Navegación Xeneral
» Empezo
» Foro
» Buscar
» Enlaces
» Contacto

Calendario
«Outubre 2021»
DoMaXoVe
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31      

Encuesta
¿Qué habería que cambiar en Falaviva?
El diseño da páxina
A regularidá das publicacióis
A diversidá de temas das noticias
El concepto «blog-foro»
Outra cousa
Enseñar resultaos

Eventos pra hoi
Nun hai eventos pra hoi

Música#522
Redacción
Administrador

Fecha 27/08/15 - 05:12:57 PM
http://www.falaviva.net/uploads/cartelporcia2015.jpg


A Noite Celta de Porcía celébrase este sábado 29 d’agosto


   Os amantes del folk y das festas de prao xa calentan motores prá noite del 29 d’agosto, porque el Alameda del Franco vai acoyer este sábado a 32.ª edición da Noite Celta de Porcía.

    Da mao del asociación que lleva el nome del sito unde se fai, El Alameda, al escenario han a subir el trío Pepín, Odón y Nel, Mac Leod, Llan de Cubel y Dixebra, ademáis da Banda de Gaitas Marino Tapiega, que vai abrir as actuacióis. As xardías de baldre tampouco nun han a faltar.
0 Comentarios18679 Lecturas

Normalización#521
Redacción
Administrador

Fecha 20/08/15 - 07:05:25 PM
El Escano, úa sección en galego-asturiano na web da ORT de Navia


   Dende mediaos del mes de xuyín, a web da ORT (Onda Radio y Televisión) de Navia ten úa sección en galego-asturiano, El Escano. Nesta sección inclúyense noticias del ámbito cultural del estremo occidental asturiano.

    Como anuncian nel Escano, a sección ta aberta tamén á participación da xente: «Podedes chamarnos á radio pra contarnos cousas que pensedes interesantes, fernos chegar algúa foto coa súa esplicación, algún escrito ou cualquera outra proposta que poda enriquecer esta web». Hai que felicitar á ORT por dar este paso, que vén sumarse a outras iniciativas tanto na radio como na televisión d'espacios feitos en galego-asturiano a lo largo d'estos anos, como Axusta y compón ou Falando axeito.
0 Comentarios19009 Lecturas

Música#520
corresponsal
Administrador

Fecha 18/08/15 - 01:38:24 PM
http://www.falaviva.net/uploads/trasnoguinness1.jpg


El Trasno de Cuaña gana el Trofeo Guinness de Percusión en Lorient


   Os mozos y mozas da Banda de Gaitas El Trasno de Cuaña volven del Festival Intercéltico de Lorient (An Oriant en bretón) cansaos peró felices. Nun é pra menos. Nel bagaxe nun train namáis as maletas, os traxes y os intrumentos. Tamén llevan con ellos el Trofeo Internacional Guinness pra Percusión, que ganaron el último día da súa estancia nel festival, el sábado 15 d’agosto, col «Solo number five». Era el última cita d’us días chíos d’actividades, desfiles y concertos. Mialma nun puido poñérseyes miyor ramo.

    Nun día de muito sol, despóis das actuacióis das bandas de gaitas participantes, a media tarde empezaron a salir al campo del estadio Breizh as seccióis de percusión que competían pol trofeo nesa modalidá. Eran seis formacióis d’Irlanda, Escocia y Bretaña, que foron tocando as súas pezas delantre da oyuada atentas dos xueces, que, vistidos cos sous kilts típicos, tomaban nota dos detalles técnicos das interpretacióis. A entrada al campo da formación del Trasno empezóu cua instalación previa por un equipo d’apoyo d’úa txalaparta, tres pratos y tres tubos de pvc dando voltas y remataos con un parche de goma atesao nún dos estremos. Os asturianos xa avisaban de qu’a súa peza nun iba ser miga convencional. Os del Trasno saliron al campo y dispuxéronse con tres panderetas (al cargo de Yobana Álvarez, Sofía Infanzón y Andrea García), tres caxas (Virginia Pérez, Carolina Fernandes y Javi Tejedor, director da banda, que tamén tocaba tambor asturiano), dous timbales (Bárbara Gudín y Cristina Fidalgo, Chefi) y bombo (Miguel Gracia). Pras outras percusióis cuntaban cua colaboración d’un músico adoito como Juanjo Díaz, conocido pola súa trayectoria en grupos folk como La Bandina ou, na actualidá, Cerezal.

