Navegación Xeneral
» Empezo
» Foro
» Buscar
» Enlaces
» Contacto

Calendario
«Decembre 2021»
DoMaXoVe
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031 

Encuesta
¿Qué habería que cambiar en Falaviva?
El diseño da páxina
A regularidá das publicacióis
A diversidá de temas das noticias
El concepto «blog-foro»
Outra cousa
Enseñar resultaos

Eventos pra hoi
Nun hai eventos pra hoi

Literatura:Congreso d'escritores#60
Redacción
Administrador

Fecha 01/10/08 - 03:09:50 PM
http://www.falaviva.net/uploads/Econtro.jpg


A Oficina de Política Lingüística amaña na Veiga el Primeiro Encontro d’Escritores en Galego-Asturiano


El encontro hase faer os días 3 y 4 d’outubre na Casa de Cultura da Veiga y nél axuda el Conceyo da localidá. A entrada é libre.

    A primeira xornada ha comenzar cua presentación del Encontro, nel qu'ha participar a Conseyeira de Cultura del Principao. Despóis ha haber un acto de reconocemento al escritor tapiego Manuel García-Galano y Xosé Miguel Súarez Fernández ha presentar úa conferencia baxo el título: “Un recorrido pola literatura en galego-asturiano: dende os emprezos hasta el presente. A tarde hase zarrar col actuación del grupo folk veigueño Darbukka.
       Os actos han seguir na mañá del sábado a partir das dez, con úa mesa redonda con músicos y escritores sobre “A relación entre a literatura y a música nel occidente d'Asturias”; úa comunicación de Alfredo Gonzalez Fernandez sobre “Úa esperiencia editorial en galego-asturiano”; outra d'Aurora García Rivas baxo el nome “Dúas maneiras de narrar na literatura d’agora mesmo”; úa mesa redonda con escritores en galego-asturiano y qu'ha tratar sobre el orixe y futuro da nosa literatura; finalmente, el Encontro péchase a úa y media da tarde cua presentación da nova revista Trabatel. Revista eonaviega de lliteratura.
3 Comentarios28009 Lecturas

Lingua: manifestación#59
Redacción
Administrador

Fecha 01/10/08 - 03:05:32 PM
http://www.falaviva.net/uploads/Mani_2008.jpg

El CAO convoca úa manifestación este sábado 4 d’outubre


    El Conceyo Aberto pola Oficialidá (CAO) convoca úa manifestación este sábado 4 d’outubre baxo el lema “Sin oficialidá nun hai Estatuto que valia”. El CAO reclama d'este xeito a presencia del asturiano y del galego-asturiano nel prósimo Estatuto da nosa comunidá con carácter de linguas oficiales. Esta manifestación xúntase a outras anteriores convocadas pol mesmo colectivo unde chegaron a participar máis de 12.000 asturianos y asturianas y a campañas como a da páxina web www.doilacara.net, unde máis de 7.000 personas xa amostraron el sou apoyo a oficialidá das linguas autóctonas d'Asturias. A manifestación  ha partir as 6 da tarde dende a Estación del Norte, en Uviéu.
    El CAO axunta un feixe d’asociacióis culturales, sindicales, cívicas ou políticas que reivindican a presencia como linguas oficiales del asturiano y galego-asturiano na reforma del Estatuto. Reforma que, por outro lao, quedóu parada esta semana á espera del resultao das conversacióis entre IU y a FSA-PSOE pra lograr un pacto de goberno pral resto da lexislatura.
1 Comentario29297 Lecturas

FIDO 2008#58
Redacción
Administrador

Fecha 14/08/08 - 11:35:41 AM
http://www.falaviva.net/uploads/FIDO_2007.jpg


El FIDO volve encher a Tapia d’actividades culturales


    El Festival Interceltico d’Occidente volve un ano máis levar a Tapia actividades musicales,  deportivas y académicas. As xornadas hanse amañar entre os días 13 y 18 d’agosto y nelas tán incluidas as actuacióis de músicos como el escoces Fred Morrison ou el gaiteiro asturiano Xuacu Amieva. Tamén s'ha contar cua bandía El Koku la Manzana, os cataláis Keympa, Craobh Rua d'Irlanda,os brítanicos Flook, os galegos Xerfa y os asturianos Gomeru y Darbukka, estos últimos da Veiga. Tamén ha a haber actuacióis de diversas bandas de gaitas en pasacayes por Tapia.
    Pro nun ha a ser a música el único prato del festival, porque a lo largo de todas as xornadas hanse a amañar cursos, charlas y esposicióis nel Instituto de Tapia.
    El Fido chega d'este xeito á docía d’edicióis nas que ta levando a Tapia y al Navia-Eo en xeneral a diversidá cultural y musical das nacióis celtas.

Máis info: www.festivaldoccidente.com
0 Comentarios32491 Lecturas

Cultura Tradicional#57
corresponsal
Administrador

Fecha 31/07/08 - 09:23:19 PM
http://www.falaviva.net/uploads/rompiendo3.jpg


Os Ozcos poin en marcha el programa Falando da Nosa Terra


    Os conceyos dos Ozcos preparan pr'Agosto a segunda edición del programa cultural "Falando da Nosa Terra". Trátase d'úa actividá ben guapa unde os mayores das localidades dialogan coa xente que quira acudir sobre todo tipo de temas, especialmente da vida d'antano.

    Como aliciente adicional, temos que dicir qu'el actividá faise en distintas parroquias dos conceyos.
0 Comentarios30719 Lecturas

Música:Cádaba#56
corresponsal
Administrador

Fecha 31/07/08 - 09:08:54 PM
Cádaba saca á venta el sou segundo disco


El grupo franquín Cádaba vei poñer nel mercao nos prósimos días el sou segundo disco, que lleva por título "Camíos de Ferro".

