Navegación Xeneral
» Empezo
» Foro
» Buscar
» Enlaces
» Contacto

Calendario
«Outubre 2021»
DoMaXoVe
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31      

Encuesta
¿Qué habería que cambiar en Falaviva?
El diseño da páxina
A regularidá das publicacióis
A diversidá de temas das noticias
El concepto «blog-foro»
Outra cousa
Enseñar resultaos

Eventos pra hoi
Nun hai eventos pra hoi

Última hora: naufraxio#18
Redacción
Administrador

Fecha 28/05/07 - 03:01:45 PM
Afóganse dous mariñeiros galegos al altura de Ribadeo y outro ta desaparecío

    El suceso ocurríu na Isla Pancha , unde embarrancóu el barco Nuevo Amadorín, con base en Burela, y como consecuencia morreron el armador Máximo Blanco Galdo (43 anos) y el mariñeiro Felix Armando Peña (53 anos). Inda sigue desaparecío el fiyo del primeiro, Oscar Blanco, de namáis 19 anos.
   
    Na operación de busca participan os helicópteros Helimer Cantábrico y Pescamar 2 y as lanchas de salvamento Salvamar Sargadelos y Punta Roncadoira dende ás 7 da mañá, condo se foi a pique el pesqueiro.

    El temporal qu'había na zona con mar de fondo de máis de tres metros é el responsable da traxedia.
1 Comentario37018 Lecturas

Toponimia: A Veiga#17
Redacción
Administrador

Fecha 24/05/07 - 09:49:41 PM
Vegadeo xa é A Veiga

    El Conseyo de Goberno del Principao aprobóu el xoves 24 de mayo el decreto pol que s’oficializan os topónimos tradicionales del conceyo veigueño, que queda á espera da súa publicación nel BOPA como último tramite. Con este, son cuatro os conceyos del Navia-Eo que tein oficializada a súa toponimia tradicional: os outros son El Franco, Pezós y Grandas.
    Así y todo, tán esistindo abondos problemas na súa apricación porque son os propios consistorios os que máis medo tein á utilización da toponimia tradicional da nosa zona.
0 Comentarios40584 Lecturas

Navia-Eo: Eleccióis#16
Redacción
Administrador

Fecha 24/05/07 - 09:41:43 PM
Poucos cambeos nas eleccióis del 27-M

    As eleccióis autonomicas y consistoriales que s’han faer el domingo que vén na nosa comunidá xa tein escrito el titular nel Navia-Eo: nun s'esperan cambeos. As únicas sorpresas que deixan ver as encuestas dos distintos medios y partidos tarán en Navia y A Veiga, ademáis da incertidumbre que provocóu en Santalla a renuncia de Marcos Niño.
     Os distintos partidos tiran tamén pola continuidá nos candidatos presentaos, repetindo a inmensa mayoría dos alcaldes actuales, algo que tamén ocurre nas listas del actual oposición. Han ser PSOE y PP quen se repartan de partida el poder político nos conceyos del Navia-Eo.
    Del mesmo xeito, as eleccióis á Xunta Xeneral del Principao pola Circunscripción Occidental han traer seguro un empate entre as dúas forzas mayoritarias, considerándose imposible que cualquera d'elas logre cuatro dos seis diputaos. IU taría mui lonxe de poder entrar a disputar un posto nesta lista.
    A noite electoral hase poder seguir esta vez por Internet na páxina www.eleccionesasturias2007.es
3 Comentarios34472 Lecturas

Toponimia: A Ría del Eo#15
Redacción
Administrador

Fecha 23/05/07 - 05:26:53 PM
A Xunta de Toponimia propón al Principao a denominación A Ría del Eo - A Ría do Eo pral esteiro del Eo.


    El informe qu'a Comisión pral Estudio da Denominación da Ría presentóu el venres 18 na Casa de Cultura de Castripol sobre a polémica del nome del esteiro concluye qu’el d’A Ría del Eo / A Ría do Eo é el topónimo tradicional máis válido nas dúas veiras del Eo. As conclusióis tein en conta criterios xeográficos, trabayos d’encuestación y testimonios escritos.
    El informe ha ser remitido a os organismos pertinentes del Principao pr'adoptar úa denominación legal con referencia al esteiro. El informe, en formato libro, incluye ademáis das conclusióis y proposta, os distintos informes en que se basóu a Comisión.
    Según as conclusióis da Comisión: nun hai ningún criterio qu’obrigue a qu’as rías leven os nomes das poblacióis principales das súas veiras; el nome da Ría del Eo/A Ría do Eo é case esclusivo na ribeira asturiana, pro tamen é mayoritario en Galicia, sobre todo nas poblacióis del interior (incluindo el conceyo de Ribadeo); lo mesmo sucede na lexislación internacional, nacional y autonómica.

http://www.falaviva.net/uploads/Informe.gif
4 Comentarios39517 Lecturas

Lingua: cursos#14
Redacción
Administrador

Fecha 16/05/07 - 04:31:17 PM
Convócase a Primeira Fase del Curso de Capacitación en Galego-Asturiano