    A peza escoyida pra participar foi el «Solo number five», un tema qu’a banda grabóu pral sou disco Axeitín y que Javi Tejedor compuxera pra este mesmo concurso nel 2003. Daquella, dérayes ás bandas Tabladar y La Raitana el segundo posto. D’esta volta, el númaro tía abondas innovacióis en conto a instrumentación y dalgúas partes novas, como úa ben chamadeira na qu’os que tocaban as caxas erguíanlas pra qu’el compañeiro razpiara cos palos os bordóis, arromendando úa especie de scratch. Por eso ye chamaban en broma «Solo number five 2.0».

    Anque el campo de fútbol, un sito aberto sin gradeiríos nun era el máis al xeito pra estremar os matices da interpetación, al xurao nun ye quedóu otro romedio que reconocer a calidá y novedá del conxunto de percusión cuañés. A llectura da clasificación dende el último posto hasta a banda ganadora amecéuye un faraguyo de tensión á final. Condo el presentador dixo el nome da banda que quedara segunda, a Gradlon Pipe Band de Pont-Aven (Bretaña), os compoñentes del grupo cuañés empezaron a ser sabedores de qu’el milagre iba cumprirse. Y asina foi condo se sentíu pola megafonía: «Premier, first..., ¿se dice primero?, ¡Banda de gaitas El Trasno!». 

    El xurao destacóu nel acta as «búas ideas», a «búa técnica», el «bon sonido en conxunto», el «muito bon backsticking» (os toques alternando cua parte d’atrás y a punta dos palos) y os «bus cambeos de tempo». Nel campo, na entrega del premio, taba el director del festival, el asturiano Lisardo Lombardía, que felicitóu á banda del Trasno pol galardón núa edición con muito nivel.

    El Trofeo Guinness, que lleva celebrándose hai 26 anos nel Festival de Lorient, ten a modalidá pra bandas de gaitas y pras súas seccióis de percusión. É territorio vedao namáis pras formacióis d’Irlanda, Escocia y Bretaña qu’usan as gaitas de tipo escocés. Son poucos os anos en que dalgúa formación de fora d’esos trés países se decide a participar alomenos na modalidá de percusión. Nel 2003 xa lo fixeran La Raitana y Tabladar y quedaran segundos, mesmo posto qu’alcanzóu a banda naviega La Reina del Truébano nel 2008. Houbo qu’esperar al 2010 pra que chegara a primeira victoria asturiana da mao dos percusionistas das bandas Llariegu y Noega.

   El Trofeo Guinness prá Banda de Gaitas El Trasno vai sumarse nas vitrinas da formación cuañesa al Premio AMAS á miyor canción folk y al Premiu al Meyor Cantar, entrambos pol tema «Volviche», del sou disco Axeitín. Foron estos dous últimos anos tempos mui intensos prá banda, cua salida del sou primeiro disco, os reconocementos públicos, a xira de concertos col sou espectáculo y el sou viaxe a Oldenburgo (Alemania) pra participar nel Liet International. Lorient é un paso máis nese camín que, pol ben da música del occidente asturiano, esperamos que nun pare y que nos traiga máis sorpresas. Agayo vese que nun yes falta.
0 Comentarios20604 Lecturas

Literatura#519
Redacción
Administrador

Fecha 29/07/15 - 05:18:00 PM
http://www.falaviva.net/uploads/Cubierta_Curandeiros.jpg


Preséntase en Xixón el libro Curandeiros, compostores y outros sanadores, de Martín de Villar


   Dentro del marco das actividades culturales que se fain nel festival del Arco Atlántico, en Xixón, este venres 31 de xuyín preséntase el libro Curandeiros, compostores y outros sanadores, de Martín de Villar. El acto vaise fer na carpa qu'hai instalada nel porto deportivo de Xixón y nél van tar, ademáis del autor, el prologuista del libro, Xosé Ambás.

