Navegación Xeneral
» Empezo
» Foro
» Buscar
» Enlaces
» Contacto

Calendario
«Decembre 2021»
DoMaXoVe
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031 

Encuesta
¿Qué habería que cambiar en Falaviva?
El diseño da páxina
A regularidá das publicacióis
A diversidá de temas das noticias
El concepto «blog-foro»
Outra cousa
Enseñar resultaos

Eventos pra hoi
Nun hai eventos pra hoi

Normalización#501
corresponsal
Administrador

Fecha 26/03/15 - 04:20:03 PM
Bota a andar El Parque Histórico Fala 2015


    A partir del venres 10 d’abril y nos meses que ten por delantre el ano 2015, a Fundación Parque Histórico del Navia, en colaboración cos nove conceyos qu’intengran el sou territorio y os centros educativos públicos unde s’imparte el asignatura de Gallego-Asturiano, quer achegar al público en xeneral y al alumnao d’esta llingua en particular úa serie d’actividades qu’han a ocuparse de temas ben interesantes ofrecidos en gallego-asturiano.

    A programación d’esta actividá compónse de tres partes diferenciadas. A primeira son quince charlas escolares dirixidas al alumnao matriculao nel asignatura nos centros educativos da zona y nellas van participar ponentes del ámbito xeográfico unde s’asenta cada ún d’estos centros. A segunda trátase de nove conferencias sobre diferentes cuestióis dirixidas al público en xeneral y ofrecidas por especialistas da comarca, que van completar a programación cultural dos conceyos. A terceira van ser nove esposicióis d’obras lliterarias y outros materiales editaos en gallego-asturiano. Estas esposicióis van achegarse a diferentes equipamentos culturales dos conceyos.

    El 10 d’abril a maestra y escritora Aurora Bermúdez Nava abre este programa d’actividades con úa charla escolar dirixida al alumnao matriculao en Gallego-Asturiano nel escola pública Jesús Álvarez Valdés de Llóngara (El Franco). El Parque Histórico Fala vai estender pollos conceyos de Bual, Cuaña, Eilao, El Franco, Grandas, Navia, Pezós, Tapia y Villayón as súas actividades hasta el mes de decembre del 2015.
0 Comentarios21074 Lecturas

Literatura#500
corresponsal
Administrador

Fecha 18/03/15 - 03:56:35 PM
El concurso de poesía BPM Miguel G. Teijeiro convoca a quinta edición


    El concurso poético qu’organiza a Biblioteca Pública Miguel G. Teijeiro das Figueiras chega enguano á quinta edición. A convocatoria ta aberta hasta el 23 d’abril y a ela poden presentarse escritores y escritoras tanto en galego-asturiano como en casteyano dentro d’estas categorías: ámbito educativo (pr’alumnos d’hasta 12 anos y con un premio ademáis al centro máis participativo) y ámbito comunitario (pra participantes entre 13 y 18 anos y pra mayores d’esta edá).

    As obras presentadas tein que ser orixinales y inéditas y nun tar premiadas noutros concursos. Un mesmo participante pode concurrir, se quer, nas dúas linguas.

    Os trabayos poden entregarse na biblioteca das Figueiras en horario de 11 a 13 ou de 16.30 horas, hasta el 23 d’abril.
0 Comentarios19802 Lecturas

Curso#499
corresponsal
Administrador

Fecha 09/03/15 - 10:36:43 AM
El Asociación Mezá imparte
un curso de gallego-asturiano
dende abril a mayo en Uvieo



    El Asociación Mezá vei impartir entre os meses d’abril y de mayo de 2015 un curso de gallego-asturiano de nivel básico en Uvieo, nel local Cambalache (La Cuesta la Noceda, 30). Este curso vei presentarse el día 9 d’abril ás 19:00 y ten úas tasas de matriculación de 20€, qu’incluyen os materiales y as 16 horas de clases nas que vei tar dividida el actividá: dúas horas al día, un día por semana.

    El curso ten el fin d'acercar á xente del Navia-Eo que vive nel centro d'Asturias á súa llingua y d'aveirar a os que nun son falantes de gallego-asturiano á realidá llingüística del occidente máis estremo del país. Tamén ha a servir pr’aquellas personas que desíen perfeccionar el sou conocimento sobre esta variedá llingüística.

    A xente que quira matricularse namáis ten que mandar os sous datos (nome y apellidos,  DNI, dirección de correo electrónico y númaro de teléfono) a mezabual@gmail.com ou chamar al 686 757 797 pra reservar praza.