    Trátase d'un novo trabayo musical d'esta agrupación qu'abríu el espeta nel panorama folk contemporáneo del noroccidente asturiano. "Camíos de Ferro" quer falar del tempo y a marca que fain falta pr'andar sobre seguro y polo segao, y nel musical vei supoñer un cambeo mui notable na calidá acústica y técnica respecto al primer trabayo del grupo:"Do y Sidemól".
   
    Grabao nel estudio del músico Roberto Sala, el disco cunta con colaboracióis musicales nas composicióis y con testos d'escritores da zona. El evocación á música tradicional del occidente asturiano y del repertorio de cántigas da zona ta sempre presente nos trabayos y actuacióis de Cádaba, que, de feito, cunta con dous temas cantaos na fala, asina como composicióis propias y ayías que se xuntan con pezas de veyos músicos da contornada.
0 Comentarios30529 Lecturas

Música:XXV Noite Celta de Porcía#55
corresponsal
Administrador

Fecha 25/07/08 - 02:54:35 PM
http://www.falaviva.net/uploads/Porcia2007.jpg

Cartel da Noite Celta del ano 2007


  A Noite Celta de Porcía, decana nas celebradas en Asturias, cumpre este ano 25 edicióis


            Al espera de conocer el cartel col que nos vei deleitar, a Noite Celta más veterana del Principao chega neste 2008 a cumprir 25 anos, dende qu'hai tanto tempo a us vecíos del llugar d'El Franco, nel conceyo del mesmo nome, discurrisen el idea d'arrancar con un festival musical d'este xeito. Lo qu'al principio muitos pensaron qu'había ser ua tollura, chegóu a convertirse, lluitiando contra vento y marea y con úa capacidá financieira mui reducida, na Noite Celta con más edá d'Asturias y, sin duda, úa das más prestixosas que se conocen.

     Cantidá de grupos foron os que fixeron d'ella un festival envidiable, pol que pasóu xente como Manolo Quirós, figura mítica da gaita, ou os grupos Beleño, Tamalin, Luar na Lubre, Boides, Ubiña, Skolvan, D`jiboubep, Miro..

    Nel sou ésito ten que ver, sin duda, el sito tan guapo y único nel que se ten oportunidá de fer: El Campo del Alameda de Porcía, propiedá del Conceyo del Franco, úa isla fluvial rodiada por llao y llao pol propio río Porcía, unde nesa noite especial se poden probar de baldre úas xardías na prancha qu'el organización ten dende sempre a ben ofrecer a os asistentes, muitos d'ellos incondicionales da Noite Celta por escelencia.

              !Felicidades!
[image=URL]
0 Comentarios30870 Lecturas

Música: gaita#54
Redacción
Administrador

Fecha 22/07/08 - 05:38:20 PM
http://www.falaviva.net/uploads/OsprimeirosQuirotelvos.jpg

Os Quirotelvos de Castripol (foto tomada del libro ¡Xa chegan Os Quirotelvos!)



A gaita nel occidente d’Asturias protagoniza as charlas del Festival Intercéltico d’Avilés


    El venres 25 de xuyín, a partir das 17:30 horas, el Palacio de Valdecarzana d’Avilés, sede oficial da XII edición del Festival Intercéltico d’Asturias, vai ser el escenario de dúas charlas que van ter como protagonista a gaita del estremo occidental asturiano. Dentro das chamadas «Charlas Intercélticas» qu’el festival avilesín amaña todos os anos, d’esta volta acóyese a presencia de dous estudiosos sobre a materia.
    Xosé Miguel Suárez Fernández, autor del libro ¡Xa chegan Os Quirotelvos!, vai falar de «Gaitas y gaiteiros nel estremo occidental d’Asturias». El investigador tapiego vai fer un repaso polos principales instrumentistas y constructores que tocaron pola zona nas primeiras décadas del siglo XX, ademáis de recordar os cuartetos y quintetos que se foron amañando en cuase todos os conceyos ocidentales dende que naceran en 1917 os famosos Quirotelvos de Castripol.
    Pola súa parte, el constructor de gaitas y especialista neste instrumento, Carlos Moreno García, vai falar de «Gaita galega, gaita asturiana y zonas de transición». Na esposición vai esplicar as características organolóxicas que definen as tipoloxías da gaita tanto en Galicia como en Asturias, ademáis da súa evolución histórica. Nel trescurso da súa charla vai haber a oportunidá d’escuitar úa grabación del gaiteiro veigueño Cayoco que vai valir pra ilustrar as conclusióis sobre el tipo de gaita tradicional del occidente asturiano.
    El contido básico d’estas dúas charlas xa se deu a conocer noutras xornadas específicas feitas nel Museo del Poblo d’Asturias, en Xixón, en mayo de 2005, y que xa foron publicadas nun volume xunta outras comunicacióis presentadas nese mesmo encontro.
0 Comentarios30643 Lecturas

Amostrando 7 Artículos d´un total de 571 [ 1 … 72 73 74 75 76 … 82 ]
« AnteriorSeguinte 7 »
Usuarios
Usuario:
Clave:
Perdín a mía Clave

Últimos 5 temas activos
Fecha 25/09/21 04:45:59 PM
» Estudios históricos
Por: Redacción Último post
Fecha 25/09/21 04:45:54 PM
» Estudios históricos
Por: Redacción Último post
Fecha 25/09/21 04:45:51 PM
» Estudios históricos
Por: Redacción Último post
Fecha 17/09/21 01:55:08 PM
» Nosoutros: os asturia...
Por: Redacción Último post
Fecha 23/01/21 02:34:03 PM
» Oficial: pro namáis u...
Por: Redacción Último post