería levar máis aló del época romana altoimperial (siglo I d. C.).

As investigacióis nel Parque Histórico del Navia
    El Plan Director del Navia-Eo puxo en marcha ben intervencióis unde, dando importancia á conservación y protección de sitos xa escavaos, tamén s’atende á investigación d’outros que, como nel caso del Chao Samartín, en Grandas de Salime, deixaron claro el sou potencial informativo y monumental. Nestos anos cambióu abondo a imaxe del fenómeno castreño. En contra da súa vinculación cuas reformas administrativas altoimperiales de Roma, os rexistros novos confirman a esistencia d’úa Edá del Ferro con us antecedentes que xa se tán atopando en asentamentos da Edá del Bronce como el del Chao Samartín.
    Hai agora úa decena d’especialistas con proyectos d’investigación nel occidente asturiano na Protohistoria y Antigüidá temprana col apoyo del administración asturiana, que quixo favorecer a investigación arqueolóxica pra poñer en valor el patrimonio histórico. Neste labor, que ten nel Parque Histórico a súa figura principal de promoción turística, el castro del Castriyón vai ser el protagonista pola súa proyección histórica y a súa monumentalidá. Pra eso tán féndose trabayos de consolidación das ruinas que deron pé á reescavación dos edificios termales ou saunas castreñas das que xa se falóu.

A orixe prerromana
Nel Castriyón nunca se procesaran mostras orgánicas pra datalas col método del carbono 14.
A restauración dos edificios castreños veu precedida d’úa escavación arqueolóxica que deixóu afinar na comprensión arquitectónica del conxunto, miyorar a súa interpretación funcional y establecer a súa vinculación definitiva col resto d’edificios termales castreños descubertos nel Navia-Eo. Esto fíxose gracias al análisis constructivo das estructuras y, dende un punto de vista cronolóxico, cua datación dos horizontes d’uso y reforma dos edificios. En definitiva, confírmase a orixe prerromana del conxunto termal y, polo tanto, del propio castro.
Nas investigacióis sacáronse tres datacióis que se corresponden con mostras coyidas noutros tantos sitos del conxunto: restos de combustible nel último nivel d’uso d’ún dos edificios que deixa claro que se seguiron usando hasta que s’abandonaron xa en época romana (entre el 10 a. C. y el 140 d. C.), outra mostra noutro estrato d’uso dos edificios (entre el 410 a. C. y el 30 a. C.) y outro resto sacao nun forno das saunas de tipoloxía máis veya que noutros castros se data nel s. IV a. C. (entre el 740 y el 380 a. C.).
DesconectaoPerfilMensaxe Privao
Citar
  
Usuarios
Usuario:
Clave:
Perdín a mía Clave

Últimos 5 temas activos
Fecha 16/12/21 06:09:17 PM
» take my online quiz f...
Por: olgarikos Último post
Fecha 25/09/21 04:45:59 PM
» Estudios históricos
Por: Redacción Último post
Fecha 25/09/21 04:45:54 PM
» Estudios históricos
Por: Redacción Último post
Fecha 25/09/21 04:45:51 PM
» Estudios históricos
Por: Redacción Último post
Fecha 17/09/21 01:55:08 PM
» Nosoutros: os asturia...
Por: Redacción Último post