    El obra, editada por Trabe, ganóu a séptima edición del premio Fierro Botas d'ensayo. El autor, Martín Pérez Álvarez, de Miudes (El Franco), firma col arcuño de Martín de Villar. Trátase d'un trabayo d'investigación unde s'estudia el mundo da melecía tradicional nel occidente asturiano y vén a aumentar a lista ben reducida d'ensayística en galego-asturiano. Este autor, con Orlando Escobar, xa publicara nel 2009 outra obra, Cancioneiro d'Alonso, sobre a formación musical que s'amañóu en Miudes (El Franco) a últimos del siglo XIX y que chegóu hasta mediaos del siglo pasao.
0 Comentarios15944 Lecturas

Normalización#518
Redacción
Administrador

Fecha 17/06/15 - 04:50:14 PM
Un conceyal d'Ibias, primeira persona que promete el cargo en galego-asturiano


   El sábado pasao os conceyos d'Asturias viviron os actos de constitución dos Plenos, cuas tomas de posesión dos conceyales que resultaron escoyidos nas eleccióis del 24 de mayo. Houbo dalgúas docías d'elos que prometeron el cargo en asturiano, algo que xa vía pasando en ocasióis anteriores. A novedá d'esta volta tuvo en qu'ese acto de normalidá, peró tan simbólico, tuvo un protagonista nel noso occidente. D'este xeito, foi el primeiro na historia que promete el cargo en galego-asturiano. Trátase del conceyal de Nós por Ibias José Manuel Álvarez Cadenas, Menel.

    El conceyal nun puido alargarse muito na súa intervención porque el sistema usao nel conceyo foi el de qu'a secretaria lía a pergunta y el conceyal dicía "Si, prometo". Menel quixo recordar a lingua dos sous bolos y a que fala él todos os días y incluíu un "eu" na promesa pra que quedara claro en qué falara na súa toma de posesión.

    Outro tanto ye pasóu en Grandas de Salime a Xuan Naveiras Escanlar, conceyal de Grandaleses, Agrupación Independiente, tamén involucrao na defensa del galego-asturiano y disposto a fer a súa promesa nesa lingua. El protocolo en Grandas tamén foi a d'asentir á pergunta da secretaría municipal y neste caso nun se ye ocurríu el truco del conceyal ibiano, así que respondéu "Si, prometo". Así y todo, nun deixa de ser esperanzador qu'el cambeo xeneracional y d'actitudes desprexuiciadas ante a lingua propia tamén chegue a os conceyos. Eso de seguro qu'ha a ir máis aló y ha a ter resultaos nas propostas normalizadoras que podan chegar a través d'estos conceyales, anque tanto nel caso d'Ibias como de Grandas tán na oposición.
0 Comentarios20893 Lecturas

Música#517
Redacción
Administrador

Fecha 10/06/15 - 06:59:13 PM
http://www.falaviva.net/uploads/el_trasno.jpg


El Trasno vai representar al occidente asturiano nel Festival Intercéltico de Lorient


   A banda cuañesa de gaitas El Trasno nun para. Despóis d’un ano 2014 marcao por un feixe de novas búas prá formación como a publicación del sou primeiro disco Axeitín, el Premio AMAS, el Premiu al Meyor Cantar, a xira por Asturias nel brao, as súas actuacióis nel Día d’Asturias y nel Homenaxe ás nosas Lletras, y a participación nel festival Liet International en Oldemburgo (Alemania), chega agora outro momento histórico prá banda: a súa participación na 45 edición del Festival Intercéltico de Lorient, en Bretaña (Francia).

    Al festival bretón, unde se xuntan na primeira quincena d’agosto representantes del mundo cultural celta ou atlántico, vai úa delegación asturiana dende el ano 1987. Na actualidá participan, ademáis d’Asturias, delegacióis d’Irlanda, Escocia, Brataña, Gales, Isla de Man, Cornualles y Galicia, aparte d’outros países unde hai emigración d’estas zonas, como Canadá ou Australia. As actividades, qu’anguano van ferse del 7 al 16 d’agosto, son muitas: máis de 200 concertos, concursos, desfiles, esposicióis... D’esta volta, ademáis del Trasno, viaxan dende Asturias os irmaos Tejedor, Xuacu Amieva, el grupo folk Cerezal, a banda de gaitas LaKadarma de Nava y el grupo de baile Filandón. Os cuañeses, aparte da súa participación nos desfiles, van actuar el día 11 nel Espace Marine, un escenario qu’han a compartir cua banda de gaitas irlandesa Derryclavin y a escocesa Isle of Cumbrae. Van levar el espectáculo que vein presentando nas súas actuacióis y pra eso han a cuntar con músicos de reforzo (batería, guitarra y baxo, buzuki). Quizáis a mayor novedá é que, al nun poder cuntar col cantante Kike Dembinsky, ha a ser Silvia Quesada a que cante as cántigas «La Capitana» y «Volviche».