    El Academia da Lingua Asturiana, dentro dos dous Cursos de Brao, convoca a primeira das tres fases de que consta el Programa de Capacitación en Galego-Asturiano pra profesores qu’a Conseyeiría d’Educación y Ciencia ye encomendóu. Desque se superen as tres fases, el profesor ou profesora ha ter el título oficial que s’esixe pra dar el asignatura de galego-asturiano en Educación Primaria y Secundaria.
    As prazas son cuntadas (15) y tán pensadas pra profesores d’Educación Infantil y Primaria y, nel caso dos profesores de Secundaria, namáis pra os licenciaos en Filoloxía. El curso é en réxime d’internao en Santolín d’Ibias, del 30 de xuyín al 10 d’agosto.
    Pr’acceder a este curso hai que superar primeiro úa proba oral y escrita de conocemento básico de galego-asturiano. El esame vaise fer nel Instituto “Marqués de Casarego” de Tapia el sábado 2 de xunio ás 12 del mediodía. Pra eso hai qu’inscribirse antias entre el 21 de mayo y el 1 de xunio nel Academia da Lingua (C./ Marqués de Santa Cruz, 6, 2º, Uviéu) ou ben chamando por teléfono (985211937).
3 Comentarios35369 Lecturas

Toponimia:Xornada#13
Redacción
Administrador

Fecha 15/05/07 - 07:52:16 PM
El Principao presenta en Castripol el informe sobre el nome da Ría del Eo.


    El informe amañóulo a Xunta Asesora de Toponimia del Principao y hase presentar nel marco das II Xornadas de Toponimia del Navia-Eo, que se han faer na Casa de Cultura de Castripol el venres á tardía. Como xa adelantóu Falaviva, el informe ha traer qué falar porque nél constátase qu'el nome tradicional da Ría é el de Ría del Eo (ou Ría do Eo) nas dúas ribeiras del esteiro. Ademáis, conta con abondos datos históricos sobre el caso, que se compilan neste informe que s'ha poñer á disposición dos organismos competentes pra ser tido en conta en futuras decisióis, según informa a Oficina de Política Lingüística.
    Tamén s'han presentar nestas Xornada as Actas das I Xornadas de Toponimia del Eo-Navia, que se fixeron na Caridá (El Franco) en mayo del 2006. Trátase d'un libro unde se recoyen as intervencióis dos especialistas que naquela ocasión falaron sobre a toponimia dende os aspectos lingüístico, xurídico, político ou económico. Destacan, pola súa novedá neste campo, os trabayos sobre as consecuencias xurídicas da oficialización dos topónimos tradicionales (del xurista José Manuel Pérez), y sobre a integración da toponimia nos plais de desarrollo rural (del xeógrafo Alfredo González).
    Finalmente, nel acto tamén s'ha falar da situación del espediente toponímico del Conceyo de Castripol, ún dos que falta por aprobar na zona del Navia-Eo

PROGRAMA COMPLETO:
5:30 da tarde- Presentación da II Xornada de Toponimia “Os nomes dos nosos sitos”, cua participación das autoridades municipales y autonómicas.

6:00 da tarde- Presentación das Actas das I Xornadas de Toponimia del Eo-Navia, celebradas na Caridá (El Franco) en mayo del 2006.
Intervéin:
Cecilia Perez, Alcaldesa del Franco
Ramón d’Andres, Xefe da Oficina de Política Llingüística del Principao.

6:30 da tarde- Presentación del informe y conclusióis da Comisión pral Estudio da Denominación da Ría.
Intervéin:
José Angel Pérez, Alcalde de Castripol
Ramón d’Andres, Sacretario da Xunta Asesora de Toponimia

http://www.falaviva.net/uploads/TOPONIMIA_CARTEL.jpg
1 Comentario36718 Lecturas

Toponimia: Grandas#12
Redacción
Administrador

Fecha 10/05/07 - 11:35:30 PM
Publícase nel BOPA a toponimia oficial de Grandas de Salime


    Se hai pouco dábamos a nova da oficialización da toponimia tradicional de Pezós, agora hai que destacar a publicación nel Boletín Oficial del Principao d’Asturias (BOPA) del 3 de mayo da toponimia oficial de Grandas de Salime, último paso nel proceso legal de recuperación dos nomes dos lugares.
     Como dato chamadeiro hai que falar de cinco casos en qu’a denominación aprobada é dobre: El Carmen/El Carme, Arreigada/A Reigada, Penablanca/Penabranca, Armilda/A Armilda. Se nos atemos a outros conceyos cua toponimia tradicional aprobada, nas denominacióis dobres vén poñéndose primeiro a forma autóctona y despóis a forma castellanizada. En dalgún d’estos topónimos grandaleses costa caro saber cuál é a forma castellanizada y máis ben pinta qu’é un problema puramente de cómo escribilos.
    Tamén convén recordar qu’a lei 1/98 de 23 de marzo na que se basa este proceso de recuperación toponímica deixaba a posibilidá escepcional das denominacióis dobres namáis pra casos unde a forma castellanizada tuvera un uso popular mui estendido.
    El demáis, deixando aparte estas anécdotas, hai que recordar qu’a partir d’agora as únicas formas oficiales son as tradicionales: en total, 146 topónimos. Son as denominacióis que tein qu’usarse nos letreiros de señalización, nos mapas y en toda a documentación municipal, autonómica y estatal.
2 Comentarios35891 Lecturas

Amostrando 7 Artículos d´un total de 571 [ 1 … 78 79 80 81 82 ]
« AnteriorSeguinte 7 »
Usuarios
Usuario:
Clave:
Perdín a mía Clave

Últimos 5 temas activos
Fecha 25/09/21 04:45:59 PM
» Estudios históricos
Por: Redacción Último post
Fecha 25/09/21 04:45:54 PM
» Estudios históricos
Por: Redacción Último post
Fecha 25/09/21 04:45:51 PM
» Estudios históricos
Por: Redacción Último post
Fecha 17/09/21 01:55:08 PM
» Nosoutros: os asturia...
Por: Redacción Último post
Fecha 23/01/21 02:34:03 PM
» Oficial: pro namáis u...
Por: Redacción Último post