    El prazo d'inscripción nun s'ha a pechar hasta ben avanzadas as clases, así que sempre hai tempo pra empezar. El Asociación Mezá ha a dar a os alumnos un diploma mediante el que s'acredita estraoficialmente el asistencia y aprovetamento del curso de gallego-asturiano.
0 Comentarios20655 Lecturas

Normalización#498
corresponsal
Administrador

Fecha 07/03/15 - 11:13:01 AM
El Parque Histórico del Navia amaña un curso de galego-asturiano en Grandas pral outono


    A Fundación parque histórico del Navia, en colaboración col Academia da Lingua Asturiana y el Conceyo de Grandas, amaña pras tardes dos martes y xoves entre el 13 d’outubre y el 26 de novembre, a séptima edición del Curso de Lingua y Cultura del Navia-Eo. Este curso forma parte del Plan d’Actuacióis da Oficina Cultural y Lingüística del Parque Histórico del Navia en materia de normalización social del Galego-Asturiano prá anualidá del 2015, baxo a tutela da Dirección Xeneral de Política Lingüística del Principao d’Asturias.

    Neste curso, de 42 horas de duración xebradas en 14 sesióis, que sigue ás anteriores edicióis amañadas nos conceyos del Franco, Tapia y Navia, han a darse diferentes materias espostas por espertos da zona, como a iniciación á gramática del galego-asturiano; a sociolingüística y a literatura del galego-asturiano;os oficios tradicionales; as esperiencias docentes col galego-asturiano; os paisaxes postindustriales nel Navia-Eo; recursos naturales d’Entrambasauguas y, pr’acabar, a música tradicional nel Navia-Eo.

    Xa ta aberto el prazo de matrícula hasta el prósimo 31 de xuyín. Pra eso é preciso entregar cuberto na sede da Fundación Parque Histórico del Navia el formulario d’inscripción, que pode descargarse, xunta al resto da información, na web d’esta entidá, www.parquehistorico.org, ademáis de presentar el xustificante bancario del pago da matrícula (28 €) en concepto de «matrícula curso lingua».
0 Comentarios21432 Lecturas

Presentación: llibro#497
corresponsal
Administrador

Fecha 04/02/15 - 01:21:28 PM
http://www.falaviva.net/uploads/MonteavaroPaquidermos2.jpg



Miguel Rodríguez Montevaro presenta Poemas pr’amantes y paquidermos el xoves 12 de febreiro nel Local Cambalache (Uvieo)


           
    El escritor bualés Miguel Rodríguez Monteavaro (Bual, 1990) fai el xoves día 12 de febreiro a presentación del llibro Poemas pr’amantes y paquidermos, qu’al final de 2014 publicóu cua editorial Trabe. Este acto vei ferse nel Local Cambalache (La Cuesta la Noceda, Uvieo) ás 20:00h. y a entrada é de baldre.

    Este é el terceiro llibro del bualés, que xa confirma a súa presencia na lliteratura en gallego-asturiano como úa voz característica, non xa como úa promesa. Despóis de Trenta razóis pra nun medrar (Trabe, 2010) veu el llibro Todos os tristes de mayo (Trabe, 2013), que cua súa versión en asturiano (Tolos tristes de mayu [Trabe, 2014]) ganóu el Premio de Poesía Fernán Coronas 2012. Agora preséntase Poemas pr’amantes y paquidermos, úa reflexión acerca d’aquello qu’imprime a sociedá nel carácter individual de cada persona, hasta el punto de considerar búa ou mala xente a daquén solo pol feito de tomar certas decisióis. Este llibro forma parte das novas corrientes lliterarias polas que vei discurrindo el gallego-asturiano, variedá llingüística en pleno esplendor artístico. A publicación ta dentro da colección Pontiga de poesía da editorial Trabe y ten, como puntos fortes estralliterarios, as imaxes orixinales, de portada y del autor, da fotógrafa Svetlana Poutilina y un testo de solapa del poeta Sergio G. Camblor.

    Na presentención, Rodríguez Monteavaro vei contar con Samuel Castro, diseñador y editor, responsable da editorial Trabe y con úa esposición dixital de fotografías de Svetlana Poutilina. Tamén vei haber un recital de poesía, nel qu’han participar Iris Díaz Trancho, Xosé Miguel Suárez «Tapia» y Pablo Texón Castañón, y que vei vei tar acompañao cua música del alcordión de Marga Lorences. Pra zarrar el acto, ún dos pratos fortes ha a ser el concerto del novo grupo de música asturiana formao por Pepín de Muñalén, Odón García y Nel Suárez. Este trío é toda úa novedá nel panorama da música folk del país que ta dando os sous primeiros pasos como formación, anque cada ún dos músicos ten úa amplia carreira profesional.