    Dende el ano 2007 el festival ta dirixido pol asturiano Lisardo Lombardía. El ano pasao a organización deu a cifra de 750.000 visitantes, el que dá úa idea da importancia d’esta cita. Os ganadores del Premiu al Meyor Cantar dos últimos anos participaban nel festival bretón como úa das recompensas del Principao por obter ese galardón. Nel 2014, el ano que ganóu El Trasno, taba comprometida a súa participación en Lorient, ademáis de nel Intercéltico de Sendim (Portugal). Al cabo, as autoridades asturianas desdixéronse del sou compromiso, anque einda hoi se dan como confirmadas esas actuacióis na web institucional del Premiu. Agora El Trasno, máis d’un ano despóis, si que vai ir, peró non por acio del Principao, senón pola organización del festival.


http://www.falaviva.net/uploads/11.jpg


Rifas en galego-asturiano
A banda cuañesa ta vendendo dende hai un tempo úa rifa pr’axudar na financiación dos sous gastos. As papeletas tán en galego-asturiano, feito que temos que chufar polo que supón de normalidá nel uso da nosa lingua. Pinta mentira que nel 2015 einda haxa qu’esmilagrarse porque úa banda da zona use el idioma del país d’un xeito desprexuiciao, peró eso dá úa idea del muito que ye queda por recorrer al galego-asturiano pra pasar de ser normal nas casas ou nel camín a ser normal na letra escrita. El Trasno féxolo nos discos, nos carteles y nos escenarios, y agora failo tamén cuas rifas.
0 Comentarios23495 Lecturas

Normalización#516
Redacción
Administrador

Fecha 09/06/15 - 04:42:17 PM
http://www.falaviva.net/uploads/asfigueiras.jpg


Bota a andar un blog en galego-asturiano sobre As Figueiras


   Hai qu’acoyer como merece el aparición d’un blog novo en galego-asturiano. Titúlase As Figueiras en branco y mouro y vén da mao del escritor figueirolo Moncho Martínez Castro, creador da web Falaviva.

   Como se pode comprobar nas primeiras entradas publicadas, a intención é ir dando a conocer fotos veyas y documentos gráficos de todas as menas que teñan que ver cua vila pixota. Abríuse el blog con úa foto da Ribeira sacada del obra Asturias de Bellmut y Canella, seguíu con litografías de fábricas de conserva qu’había nas Figueiras, volvéu con us planos del proyecto de 1929 d’úa ponte pol Eo pra pasar el ferrocarril hacía Ferrol y acabóu nel última entrega de momento con úas fotos aéreas unde se comproba históricamente el avance del Tesón. Son todos temas ben interesantes qu’amostran tamén el afán investigador de Martínez Castro, como queda patente nas súas colaboracióis nas xornadas d’Historia Local das Figueiras. 

   Este blog vén a animar un pouquín el panorama da presencia da nosa lingua nas redes, qu’é úa vía fundamental pra normalizar a súa presencia na sociedá contemporánea.
0 Comentarios24289 Lecturas

Amostrando 7 Artículos d´un total de 571 [ 1 … 6 7 8 9 10 … 82 ]
« AnteriorSeguinte 7 »
Usuarios
Usuario:
Clave:
Perdín a mía Clave

Últimos 5 temas activos
Fecha 25/09/21 04:45:59 PM
» Estudios históricos
Por: Redacción Último post
Fecha 25/09/21 04:45:54 PM
» Estudios históricos
Por: Redacción Último post
Fecha 25/09/21 04:45:51 PM
» Estudios históricos
Por: Redacción Último post
Fecha 17/09/21 01:55:08 PM
» Nosoutros: os asturia...
Por: Redacción Último post
Fecha 23/01/21 02:34:03 PM
» Oficial: pro namáis u...
Por: Redacción Último post