    Nesta presentación ha a tar tamén presente outra nova publicación del poeta pra este ano: a traducción al asturiano del sou anterior llibro, Tolos tristes de mayu (Trabe, 2014), con fotografías d’Andrés Rodríguez Monteavaro y testo de solapa de Pablo X. Suárez. Prevénse varias presentacióis d’estos llibros qu’agora se publican de cara á primavera, como é habitual cuas edicióis de Rodríguez Monteavaro.
0 Comentarios24069 Lecturas

Normalización#496
Redacción
Administrador

Fecha 19/01/15 - 06:54:31 PM
http://www.falaviva.net/uploads/calandario2015.jpg



El Museo de Bellas Artes volve a editar el sou calendario en gallego-asturiano


    Como xa vén sendo avezo, el Museo de Bellas Artes saca el sou calendario de mesa en gallego-asturiano. É úa tradición aberta por Emilio Marcos Vallaure condo era director y que sigue agora el sou sucesor na dirección, Alfonso Palacio, publicar ese material pra poñer á venta nel museo en tres versióis, polo que tamén ta dispoñible en casteyano y en asturiano.

    A edición del 2015 ta dedicada al Quixote: coincidindo cua celebración del IV centenario da publicación del obra maestra de Cervantes, el Museo de Bellas Artes illustra el sou calendario cuas miniaturas executadas por Ana Meléndez de Durazo y sou padre, el pintor Francisco Antonio Meléndez, qu’a pinacoteca asturiana ten entre os sous fondos. Feitas entre 1740 y 1750, inspíranse en escenas del Quixote, sobre todo da segunda parte del llibro, y tán basadas nas estampas del pintor francés Charles-Antoine Coypel, anque con dalgúas variantes y dándoyes úa harmonía ben acertada de colores.
0 Comentarios22114 Lecturas

Música#495
Redacción
Administrador

Fecha 17/01/15 - 10:37:09 AM
http://www.falaviva.net/uploads/Anuariu2014.jpg



El Anuariu de la Música Asturiana vén con presencia da música del occidente



    Acaba de salir el Anuariu de la Música Asturiana 2014, úa publicación anual en asturiano unde se fai un repaso de todo el que ten que ver cua producción musical basada na tradición ou que ten as llinguas propias d’Asturias como vehículo d’espresión. A publicación, qu’incluye un disco regalo con cántigas del anada del 2014, trata un feixe de temas, peró temos que destacar a entrevista en gallego-asturiano de Xune Elipe a Abel Pérez, del Conjunto Os Folkgazáis, unde repasa el llabor da formación veigueña, el sou último trabayo, Alorias, y a súa visión sobre a música asturiana.

    Tamén hai presencia del occidente nel reportaxe de Xicu Ariza sobre el organización de festivales en Asturias, porque cunta, entre outros, cuas declaracióis de Pepe del Polo, da Noite Celta de Porcía, y de Miguel Rodríguez Monteavaro, del Outono Cultural de Bual. Aparte, reséñase el Premiu al Meyor Cantar, qu’a banda de gaitas El Trasno ganóu nel última edición cua cántiga «Volviche».  Precisamente, d’esta banda é «A Fonte Neda», un tema instrumental del disco Axeitín que s’incluye nel disco regalo que vén col Anuariu.
0 Comentarios24600 Lecturas

Amostrando 7 Artículos d´un total de 571 [ 1 … 9 10 11 12 13 … 82 ]
« AnteriorSeguinte 7 »
Usuarios
Usuario:
Clave:
Perdín a mía Clave

Últimos 5 temas activos
Fecha 25/09/21 04:45:59 PM
» Estudios históricos
Por: Redacción Último post
Fecha 25/09/21 04:45:54 PM
» Estudios históricos
Por: Redacción Último post
Fecha 25/09/21 04:45:51 PM
» Estudios históricos
Por: Redacción Último post
Fecha 17/09/21 01:55:08 PM
» Nosoutros: os asturia...
Por: Redacción Último post
Fecha 23/01/21 02:34:03 PM
» Oficial: pro namáis u...
Por: Redacción Último post